Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

quinta-feira, junho 30, 2005

Bueno Bueno


Bueno bueno vendo que aquí o amigo Kaka non actualiza demasiado isto (quero dicir, falando e non poñendo artigos doutras páxinas) vou facer uso desta honra que é ser un dos colaboradores do blog e vou poñer este post coa intención de que a xente que se aburra poña aquí o que lle pete, que poña as cousas para as que non hai un post xa feito, así que xa sabedes, non lle abandoedes o blog ao kaka que está a currar bastante nel, veña saúdos.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:10:00 da tarde por Sinuh3      2 comentarios

sexta-feira, junho 24, 2005

A Física de “Oliver y Benji”


1 Gravidade en Xapón

En varias ocasións vemos como Oliver pega un gran chimpo e dá unha chilena. A altura dunha portería de fútbol é de 2.44m, e usualmente se ve que este muchacho de 14 anos se eleva ao dobre da súa altura, o cal fai unha altura de, poñendo números redondos, 5m de altura. Aproximadamente, desde que salta ata que chega ao punto máis alto e remata pasan uns dez segundos. A pregunta é: ¿canto vale a gravidade en Xapón? Imos calculalo. As ecuacións do movemento son:

Cando t = 10s, temos v = 0 e y = 5m, co cal nos quedan dúas incógnitas, g e v0. O sistema de ecuacións é lineal, co cal podemos resolvelo de xeito trivial:
É dicir, a gravidade en Xapón é unhas 100 veces menor que na Terra, o cal permite a Oliver pegar esos enormes saltos impulsándose tan só a 1m/s. Outra gran conclusión é que os irmáns Derrik eran uns MARICÓNS por necesitar impulsarse no poste da portería.

2 ¿Por que non se ven as porterías ata que se entra no área?

Seguro que centos de veces te preguntaste como era posible que un partido de fútbol de 90 minutos durase capítulos e capítulos nesta serie xaponesa...
Pois ben, dado que a portería comeza a aparecer cando nos achegamos aos 3/4 do campo, só podemos sacar dúas conclusións, ou ben xogan nun campo kilométrico, ou ben Oliver é terriblemente miope. Deixovos a vos o cálculo das dioptrías do pobre Oliver Cegato, mentres eu calculo as dimensións do suposto campo kiométrico.

Para atopar a distancia á que se ve o horizonte, basta un pouco de trigonometría:

O radio da Terra (6327 Km.), o radio da Tierra máis a altura do observador (calculémoslle 1'70 m, aínda que sexan xaponeses, e polo tanto pequenos), e a línea que vai dos ollos do observador ao horizonte forman un triángulo rectángulo:
falta 1 ecuacion (estaba mal feita, cando me apetece fedellar cos numeros xa a porei)
Bueno, deixando a ciencia a un lado, a cuestión é que a distancia a que unha persoa de 1,70 m de altura ve o horizonte é de arredor de 4'5 Km. Se diciamos que a portería aparece cando un xogador está (máis ou menos) a 3/4 do campo, é fácil deducir que Oliver e Benji xogan nun campo de aproximadamente... (4’5 · 4) ¡¡18 Km. de longitud!!

Con estas proporcións, o ancho do campo sería duns 700m. Iso explica que practicamente non se produciran saques de esquina ou de banda.

E daquí dimanan as cuestións que a un lle xorden inmediatamente: ¿a que velocidade media corre Oliver? ¿A 150 kilómetros por hora? (Isto explica por que o pobre enfermo do corazón non consegue nunca acabar un partido).

Pero hai máis preguntas: ¿Cando Oliver chuta dende a súa área un balonazo que atravesa os 18 Km de campo, fura a rede e incluso a pared do fondo? A pregunta é obvia ¿fann controis anti-doping en Xapón? ¿A que velocidade dispara Oliver? ¿A 16.800 kilómetros por hora? ¿Non rompería a barreira do sonido varias veces? ¿Non se reventaría o balón? O balón... ¿é un balón ou unha bala de cañón perdida na I Guerra Mundial? ¿Como pode un porteiro como Benji parar un canonazo de Oliver? Arrancaríalle os brazos. E poñéndonos tétricos... se o balón impacta na cabeza doutro xogador á velocidade de 16.800 Km./h, ¿arríncalle a cabeza ou o atravesa? ¿Reventa o balón ou reventa a cabeza? ¿Como logra Oliver que non se lle saían os ósos da perna? ¿Dando varias voltas sobre si mesmo ata que acabe o giro por inercia?


3 A potencia dos disparos

Nun célebre capítulo de “Oliver y Benji” vimos como o capitán do "Niupi" rexeitaba un disparo de Marc Lenders dende a súa propia área. O despexe cruzaba todo o campo, rompía a rede e a parede de atrás. O tempo de voo do balón eran uns 5 segundos, co cal a velocidade da pelota era, supoñendo despreciable a resistencia do aire, (recordemos que o estadio de Oliver 18 Km)


Dito cálculo lévanos a unha gran sorpresa: Oliver Áton supera 10 veces a velocidade do sonido, que es de 340 m/s. Isto explica por que a Bruce se lle quedaba a cara colorada cada vez que recibía un balonazo... ¡¡¡e os seus compañeiros se rían del, pero en realidade era todo un heroe!!! Iso si que é unha defensa antiaérea.
Outra interesante consecuencia desta elevada velocidade é que o roce co aire da atmósfera fai que se quente o balón. E todos sabemos que un corpo a elevadas temperaturas é capaz de emitir luz. Certamente, en gran parte dos disparos de Oliver vemos como o balón deixa un estela de intenso cor amarelo. Como “sabemos” de termodinámica, o máximo de emisión do espectro do corpo negro a unha temperatura dada ven dada pola lei do desprazamento de Wien

Tendo en conta que a lonxitude de onda media do amarelo é 5’8 · 10-7 m, deducimos que a temperatura do balón é T = 4997K, é dicir, uns 4725 ºC. Sen embargo, o balón permanece intacto despois do chut. Isto demostra outra cousa: os balóns de fútbol fanse con pel (coiro) de vaca; polo tanto, ¡¡¡as vacas de Xapón son ignífugas!!! certamente, non sei por que os bombeiros non se fan os traxes do mesmo material.

4 A masa de Ed Warner

Un dos goles máis celebrados do noso heroe prodúcese cando tras uns dos seus imponentes chupinazos Ed Warner, o porteiro do equipo de Marc Lenders, deten o balón cunha espectacular palomita, pero a potencia do tiro de Oliver fai que balón e porteiro se introduzan na portería. Podemos utilizar isto para calcular a masa do porteiro Ed Warner.
Warner faise co balón cando este ía practicamente pola escadra (que, como xa dixemos, ten unha altura de 2.44m). Pongamos que o seu centro de masas atópase a unha altura inicial de 2m. A potencia do tiro faille retroceder ata caer ao chan uns 3 m por detrás da línea de gol. Para o noso cálculo, debemos ter en conta que o peso do balón medio é de 430g. Supondremos que o disparo do dianteiro do Niupi é similar ao que xa estudamos, é dicir, que o balón viaxa a 3 600 m/s.
Xa estamos en condicións de realizalo cálculo. O primeiro paso é calcular a que velocidade sae Ed Warner e o balón tras habelo atrapado. Para facelo, supondremos que Warner o atrapa a unha altura de dous metros sen velocidade vertical. Polo tanto, a ecuación do movemento dinos que cando Ed Warner chegue ao chan tendremos,

de onde deducimos


Neste tempo, percorrido unha distancia horizontal de 3m o que nos da unha velocidade


Agora, debemos utilizar a lei de conservación do momento. O balón de 430g viaxa a unha velocidade de 3 600 m/s. Despois do choque, tanto Warner, de masa M como o balón móvense a unha velocidade v. Por tanto,


de onde obtemos


Lembrando que g = 0.1, obtemos o preocupante resultado de M = 272 kilogramos.

Oíramos falar do sobrepeso en EE.UU., pero que un porteiro xuvenil pese case 300 kg é realmente preocupante. ¿Que pasaría se o balón chega a darlle a unha persoa normal? ¿Sacaría da tenue gravidade de Xapón? E iso que Ed Warner apenas parecía estar gordo... atérrame pensar canto debía pesar aquel porteiro que sí parecía estalo... Seguro que gran parte da gravidade de Xapón se debe a ese individuo.

5 Conclusión

DESPOIS DO VISTO A LONGO DESTAS LÍNEAS O ÚNICO QUE UN PODE FACER É BUSCAR A DIRECCIÓN DOS ESTUDIOS QUE REALIZARON A MÍTICA SERIE DE DEBUXOS COA INTENCIÓN DE PREGUNTARLLES QUE É O QUE FUMAN, PORQUE MOLA.

Eña, sen mais

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:27:00 da tarde por kaka      4 comentarios

quinta-feira, junho 23, 2005

"Oliver y Benji"


Con este post pretendo analizar unha das series infantís que viamos, ou via eu, de pequeno. De todas formas a maioría dos lectores sodes da miña quinta (de feito ides na miña clase.....) e penso que tamén a recordaredes.

A primeira serie que cae no analise exhaustivo é "Campeones", coñecida vulgarmente como "Oliver y Benji" porque eran os protagonistas da serie, máis ben ao principio, pois podería haberse chamado Oliver e ninguén notaría a diferenza.

A serie basicamente consistía nuns rapaces xaponeses aos que lle gustaba xogar ao fútbol, e non só iso, senon que ademáis eran uns cracks de coidado. Primeiro erro garrafal da serie xa que como todos sabemos os xogadores bos de fútbol no están en Japón senon en España (jajajaja..... iso é o que di Míchel en cada partido da selección), os bos xogadores de fútbol adoitan ser brasileiros (agas eu, k son a escepcion k konfirma a regra).O creador da serie sabíao e creou a persoaxe de Roberto, un crack brasileiro venido a menos que decide adestrar a Oliver. A serie básase nun pique entre o Oliver e o porteiro Benji, un portero prepotente ao que nunca lle meteran un gol na súa vida ata que Oliver un día e de puro peido manda un balón desde a súa casa ata o campo (uns 5 kilómetros) e lle mete un gol a Benji por pillalo despistado. Todavía non logro comprender como un chaval, ao que lle boto uns 10 anos, puido disparar un tiro tan potente, que nin Roberto Carlos oye...

Oliver era un rapas moi simpático que conseguía levarse ben con todo o mundo e que ademáis xogaba ben ao fútbol. Ademáis consegue que se namore del unha tal Patty que vai animar a todolos partidos habidos e por haber. Oliver recala nun clube chamado Niupi (a saber como se escribe, logo convertido a NewTeam [Niutín familiarmente]) no que todolos xogadores son malísimos menos Oliver que despunta pola sua calidade. Sólo con Oliver o equipo e capaz de ganar ata ao mellor dos outros, usando a táctica só vista nesta serie: Oliver corre co balón e os demás o seguen aos lados nunha carreira eterna que pode chegar a durar unha hora e ademáis costa arriba, xa que o campo de “Campeones” e o campo con máis kilómetros do mundo y que ademáis esta empinado.

Benji era un porteiro chuleta, así como Cañizares pero k aínda dá máis rabia. E que ademáis tiña unha gorra de aceiro como podiamos ver que nunca se lle vían os ollos se a levaba posta; aínda non sei como conseguía facer tantas paradas con ela. Pero o colmo chegou o día que Benji parou un balón coa gorra, de aí que pensemos que sexa de aceiro, xa que lanzou a gorra a un lado e consiguiu parar un balón así.
Ademáis era unha serie na que vías sufrir aos chavales, ¿cómo consentían os pais que os rapaces xogasen en tales condicions? Había un rapas que se chamaba Julian Ross que atención: ¡Estaba enfermo do corazón! e cada partido seu era unha loita entre a vida e a morte na que o chaval estaba siempre ao borde do infarto. ¿Pero que clase de sádicos eran os seus pais e o adestrador que o ponía? O máis curioso é que nese estado o chaval metía goles e todo. Por non falar das múltiples lesións de Oliver, que máis que ir a xogar un partido parecía que ía á guerra. Cun pe lesionado, o ombreiro tamén, arrastrábase polo campo e non consentía que o adestrador o cambiase. E aínda así, tamén metía goles e conseguía que o seu equipo gañase xa que non podían prescindir del.

Oliver tiña un antagonista, que era Marc Lenders, un chuloputas de barrio que ía sempre arremangado para ensinar musculito, o tío era capaz de chutar balóns con cunha potencia incrible coa que conseguía arrastrar xogador tras xogador do equipo contrario que apesar dos seus intentos por parar o balón co estómago (cousa bastante curiosa) só conseguían aparecer dentro da portería cun dolor abdominal bastante serio. O mellor é cando o balón lles apretaba o estómago e se agarraban ao palo para no caer dentro da portería, ¡¡¡¡que loita!!!!, que pundonor demostraban aqueles chavalines. Chavalines nas que se atopaban figuras como Bruce Harper, Ed Warner, os irmáns xemelgos Derrick, Phillip Callaghan, Tom Becker (ou como queira que se escriban os seus nomes). Personaxes míticos da televisión que merecen unha descripción personalizada,dos que xa daremos conta máis adiante.
Pois antes de nada, antes de que apareceran os personaxes sempre había algo que se me esquecía: a canción de inicio. Non se sabía con total seguridade se ao principio da canción dicía “Oa, oa oa ooo”, ou polo contrario “Oo, oo, oo ooo”, todo un debate político que quedou sen solución. Logo continuaba co mítico:

“Oliver, Benji, los magos del balón
Benji, Oliver, sueños de campeón
Benji, Oliveeeerr, ¡¡hay que marcar otro gol!!”

Despois disto comezaba o capítulo no que casualmente xogaban ao fútbol. ¿Quen o diría nunha serie adicada a este deporte? A xente que esperaba un partido de baloncesto apagaba a tele e xa está. Todos contentos. O máis curioso dos partidos non eran as tácticas inexistentes, nin os chupinazos infernais e tiros do halcón ou movidas do estilo. Non señor. O máis curioso dos partidos era que en partidos de infantiles houbese 100.000 espectadores de público en cada partido; e non só iso, tamén comentarista. ¿Onde se viu nun partido de fútbol que o comentarista comente para o estadio enteiro? ¿Non debería retransmitir para a radio ou a tele?

Pero e que ademais se daban casos coma este:

“Atención Marc Lenders se va soloo..... ¡Cuidado Marc, que te vienen por detrás!
- ¡Gracias comentarista!”

E conseguía esquivar a entrada. Entradas sempre a ras de chan e sen faltas. Era unha serie que por moitos viaxes que se desen os xogadores no houbo nunca faltas, unha vez vín que sacaron unha tarxeta e tiven que esperar dun capítulo a outro para saber de qué cor era..... iso é xogar coa tensión de rapaces pequenos... que pouca consideración...

Agora si, chegou aora de comentar os xogadores que deixamos antes esquecidos, comecemos, por exemplo, con Bruce Harper (ou Alper ou algo así). Bruce era o defensa malo do equipo, amigo de Oliver a morte. A pesar de ser tan malo ía sempre á selección, aos equipos bos, etc. Como Ivan Campo cando foi ao mundial sen sen haber debutado coa selección anteriormente... Bruce sempre recibía todos os balonazos, e sempre á cabeza, que o pobre, ao ser tan cabezón debía ser fácil darlle...
Outro personaxe mítico da serie era Tom Becker (ou Beiquer). Tom era o fillo dun pintor de brocha fina, é decir, un pintor de paisaxes e tal. Pola profesión do pai, tiñan que viaxar moito dun lugar para outro e a Tom non lle daba tempo a facer amigos. Pero Tom era un crack, o inseparable de Oliver e o que ayudou a conseguir moitas victorias. Tom, se a memoria non me falla, foi compañero de Phillip Callaghan en anos anteriores, personaxe importante da serie tamén.
Callaghan era o capitán doutro equipo rival do NewTeam nos campeonatos, o Flynet. Este xogador ía de crack e logo Oliver sempre lle gañaba, bueno, como a todos os que quixeron retar ao protagonista, exceptuando aquel campeonato que o equipo de Marc Lenders derrotou ao de Oliver. Un día os Flynet sacaron cintas para o pelo para ver se ganaban, en plan kamikazes. Mais non conseguiron nada, descubriron por primeira vez que a superstición non vale para nada.
Ed Warner era o porteiro do Tojú, o equipo de Marc Lenders. Era un antigo karateka que decidiu facerse porteiro de fútbol. ¿Por qué? Porque se liga máis, está claro. ¿¡¿¡¿¡Fixádevos como a Casillas hai que sacarlle as mozas do pescozo!?!?!? Ed nunca olvida que a súa vocación inicial era o kárate e usa todas as técnicas dese deporte para parar balóns. ¿Pegando patadas aos delanteros? Non, é unha serie xaponesa pero dentro do que cabe non era violenta... Warner aproveitaba as súas habilidades para parar balóns cando sabía que non era capaz de alcanzalo. Sabendo ademáis que nesa serie os chuts ían a cámara lenta (pero con velocidades supersonicas, algo curioso), saltaba a un palo e impulsándose cos pes conseguía alcanzar o balón. Un espectáculo en toda regra.

Por último, os personaxes máis carismáticos da historia de “Oliver y Benji” eran sen dúbida os irmáns Derrick, con eses dentes saídos para fóra. Todo o mundo lembra a mítica catapulta infernal e aquela na que os chavales subían polos palos da portería como se fosen ninjas expertos. A táctica era: un se quedaba no chan coas plantas dos pes para fóra e o outro saltaba sobre o seu irmán para que o impulsase uns 100 metros para arriba (metro arriba, metro abaixo) e conseguise facer unha chilena tan espectacular que o porteiro non se movería nin un ápice ao ver chegar o balón. Porque os porteiros tiñan iso, que se movían menos que os ollos de Espinete.

Dicirvos que as imaxes deste post saqueinas daquí, por se a alguén quere velas ou algo, e o contenido do blog do amigo de el mundo está loco, .

Bueno posteade axiña que teño outro anaco, que analiza físicamente o mundo de "Oliver y Benji" e que non poño todavía porque aínda hai que cristianizalo.

Sen mais.....

Etiquetas: , ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:30:00 da tarde por kaka      6 comentarios

domingo, junho 19, 2005

¡¡¡Esa cholla de Riquelme!!!



Xa mola eehhh... aínda que son do Depor recoñezo que o carracho este do vilarreal esta que se sae...


Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:43:00 da tarde por kaka      3 comentarios

sexta-feira, junho 17, 2005

¿que pasaría se...?


"Tenía ya de todo, presumía de ser un señor;
de esos de vida moderna que usan coche, fax y contestador.
Una novia a la que hacía muy lindos regalos y una fama de play-boy.
Era un tipo como tantos, como tú, como yo

Estudiaba una carrera de esas que se estudia mogollón
de las que se quedan fuera los que no disponen de un millón.
Luego un master en empresas sembrado de anfetas,
y unos meses en New York... se estaba preparando como tú, como yo.

Era asiduo de los bares
y de los lugares de buen rock.
Frecuentaba los ambientes
donde el que más miente es más señor.
Y aunque todos le trataban de “Don”, era don pecador...
como tú, como yo.

Pero mira tú que un día, en lo alto, alguien se mosqueó;
que a ningún padre le gusta que sus hijos pierdan el timón.
Y queriendo echarle un cable, sin atosigarle, susurraba en su interior
que se estaba equivocando como tú, como yo.

Y así el pollo se dio cuenta y quiso dar la vuelta y ser mejor.
Y olvidar tanta carrera, tanta borrachera, tanto rock.
Y salir a los caminos, servir a los vecinos.
Vivir sin importarle lo que iban a pagarle.
Saberse diferente, luchar por otra gente, sentirse hijo de Dios...
como tú, como yo...
como tú, como yo... (bis)

Si un tipo así pudo cambiar,
imaginemos que podría pasar,
si un día nosotros
hiciésemos lo mismo... (bis)"

¿Que pasaría...? ¿vós que pensades?
Se vos interesa, e do Toni Guitarreiro este que nos dixo Suso hoxe na clase... aínda non esta mal... (poñóvolo link aquí por se vos interesa e tal...)


Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:35:00 da tarde por kaka      1 comentarios

quinta-feira, junho 16, 2005

Historia friki de alba........


Veña fago esta entrada porque aquí vai deixar a nosa querida amiga Alba un comentario coa súa xa famosa "historia friki"... pois iso logo.


Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:57:00 da tarde por kaka      3 comentarios

segunda-feira, junho 13, 2005

Comentarios varios


Eña aquí vos poño onde deixar as vosas historias que non veñan a conto... que xa nos coñecemos abondo...

Así que a partir de agora non queero comentarios frikis en ningunha cholla que vaia poñendo...


Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:12:00 da tarde por kaka      9 comentarios

sábado, junho 11, 2005

O meu Libro de firmas


Bueno, como sei que algúns de vós tendes a desgraciada afección de escribir por escribir polo simple pracer de tocar a moral ou subir no ranking, pois habilito este lugar para que poñades o que se adoita poñer nas cousas estas...

Veña, simplemente iso.

Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:57:00 da tarde por kaka      5 comentarios

quinta-feira, junho 09, 2005

Eña xa esta aki o meu super blog


Eña, aver que vos parece... espero que vos guste.

Bueno, aínda está en proceso o elemento cacherreiro este de Dioss, pero co tempo deixará de ser tan pachangueiro e a miña ciencia mellorará, ou polo menos iso espero...


Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:04:00 da tarde por kaka      6 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA