Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, julho 03, 2005

Hamburguesas de McDonalds


Se vostedes cren que o que comen en McDonalds é "carne de soia" ou carne de cabalo, despois de ler o que segue, desearían haber comido a nutritiva "carne de soia" e a nada tóxica carne de cabalo.
Segundo fontes autorizadas da Universidade Estatal de Michigan, trascendeu recentemente, que a carne que utiliza McDonalds para as súas hamburguesas, proven duns auténticos bultos sen patas e sen cornos, que son alimentados por medio de tubos conectados aos seus estómagos e que nin sequera teñen ósos, senon un pouco de cartílago que nunca chega a desenvolverse.
Quen os viu, aseguran que son cousas moi desagradables, pois ademais de permanecer inmóviles toda a súa "vida", non teñen ollos, nin cola e practicamente non teñen pelo; de feito, a súa cabeza é do tamaño dunha pelota de tenis e o único que sobresae é o que lles queda de "boca".
A manipulación xenética da cal son resultado os convirte en verdadeiras cousas inanimadas cunha horripilante apariencia xelatinosa.
Cando o goberno intentou obrigalos a retirar dos seus anuncios que as súas hamburguesas tiñan carne de res, eles argumentaron que en latín RES significa COUSA, e que eles producían carne de COUSA, polo que argumentaron que si podían decir que era carne de RES.
Aínda que dito argumento é bastante rebatible e fraudulento, dise que con todo o poder económico que os respalda, sobornarían a moitas persoas, en diversos postos, a moi altos niveis gubernamentais.
Por iso, McDonalds se permite o luxo de anunciar que o que lle meten ás súas hamburguesas é 100% carne de RES, ou sexa carne de "COUSA", é dicir, desas cousas que fan crecer en pseudo-establos e con procedementos de duvidosa ética.
Pero NUNCA verán que exista ningunha lenda ou anuncio onde McDonalds diga que a carne que utilizan é de "Gando Vacún", que é o nome apropiado para designar xenéricamente a touros e vacas.
O peor de todo isto, non é que McDonalds utilice a manipulación xenética para lograr maior produción, senon que dita carne, produce efectos secundarios na saúde.
As sustancias e toxinas que desenvolven as "COUSAS" que cría McDonalds, producen co paso do tempo danos irreversibles na saúde.
Os primeiros efectos síntense ao día seguinte de comer hamburguesas de McDonalds. Gran cantidade de persoas sofre de indixestión e colitis. Semella que esos síntomas son intrascendentes, pero co paso dos anos, os efectos secundarios REAIS E IRREVERSIBLES se manifiestan.
É un fenómeno similar ao SIDA, xa que se incuba e permanece escondido durante moitos anos, ata que pouco a pouco vai mostrando os seus efectos perniciosos.
Aínda que todavía non existe un gran número de persoas afectadas, sábese que en lugares como Canadá, Australia e por suposto Estados Unidos, grupos de científicos especializados na materia, relacionan ao consumo de hamburguesas de McDonalds co síndrome de Alzheimer, entre outros moitos padecementos cuxo orixe parecía non estar relacionado con outras causas.
Como verán, todo isto é sumamente desagradable, por iso, é importante que todos esten enterados da clase de "comida" que nos ofrecen nesos lugares. Non permitamos que nos sigan vendendo o que no é. Se presionamos podremos facer que McDonalds volva empregar carne de verdadeiro Gando Vacún e non carne de "COUSA".
Pois iso....
Sen mais,

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:09:00 da tarde por kaka      4 comentarios

4 Comentarios:

Blogger Eriol Ælfwine dixo...

non mo creo, sinceramente. Odio eses sitios pero iso non mo creo

domingo jul 10, 01:15:00 da manhã  
Blogger kaka dixo...

tampouco e verdade...... sinxelamente era unha lenda urbana que circulaba coma un hoax....... era pra ver se alguen o cria e asustarlle un pouco....
De todolos xeitos observo k non houbo moita xente que se molestara en lelo... ou en comentar...
sen mais

domingo jul 10, 06:21:00 da tarde  
Anonymous grildirg dixo...

ome crer nom, pero tampouco creo q usen carne tan boa como din, ainda q mentres estamos comendo...tampouco pensamos niso, eu polo menos, pensamos en disfrutala amburgesa o tomala axiña pra ir xogar pero jueno staria ben q dixesen a verdade.enha saudos.

segunda jul 11, 10:42:00 da tarde  
Anonymous Cocojo dixo...

Si ablas de las ahmburgeusas del mcdonals tambien hazle un espacio para una encuesta sobre de que son las chuletas del comedor del coelgio

quinta jan 05, 01:06:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA