Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

segunda-feira, outubro 31, 2005

Frases dos profesores


Hoxe chegou ata min un blog anónimo, e subraio o de anónimo (explícome, non o fixen eu) coas frases e as fotos dos nosos profesores favoritos.

O autor anónimo, repito o de anónimo, pediume tamén colaboración pola miña parte: díxome, a parte de k lle adicase unha entrada ao seu blog, que se tiña fotos que llas pasara (á dirección de correo publicada no blog) e que lle avisara se falta algunha frase (nos comentarios pode valer), e eu delego esta responsabilidade en vos.

Pois iso, deixovos aquí o enlace, dicídeme k vos pareceu... xa vin k lle faia o estilismo pero xa falarei co autor anónimo pra k a edite ou mo deixe facer a min

Eña, sen mais


PD: non sei se kedou claro que o blog e anónimo....

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:59:00 da tarde por kaka      3 comentarios

domingo, outubro 30, 2005

Guía para comentar en blogs


Weno como xa vos comentara no post dos erros nos blogs, poñovos aquí unha guía para comentar, aínda que non se poida aplicar totalmente ao meu blog, porque non se pode dicir k este sexa un blog famoso, pero hai aspectos que si son aplicables:
Deixar un comentario no blog de alguen é como entrar na súa sala de estar e unirse a unha conversa [...] Os bos participantes na conversación aportan á discusión e son recoñecidos como ben informados, amistosos e enrollados.
  • Cíñete no posible ao tema da conversa, intenta aportar información o máis relacionada co post que estás comentando, sen desviar o tema.
  • Aporta nova información á discusión, antes de comentar asegúrate que o que vas a dicir no se dixo xa.
  • Non comentes polo simple feito de facelo e deixar o teu nome e/ou URL.
  • Non vaias de listillo e coida o tono do teu mensaxe. Sé respetuoso sempre, especialmente se vas a facer correccións ou disintes sobre unha opinión.
  • Responsabilízate dos teus comentarios, o comentario anónimo, aínda que a veces é necesario e pode chegar a facerse respetar, adoita considerarse un acto cobarde.
  • Concreta, sé claro e conciso. Todos apreciamos a brevidade.
  • Cita as túas fuentes con enlaces e/ou acotacións ou citas.
  • Sé cortés. Os ataques personais sempre están fóra de lugar e destrúen rapidamente calquer discusión. Non comentes estando enfadado o nervioso.
  • Non alimentes aos trolls que solltan a súa verborrea en calquer sitio e á mínima ocasión. Ignóraos simplemente.

Eña, sen mais

PD: fonte = traducción rápida e un poco por libre e sintetizada da guía de Lifehacker, publicado polos amigos de Microsiervos.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:37:00 da tarde por kaka      3 comentarios

sábado, outubro 29, 2005

Chega o ubersexual


Xa vos falara dos metrosexuais hai algún tempo, máis agora tocame facelo sobre o seu sucesor, o ubersexual:

A metrosexualidade pasou á historia. O home de verdade volveu para exterminar ao metrosexual, dous anos despois de que a axencia de publicidade máis antiga do planeta, a norteamericana JWT, embadurnara de potingues aos heterosexuais de hoxe en día con afán de modernidade, o modelo masculino representado por David Beckham acaba de ser superado por unha nova criatura que centrifuga para melloralo ao machote de toda a vida. Este final do 2005 será o do nacemento do ubersexual.
"Eleximos o sufixo uber (un explícito 'moi' alemán) porque significa 'o mellor, o máis grande'", pontifica Marian Salzman, vicepresidenta de JWT e responsábel da idea. "Os ubersexuais son os máis atractivos (e non só físicamente), os homes máis completos de todas as generacións. Están seguros de sí mesmos, son masculinos e estilosos". Pero non só esto, porque no libro Os homes do futuro , no que Salzman verteu todas as súas teorías sobre a nova masculinidade, preséntase a este superhome como unha especie de bon vivant que entende de grandes vinos e bos cigarros, que desfruta dos placeres da vida e que, por riba de todo, quere evitar que os seus observadores concluan que é gay, unha posibilidade coa que xogaban os metrosexuais, exploradores como eran do seu lado feminino.
¿Machote en estado puro? Así, o ubersexual recupera moitos dos rasgos do home que habitaba o planeta antes da chegada do movemento feminista, aínda que "hai que advertir que son moito máis que machos", aclara a directiva de JWT. Anos de reaxuste entre os sexos tiñan que deixar algún poso, que é precisamente o que singulariza ao ubersexual, un "home de verdade" de toda a vida, pero convenientemente pulido. Porque deste megahome que acaba de ser definido evaporáronse varias características do estereotipo do machote en estado puro que se amosaba irrespetuoso coas mulleres, exhibía un auténtico deserto emocional e consideraba que as experiencias culturais se limitaban ás que proporcionaban o fútbol, o churrasco e as cervexas.
Se o futbolista David Beckham foi o metrosexual por excelencia, ¿quen ostentaría o súmmum da ubersexualidad? A lista oficial elaborada pola JWT encabézana o actor George Clooney e o cantante Bono, a quen acompañan Bill Clinton, Ewan McGregor, Pierce Brosnan ou Guy Ritchie.
Conven lembrar, non obstante, que este afán por clasificar aos homes contemporáneos parte dunha das axencias de publicidade máis poderosas do mundo, que consegue con esta efectiva estratexia definir un mercado no que a continuación penetra con ímpetu. A estratexia saíulles redonda cando aos seus creativos se lles ocurriu parir ao metrosexual, que introduxo novos hábitos de consumo nun exército de homes moito máis nutrido do que puidese parecer, aínda que inicialmente o exercicio tivera algo de malicioso. Porque o reto que en principio se marcara Marian Salzman cando no 2003 falou por vez primeira dos metrosexuais era demostrar que un rumor pode circular por todo o mundo sen que os seus mentores paguen por iso. O experimento resultou un éxito.
O perfil do ubersexual gañou en matices con respecto ao seu antecesor inmediato, aínda que, vista a lista oficial difundida pola JWT, quizais se pasaran en flexibilidade. Máis dun home estará nestos momentos intentando averiguar por que debería parecerse a Donald Trump ou a Arnold Schwarzenegger, dous dos megahomes propostos como estereotipos desta última clasificación. Algúns querrán seguir sendo como Beckham. DE TODO UN POUCO.
O perfil do ubersexual é flexíbel. ¿Como se non ía a servir para calificar a George Clooney e Donald Trump á vez?

Pois iso, eña, sen mais

PD: fonte = artigo publicado hoxe en A voz de Galicia, por primeira vez posteo sobre un artigo no mesmo día no que se publica, isto é que cada vez leo máis o xornal.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:33:00 da tarde por kaka      5 comentarios

sexta-feira, outubro 28, 2005

10 erros nos blogs


Anímome a comentar esta lista, a puntuarme segundo crea eu que cumpra ou non e ver como seguramente suspendo ou saco un aprobado raspado (esta penitencia impoñoma pola borderia da guía para comentaristas). Weno, vexamos o resultado:

1. Non hai biografía do autor: Os usuarios queren saber con quen están tratando. Os textos anónimos teñen menos credibilidade que os que están firmados. Pois isto eu…. pra k gaitas keren a miña biografía?!?!?! (nota parcial: 0- nota total: 0).
2. Non hai fotografía do autor: Proporciona unha impresión máis persoal do autor. Conecta os mundos virtual e real. Unha gran parte do cerebro humano está adicada a recoñecer e lembrar caras. Ostras, niso tamén fallo... pero eu sigo pensando que aforraríamos (0 - 0).
3. Títulos de posts non descriptivos: Evita titulares graciosos que non teñen sentido fóra de contexto. O título do post é un microcontido e hai que tomárselo como un proxecto en si mesmo. Os titulares descriptivos son importantes para representar o teu blog en buscadores, fontes RSS e outros servizos. Esto creo que o cumpro ben, xa eran horas de estrearme (1 - 1).
4. Os enlaces non din a onde van: A vida é demasiado corta para cliquear en cousas descoñecidas. Dille á xente que van a atopar noutro lado do enlace; non enlaces usando “esto”, “aquilo” ou semellantes. Usa o título da páxina de destino ou inclúe unha descripción usando o parámetro TITLE nos enlaces. Este aplícoo a medias, porque sempre vos comento a onde vos enlazo antes de facelo, mais tamén é verdade que utilizo moi a miúdo o “aquí”, polo que me dou un 0’5 (0’5 – 1’5).
5. Os éxitos clásicos quedan enterrados: Non relegues ao arquivo os posts con valor durandeiro. Resáltaos con enlaces no teu sistema de navegación e lembra enlazar a textos antigos nos teus posts novos; non todo o mundo leva léndote toda a vida.Totalmente dacordo, aínda que non se me ocurriu, intentarei aplicalo a partir de agora. (0 – 1’5).
6. O calendario é a única navegación: Usa categorías, pero evita etiquetar un post con case todas as túas categorías; sé selectivo. De todos os xeitos, no te pases coas categorías, 10 ou 20 deberían ser suficientes. Ostras, pois xa o pensara pero resulta que blogger non me ofrece ese servizo fabricalo pola miña vaime levar moito traballo, pero weno fareino no Nadal se o lembro. Weno, como a intención tamén conta o profe me dá un 0’5 (0’5 - 2).
7. Frecuencia irregular de publicación: Establecer e cumprir as expectativas dos usuarios é un dos principios fundamentais da usabilidade en web. Escolle unha periodicidade de publicación e atente a ela, pero non publiques por publicar. Internet xa está bastante chea de basura. Uhmm… home eu xa levo un tempo coa idea de postear dúas veces por finde, aínda que pola semana tamén me pode dar o arrouto de postear, e como é mellor que sobre e non que falte, voume dar un punto para manter as aspiracións de aprobar (1 - 3).
8. Mesturar temas: as únicas persoas que o len todo son as que tiñen demasiado tempo (poucas). Os sitios especializados son os que tenden a ter máis éxito e a atraer un público de máis calidade. Neste caso habería que comezar por definir exito.... e público de máis calidade que o que hai aquí non poder haber (vou pedir denominación de orixe kaka-calidade) mesturen ou non mesturen, así k., da nota xa nin falamos... (0 - 3).
9. Esquecer que escribes para o teu futuro xefe: Pensa en como lle sentará o que escribes a un contratador dentro de dez anos. Se non queres que o teu futuro xefe o lea, non o publiques, pois unha vez que esté publicado quedará arquivado e cacheado en moitos máis sitios dos que imaxinas, e xa non hai volta atrás. Non teño bastante que vou a estar eu pensado no meu futuro xefe ... ademais eu de maior non vou ter xefe porque vou ser xefe xefazo (0 – 3).
10. Ter un nome de dominio que pertenenza a un servizo de blogs: Deixar que outro sexa dono do teu nome significa que son donos do teu destino na Internet. Poden degradar o servizo todo o que queiran. Canto máis tempo estés co dominio doutro, máis che custará independizarte. Iso tíveno claro dende o principio, aínda que blogger podía ofrecer máis... pero non me queixo, so coñezo un servidor gratuíto mellor así que... Outro puntiño máis pra saca que me serve pra maquillar un pouco a nota (1 – 4).
Animarvos a que me evaluedes segundo estes criterios vos tamén, detallando todo canto poidades a nota en cada apartado, para saber eu tamén eu nde hai que mellorar... e como a maioría tamén sodes blogger anímovos tamén poñer este tema no voso blog pra que vos avalien a vos tamén.....
Eña, sen mais

PD: Saquei esta lista de abotepronto que a súa vez a sacaron de Microsiervos.
PPD: Se finalmente aceptades o meu consello de engadir isto ao voso blog, sería lexítimo, e eu agradeceríavolo sinceramente, que enlazarades o meu comentario na entrada do voso blog, como fixen eu cos compañeiros de ahí enriba.
PPPD: Xa porei un parecido dos erros nos comentarios que vos implica a vos tamén.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:40:00 da manhã por kaka      4 comentarios

terça-feira, outubro 25, 2005

O billete de 50 €


Manolo, co rostro abatido de pensar, reúnese coa súa amiga Laura nun bar a tomar un café. Deprimido, descargou nela as súas angurias... que se o traballo, que se o diñeiro, que se a relación coa súa parella, que se a súa vocación!... Todo parecía estar mal na súa vida.
Laura introduxo a man no seu bolso, sacou un billete de 50 € e díxolle: ¿Queres este billete? Manolo, un pouco confundido ao comezo, contestoulle: Claro, Laura... son 50 € ¿quen non os querría? Entón Laura tomou o billete nun dos seus puños e engurrouno ata facelo unha pequena bola. Mostrando a estruxada pelotiña a Manolo, volveu a preguntarlle: E agora, ¿tamén o queres? Laura, non sei que pretendes con isto, pero seguen sendo 50 €. Claro que o collerei se mo dás, respondeu Manolo. Laura desdoblou o billete, tirouno ao chan e restregouno co pé, levantouno marcado e dixo: ¿Segues queréndoo? Mira, Laura, sigo sen entender a onde vas, pero é un billete de 50 € e mentres non o rompas, conserva o seu valor...
Manolo, debes saber que aínda que as veces algo non saia como queres, aínda que a vida che engurre ou pisotee, segues sendo tan valioso coma sempre o fuches... O que debes preguntarte é canto vales en realidade e non o golpeado que poidas estar nun momento determinado.
Manolo quedouse mirando a Laura sen atinar con palabra algunha, mentres o impacto do mensaxe penetraba profundamente no seu cerebro. Laura puxo o engurrado billete ao seu lado na mesa e cun sorriso cómplice agregou: Toma, gárdao, para que te lembres disto cando te sintas mal... pero debesme un billete novo de 50 € para poder usalo co próximo amigo que o precise. Deulle un bico na meixela e alexouse cara a porta. Manolo volveu a mirar o billete, sorriu, guardouno e cunha renovada enerxía chamou ao camareiro para pagar a conta...
¿Cantas veces dubidamos de noso propio valor, de que realmente merecemos máis e que podemos conseguilo se nolo propoñemos? Claro que non basta co mero propósito... Requírese acción e existen moitos camiños.
Trata de contestar a estas preguntas, por orde:
1- Nomea as 5 persoas máis adineradas do mundo.
2-Nomea as 5 últimas gañadoras do concurso Miss Universo.
3- Nomea 10 gañadores do premio Nóbel.
4-Nomea os 10 últimos gañadores do Oscar como mellor actor ou actriz.
¿Que tal? ¿Mal? Non te preocupes. Ningún de nós lembra os titulares de onte. ¡¡¡Os aplausos vanse!!! ¡¡¡Os trofeos empólvanse!!! e ¡¡¡Os gañadores esquécense!!!
Agora contesta a estas outras:
1- Nomea 3 amigos que che axudaran en momentos difíciles.
2- Pensa nalgunha persoa que te fixera sentir algo especial.
3- Nomea 5 persoas coas que disfrutes pasar o teu tempo.
¿Qué tal? ¿Foite mellor? As persoas que marcan a diferencia na túa vida non son aquelas coas mellores credenciais, con moito diñeiro, ou os mellores premios... Son aquelas que se preocupan por ti, que te coidan, as que de moitos xeitos están contigo. Reflexiona un momento. ¡A vida é moi curta! Ti, ¿en que lista estás?

Pois iso, eña, Sen mais


PD: fonte = Micho, se queredes podedes lelo tamén aquí

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:51:00 da tarde por kaka      4 comentarios

sábado, outubro 22, 2005

¿?¿70 aniversario do monopoly?¿?


Estes días celébrase o 70º aniversario do Monopoly. Apareceu publicado fai uns días no diario "El Mundo" ("El Monopoly cumple 70 años") e hoxe repiten básicamente a mesma noticia no telexornal de Antena 3, e no diario ABC ("Setenta años jugando al Monopoly") e os demáis medios:

"A propia historia do Monopoly, que abraza os principios e a realidade do libre mercado, non deixa de ser, en sí mesma, irónica, pois naceu en 1935, cando Estados Unidos sufría todavía as secuelas da dura depresión de 1929 (…) Desde entón, o Monopoly convirtiuse nun obxecto de xogo presente en prácticamente todos os fogares do mundo, convirtíndose no produto estrela da empresa que o patentou, Parker Bross, agora propiedade de Hasbro. De feito, este xogo salvou á empresa da bancarrota nos momentos máis duros da depresión." [Fonte: El Mundo]

"Cando Charles Darrow, un parado norteamericano, inventou o Monopoly en 1933 non esperaba alcanzar tan rapidamente o seu soño de convertirse en millonario. Sen embargo, en plena Gran Depresión, cumpriu a súa ilusión á par que alimentaba a fantasía dos seus compatriotas." [Fonte: ABC]

Deixando aparte que o diario "El Mundo" nin sequera é capaz de escribir ben Parker Brothers (Parker Bross), estamos ante outro típico caso de retransmisión de noticias no «modo loro de repetición» sen a máis mínima investigación ao respecto.

Aínda que Hasbro queira celebrar o 70º aniversario do xogo, a realidade é moi distinta. O Monopoly ten máis de cen anos. Como contaron os compañeiros de microsiervos no seu post El verdadero origen del Monopoly:

"O xgo do Monopoly foi inventado e patentado por Elizabeth Phillips (Elizabeth Magie) en 1904. A patente expirou en 1922 e durante eses anos convirtiuse nun xogo popular en moitos fogares de Atlantic City, especialmente entre a comunidade cuáquera. Charles B. Darrow, a quen solía atribuírselle a invención durante a Gran Depresión (cara 1933) simplemente o redescubriu, modificou lixeiramente, re-patentou e vendeu a Parker Brothers en 1934, conseguindo finalmente un copyright en 1935. Parker Brothers mantivo sempre a versión de que foi Darrow o inventor, tal vez para darlle un toque interesante á historia do xogo e do «home feito a sí mesmo pese ás dificultades». Pero non é certa.

Ata a Wikipedia na súa entrada sobre o Monopoly cita á verdadeira inventora e as datas correctas: no apartado Historia do Monopoly cítase a Elizabeth Magie como titular da Patente 740.626 o cinco de xaneiro de 1904. Fai agora máis de cen anos.

Pois iso, eña, sen mais

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:31:00 da tarde por kaka      4 comentarios

sexta-feira, outubro 21, 2005

Nomes raros


Hai xente no mundo k e cruel. Moi cruel. E iso vese nos nomes k alguns pais lles poñen aos seus fillos. ¿k tipo de trauma infantil sufriron para cebarse dese xeito co seu fillo? Vai ti saber. O caso e k podemos atopar nomes no santoral e entre a xente foron creados con moita mala uva.

Iso é obrigar aos nenos a poñerlle mote e marxinalo na clase. Logo falan do bullying pero hai pais que buscan que aos seus fillos lles acosen na escola.

Pero e que hai nomes que son feitos en épocas antigas e que incluso se vían ben. Anacleto ou Aniceto son nomes moi españois que sen embargo son feísimos. Moita xente fala de que os nomes extranxeiros non se deberían por aos nenos españois, pero se hai que porlle estes nomes case que prefiro Kevin. Ou non, que cosa máis fulera chamar ao teu fillo Kevin. É nome de fillo de “maruja”.

Aínda que hai nomes, digamos, normais; que quedan feos segun se diga. Xosefa, por exemplo, ou no seu defecto Pepa. En masculino é un nome normal e bonito (aínda que si algo aldeano...): Xosé, ou Pepe. ¿Pero Xosefa? Queda basto, iso si que é aldeano. Ou Antonia, que parece de Anghrois. Son nomes que quedan bastos en mulleres. Ou ao contrario, por exemplo, Ana en feminino é normal e bonito, pero en masculino queda máis saído que o pico dunha prancha (ac, ac, ac). Sempre hai que telo en conta para logo non traumatizar aos teus fillos.

Iso sí, o colmo da mala %*&$ son os pais que se xuntan con apelidos curiosos (Caballero de la Cuadra) e logo por riba lle poñen ao fillo un nome que convine con premeditación e alevosía. Por exemplo: ti apelidaste Guerra e vas e lle pos Armando ao teu fillo. Pero hai máis: Dolores Fuertes de Barriga, Segundo Toro de la Tarde, Juan Carlos Rey de España, Domingo Díaz Festivo, Margarita Flores del Campo... Iso é sadismo.

Se queredes podedes ver máis nomes curiosos neste enlace.

Eña, sen mais


PD: Weno comentar k teño previsto crear outro blog en bitacoras (para comezar xk da mais servizos k blogger, entre outros un servidor FTP cristiano para subir os meus resumos) pero ter dous pra o mesmo non m fai chiste...... enton pensei en facer un con mais xente... de momento non o teño claro pero se ai algun interesado que mo poña no tagboard este amarelo que ai x ai.... eña pois iso animadevos...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:55:00 da tarde por kaka      4 comentarios

domingo, outubro 16, 2005

Leis dos americanos...


En Alabama é ilegal levar un bigote falso que cause risas nunha igrexa e por sal na vía do tren pode ser castigado coa pena de morte, ademáis de estar prohibido levar un xelado de cucurucho no bolsillo traseiro do pantalón.
En Alaska, aínda que e legal disparar a un oso, despertalo para sacarlle unha foto está prohibido.
En Arizona, as mulas non poden durmir nunha bañeira, e ilegal rexeitar un vaso de auga que che ofrezcan (supoño que a ninguen lle interesará botar un pouco de cianuro nun vaso de auga) e está prohibido ter mais de dous vibradores en casa (o vicio e malo).
Está prohibido que o rio Arkansas creza chegando a altura do ponte da rua principal de Little Rock (¿como o van a controlar?¿quen será o culpabel?), un home pode pegar legalmente a sua muller, pero non mais dunha vez ao mes (non vai ser que se acostume...) e o sexo oral considerase sodomía (¿estará penada a sodomía?).
En California, coto de Arnold-Terminator, e unha falta menor disparar a calquera peza de caza desde un vehículo móbil, a menos que o obxectivo sexa unha balea (¿ein?) e ningún vehículo sen condutor pode superar as 60 millas por hora.
En Florida, do irmán Jeb Bush, unha lei especial prohíbe as mulleres solteiras saltar en paracaídas os domingos, a única posición legal para o coito e a do misioneiro (aburridos!!!!), non se poden tirar peidos en lugares públicos despois das 6 p.m. dos xoves e é ilegal besar os peitos da tua muller (non pasa nada, os das demais e legal).
En Hawaii, podenche multar por non posuír un barco e está prohibido meterse moedas nas orellas.
En Idaho, se lle regalas a tua noiva unha caixa de bombóns, esta debe ser, por lei, de máis de 50 libras de peso.
En Illinois podenche arrestar por vagancia se non levas encima, ao menos, un billete de dólar.
En Indiana, entre outras cousas (país especial polas leis que fan como que levar bigote e ilegal se o que o leva ten tendencia habitual de bicar a outras persoas e que o valor do número π é 4 e non 3.1415…), non está permitido levarse unha copa desde a barra dun bar ata unha mesa, debe ser o camareiro o que o faga. Ademáis podenche arrestar por beber da botella, hai que botar o líquido nun vaso ou nunha copa.
En Iowa, un bico non pode durar máis de cinco minutos, e un home con bigote nunca pode bicar a unha muller en público.
En Kentucky, calquer abella que entre ao estado de Kentuckym debe posuir un certificado medico que verifique que esta libre de enfermidades (me imaxino a policía pedindo o certificado).
En Louisiana, podenche deter por facer unha falsa promesa (esto pareceme correcto) e además e ilegal roubar un banco e despois disparar ao caxeiro cunha pistola de auga (— non me dispare que teño familia e fillos...!!).
En Maine non se pode saír dun avión en pleno voo (que considerados).
En Michigan non se permite a unha muller que se corte o pelo sen a aprobación do seu marido.
En Minnesota, señores, non se poden cruzar os límites do estado cun pato na cabeza (¿por que farían esa lei?) e é ilegal durmir desnudo (co calor que debe facer).
En Montana, é ilegal que as mulleres casadas vaian a pescar soas os domingos, e para as solteiras, calquer día da semana. Ademáis está permitido disparar a un grupo de siete ou mais indios.
En Nebraska é ilegal facer a permanente a unha filla menor, sen unha licencia estatal.
En Nevada, onde está Las Vegas, é ilegal conducir un camello pola autopista.
En New Jersey, o Estado de Bon Jovi, está prohibido sorber a sopa.
En Nova York, atención, a pena por saltar dun edificio é a morte (que llo digan aos das Torres Xemelgas) e non se pode pasear en domingo cun helado no bolsillo.
En Carolina do Norte, vai contra a lei cantar fora de tono (¡¡que afortunados!!), está prohibido o uso de elefantes para arar campos de algodón e calquer parella que pernocte nun hotel debe ter unha habitación con duas camas que estén separadas ao menos un metro. Facer o amor no espacio que separa as camas está estrictamente prohibido.
En Ohio está prohibido que mais de cinco mulleres vivan soas nunha casa (que haxa máis se toma como que é un club de alterne).
En Oklahoma podenche arrestar ou multar por por “caras feas” a un can, está prohibido morder unha hamburguesa que sexa doutra persoa e é ilegal ir a durmir con botas.
En Oregón é ilegal susurrar cousas sucias a orella da tua parella mentres facedes o amor e non se pode comer xelado en domingo.
En Pennsylvania, é ilegal que mais de 16 mulleres vivan xuntas nunha casa, porque se consideraría un prostíbulo. Sen embargo, no caso dos homes, o número aumenta ata 120. Incluso está prohibido pescar coas tuas propias mans: só se pode pescar cos dentes.
En Rhode Island, calquer matrimonio no que unha das partes sexa “idiota” ou “lunática” considerase nulo (incríbel).
En Carolina do Sur, un dos Estados que máis chiste me fan, é ilegal “comunicarse cunha muller utilizando mensaxes obscenos” (supoño que non habrá obreiros); por lei, se un home se promete en matrimonio a unha muller solteira, a boda debe realizarse; o sexo oral está prohibido (¡outra vez!); cada adulto debe levar un rifle a igrexa o domingo, para defenderse dos ataques dos indios e é unha falta moi grave o matar, sen avisar, a alguen que se está intentando suicidar.
En Dakota del sur, está prohibido durmir nunha fábrica de queixo e se hai mais de cinco indios na tua propiedade podes dispararlles.
En Tennesse non poden vivir na misma casa mais de 8 mulleres (¿a que non sabedes por que?), os ateos non poden ter un traballo público e está prohibido conducir durmido (menos mal que esta prohibido).
En Texas podes estar legalmente casado presentando publicamente a outra persoa coma o/a teu/tua marido/muller tres veces pero é ilegal disparar a un búfalo desde o segundo piso dun hotel.
En Utah é ilegal non beber leite e detonar calquer arma nuclear. Podes tela na casa, pero non a podes facer explotar.
En Vermont as mulleres deben obter permiso escrito dos seus maridos para ponse dentadura postiza e é ilegal negar a existencia de deus (deus non existe chincha rabiña!!).
En Virginia está prohibido o sexo coa luz encendida e en outra posición que non sexa a do misioneiro (se coñecen mais e problema seu) e conducir sen levar zapatos.
En Washington é ilegal finxir que os teus pais son ricos. E, por último, en West Virginia, é ilegal para un home ter sexo cun animal se este non supera as 40 libras.
Eña, sen mais

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:59:00 da tarde por kaka      4 comentarios

sábado, outubro 15, 2005

Breve dicionario (dunha soa c)


ACERA DE ENFRONTE: E imposibel sabelo. Aquí dinme que e aquela e alí dinme que é esta.
ADULTERO: Persoa que non lle fai asco a ninguen.
AMIGO: Dise da persoa de sexo masculino que ten ese "non sei que" que elimina toda intencion de querer acostarse con él./ Alguen a quen coñecemos o suficientemente ben como para pedirlle diñeiro, pero non tanto como para dárllo.
AMIGA: Dise da persoa de sexo feminino que ten ese "non sei que" que engade todo tipo de morbo de querer acostarse con ela.
AMIZADE: Contrato polo cal nos obligamos a facer pequenos favores aos demáis para que os demáis nos fagan favores máis grandes a nos. (Montesquieu)
AMOR: palabra de catro letras, duas vogais, duas consoantes e dous idiotas./ Esforzo que fai un home para ser satisfeito por unha soa muller.
AMOR A PRIMEIRA VISTA: O que acontece cando se atopan duas persoas pouco quisquillosas e excepcionalmente quentes.
ANESTESISTA: Persoa que está case durmida ao lado dun enfermo case desperto.
ANÓNIMO: Autor do libro "As mil e unha noites".
ARQUITECTO: Díse dun tipo que non foi o suficientemente macho para ser enxeñero; nin o suficientemente trolo para ser decorador.
ATRACCIÓN: Asociación entre calentura e unha persoa en particular.
AZULEXOS: Baldosas que, paradóxicamente, ni teñen que ser azuis nin teñen por qué estar lonxe.
BAILAR: É a frustración vertical dun desexo horizontal.
BARALLA FRANCESA: Baralla que utilizan os ingleses cando xogan ao póker americano. Está fabricada en España e nela pon «Made in Hong-Kong».
BELEZA: Arma coa cal unha muller seduce a un amante e aterroriza ao seu esposo.
BÍGAMO: Home ao que lle gusta sufrir o dobre.
BIGAMÍA: Ter unha esposa de máis. O mesmo que monogamia. (Óscar Wilde)
BOY SCOUT: Un neno vestido de estúpido comandado por un estúpido vestido de neno.
BROMURO: Substancia que te poñen nos alimentos na mili para que ao ver a cara dun sarxento non te excites.
CAMPO NUDISTA: Lugar onde camiñando horas e horas non ves unha soa cara.
CANIBAL VEXETARIANO: Caníbal que só come a pranta do pe, a palma da man e o tronco do corpo.
CINCEIRO: Orificio a cuxo arredor se distribuen as cinzas.
CERDO: Insulto con forma de animal.
CINTURA: Lugar do corpo onde termina o humano e comeza o divino. (Empezando por arriba)
COMERCIO: Sorte de transacción onde o suxeito A lle rouba ao suxeito B os bens de C e, para compensar, B toma do bolsillo de E diñeiro que pertence a un tal D.
COMESTIBEL: que se pode comer e e de dixestión saudabel; como un gusano para un sapo, un sapo para unha serpe, unha serpe para un cerdo, un cerdo para un home e un home para un gusano.
CONFIANZA: vía libre que se lle da a unha persoa para que cometa unha serie de barbaridades.
CONCIENCIA: voz interior que nos advirte que alguen nos esta mirando.
COPYRIGHT: Escritor inglés que traballou moitísimo, pois todas as suas obras levan a sua firma.
CURA: Persoa ao que todos chaman pai menos os seus fillos, que lle chaman tio.
DESILUSIÓN: cando o bonito trasero non coincide coa espantosa cara que se deu a volta.
DIPLOMATICO: E quen che di que te vaias a merda dun modo tal que te sintes ansioso de que empece a viaxe.
DOR DE CABEZA: Anticonceptivo máis usado pola muller dos 90
EGOÍSTA: Persoa con mal gusto, que está máis interesada nél mesmo que en mín.
EMBIGO: Especie de timbre que amosan as mulleres, xeralmente en veran e primavera, pero que se llo tocas atendeche o noivo.
ESPERANTO: Idioma universal que se fala en ningún sitio.
ESPOSA: O único que queda da noiva.
ENTREVISTA: O que se ve entre as pernas da entrevistada.
ESTAFA: Error de contabilidade. (Actualmente)
ETERNIDADE: Tempo que pasa, desde que acabaste ata que a deixaste na sua casa.
EXAMEN ORAL: proba para conseguir unha beca na Casa Branca.
FÁCIL: Díse da muller que ten a moral sexual dun home.
FÚTBOL: E co que toda muller se casa sen sabelo.
GUANTEIRA DO AUTOMÓBIL: Lugar onde se pode encontrar calquier cousa menos luvas.
HARDWARE: Parte da computadora que recibe os golpes cando o 'software' se peta.
HISTORIA: Sucesión de sucesos sucedidos sucesivamente na sucesión dos séculos e contada case sempre por alguen que non estivo alí.
HOME: Aquel ser masculino, quen durante os seus primeiros nove meses de vida quere sairse do útero, e o resto da sua vida intenta entrar nél.
IMPACIENCIA: Esperar con presa
INDIFERENCIA: Actitude que adopta unha muller cara un home que non lle interesa, que e interpretada polo home como 'estase facendo a difícil'.
INFLACIÓN: É ter que vivir pagando os prezos do ano próximo co soldo do ano pasado.
INTELECTUAL: Individuo capaz de pensar por máis de duas horas en algo que non sexa sexo.
JERSEY: Prenda que usan os chicos cando a nai ten frío.
LAMENTABEL: Home cunha erección que camiña cara unha parede e co primeiro que toca e coa nariz.
LESBIANA: Mujer indecisa. No sabe qué coño quiere.
LINGUA: Organo sexual que alguns dexenerados usan para falar.
LÍO: Coliente de auga que vai a palal ao mal ou a outlo lío. - Unha muller con ganas e un home frío.
LUVAS: Prendas que se mercan de dous en dous e se perden dun en un.
MANICOMIO: Único sitio onde o cliente non ten a razón.
MIRADA SENSUAL: Método utilizado pola muller para darlle a entender ao home que ela esta interesada nel. Sen embargo, moitas mulleres non poden lograr que os homes lle miren aos ollos debido a que a muller non ten os ollos nos peitos.
MODESTIA: Recoñecer que un e perfecto pero sen dicirllo a ninguen.
MOLESTO: Persoa que fala cando un desearía que escoitase.
MONOGAMO: Polígamo reprimido.
NANOSEGUNDO: Fracción de tempo que transcurre entre que a luz do semáforo cambia a verde e o vehiculo de atras nos toca a bocina.
NINFÓMANA: término co cal un home define a unha muller que desexa ter sexo máis a miudo que el.
PARANOICO: ...si, sabemos quen es, onde estas e que fas... coídate.
PESIMISTA: Optimista con experiencia
PLAYBACK: O grupo musical fai que canta, e o público fai que non se da conta.
SIRENA: Pouca muller para amar e demasiado pez para comerse.
SEÑORITA: Forma máis elegante de denominar a unha muller que, a diferencia dunha 'señora', aínda non posue macho fixo.
SUPERMODELOS: evidencia de que todos os demáis estamos mal feitos.
TENDER A TENDER: encontrarse infinitamente próximo a colgar a roupa, pero sen chegar a facelo
TRABALLO EN EQUIPO: posibilidade de botarlle a culpa a outros.
TRAVESTI: Señor que está coxonuda.
TOP-LESS: confirmación da filosofía de que menos e máis.
UROLOGO: Especialista que che mira o pene con desprezo, agarracho con asco e cobrache como si cho hubese mamado.
VIKINGO: Navegante escandinavo que vivía orgulloso de andar sempre cos cornos postos.
WWW: (do inglés Waiting, Waiting, Waiting) un reloxiño de area na pantalla interrumpido de vez en cando por algunhas imaxes.
XINECÓLOGO: Único home que traballa onde os demáis se divirten.


Eña, sen mais.....

PD: fonte = Angel

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:42:00 da tarde por kaka      2 comentarios

sexta-feira, outubro 14, 2005

Tagboard


Comentar k a especie de tagboard que metin ai (refirome aese cadrado amarelo) xa leva un tempo ai posta e so posteou nel un espontaneo k non sei ken é....... asi k ou a ides enchendo ou vouna sacar... xk a verdade e k k estea vacia da vergoña... vai parecer k esta paxina so a visitan catro pelagatos.......

Pois iso, eña, sen mais

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:11:00 da tarde por kaka      3 comentarios

domingo, outubro 09, 2005

Memorias dun feo


Cando nacín, o doutor foi a sala de espera e díxolle ao meu pai "Fixemos o k puidemos... pero naceu vivo". Miña nai non sabía se kedarse comigo ou coa placenta. Como era prematuro meteronme nunha incubadora... con vidros polarizados.
Miña nai nunca me deu o peito xk dicía k só me kería como amigo. Así k en vez de darme o peito, me daba a espalda. E x iso k debín kedar petiso, tan petiso k en lugar de ser anano, son profundo.
Eu sempre fun moi peludo. A miña nai sempre lle preguntaban: "Señora, ao seu fillo ¿o parió ou o texeu?"
Meu pai levaba na sua billeteira a foto do neno k viña cando a mercou. Pronto me din conta k meus pais me odiaban, pois os meus xoguetes para a bañeira eran unha radio e un tostador eléctrico.
Unha vez, cando me perdín, pregunteille ao policía se creía k íamos a atopar aos meus pais. e contestoume: "Non o sei; hai moitos lugares onde puideron esconderse".
E para colmo era moi delgado, tan fraco k un día metín os dedos no enchufe e a electricidade errou o calambrazo. Era realmente fraco: para facer sombra tiña k pasar duas veces polo mesmo lugar.
Pero o meu problema non era ser tan fraco senon ser FEO. Meus pais tiñan k atarme un trozo de carne ao pescozo para k o can xogara comigo. Sí, amigos, eu son FEO, tan FEO k unha vez me atropelou un automobil e deixoime mellor.
Cando me secuestraron, os secuestradores mandaron un dedo meu aos meus pais para pedir recompensa, pero miña nai contestoulles k kería mais probas.
Tiven k traballar desde chico. Traballei nunha veterinaria e a xente non paraba de preguntar canto costaba eu.
Un día chamoume unha rapaza a miña casa dicindome: "Ven a mñai casa k non hai ninguen". Efectivamente, cando cheguei non había ninguen.
A miña muller gustalle moito falar comigo despois do sexo. O outro día chamoume a casa dende un hotel.
O psiquiatra dixome un día k eu estaba loco e eu dixenlle k kería escoitar unha segunda opinión. "Dacordo, además de loco e vostede moi feo", dixome. Unha vez cando ia suicidarme tirándome dende a terraza dun edificio de 50 pisos, mandaron a un cura a darme unhas palabras de alento. Só me dixo: "Nas suas marcas, listos..."
O último desexo do meu pai antes de morrer era k me sentara nas suas pernas, habíanno condeado a cadeira eléctrica...
Reflexión: SE O MUNDO CHE DA A ESPALDA, TÓCALLE O CU.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:35:00 da tarde por kaka      4 comentarios

sábado, outubro 08, 2005

Sobre o mesenger


Neste post vou facer un análise sobre distintos aspectos do messenger, k levaba preparando uns días, pois iso, espero k vos guste:

Dime k frase tes posta no nick do messenger e direite ken es… O mundo do messenger e todo o k xira ao seu arredor é algo apaixonante, digno de estudo, digno dun libro de psicología e onde se pode ver o carácter da xente e a diversidade de tipos k hai.

Cada día ao conectarnos aparecennos ducias de nicks ante os nosos ollos, eu vou intentar clasificalos un pouco e por orde (aínda k morra no intento…).

En primeiro lugar hai k distinguir entre os k teñen o seu nome ao principio da frase ben claro e os k en cambio son imposibles de saber ken son a primeira vista.

Dos primeros nada k dicir, é o típico “Pepe // k pipa me lo paso”, ao velo dicimos, “seica Pepe o esta pasando ben”. Así k nada, todo claro.

O segundo tipo son os k nos complican un pouco a vida, unha frase enigmática tipo “O silencio aTormentaMe”, sen ningún tipo de nome, alias, apodo ou cousas similares, ao k diremos ¿ken gaitas será? Pero as veces non chega con mirarmos co boton dereito a súa dirección xk pode ser peor, ¿de onde saiu manolocabezabolo@hotmail.com? e repetimos ¿ken gaitas será?. A única forma de averigualo e preguntarllo, e acabara enfadandose xk non nos lembramos ken era e ata nos botara a bronca…

Feita esta primeira diferenciación básica pasemos as máis complexas, a o k vai despois do nick ou nome propiamente dito. Esta frase e toda unha proba de enxeño a k se expon cada un frente ao resto dos seus contactos, nela tes k demostrar toda a tua personalidade en apenas cento e pico caracteres, asi k deberas non sair malparado…
Análise psicolóxico pachangueiro dos nicks:

1. Os poetas: kizáis sexan os peores de todos. Xa sexa copiar&pegar frases curtas de poetas famosos no mellor dos casos ou o k e peor, cando son da sua propia inventiva. Frases inintelixibles do tipo “Os meus suspiros agonizantes pola tua alma choran xk te foras a Palma” (iso no mellor dos casos) xa k noutros x non haber, non hai nin rima, “Las rosas son vermellas, as violetas azuis, k pasa chavales, xa volvin”. Estes novos Becquers da era dixital deberían recopilar todas as suas frases nun libro e probar fortuna. O outro día vin un nick gracioso sobre esto k ponía “Por un MSN limpo elimina aos poetas...”

2. Os axitadores políticos: Son os “Losantos” ou os “Carnicero” (deste último xa falarei outro día...) do MSN. O seu espíritu rebelde e crítico impulsalles a x barbaridades do tipo “Biva a hanarkia. Ata a vitoria. Acabemos kon todos os fachas do PP. Nunca mais” ou “Eu a todos os ‘rojos’, moros e separatistas cargabamos a tiros. Viva Franco e arriba a patria!!”. Estos aburrense e simplemente buscan iniciar algunha discusión con alguen.

3. Os k queren dar envidia: Do estilo “Lucia o outro día foi maravilloso, estás feita unha loba”. Agora xa todo o mundo sabrá k foi maravilloso o k lle pasou o outro día, non sabemos se a Lucia (se e k existe realmente) lle fará moito chiste k todo o mundo saiba das suas grandes habilidades... Hai outra variante deste tipo k son os k non dan nomes e se quedan nun “Tesme locamente enamorada cariño”, para k rapidamente alguen lles diga… “Cóntame k che pasou…” e aumente o seu ego persoal.

4. Os descriptivos e/ou axetreados: “baixando ao chucho”, “ceando”, “limpando a habitación”, etc. Estes fanme moito chiste, cando se acumulan (e aínda k non se acumulen) eu vou imitalos poñendo “tocándome a orella”, “mirando ao teito”, “mollando unha galleta nun vaso grande de leite con chocolate mentres falo co messenger e vexo a tele” (esta última é a miña favorita). A estes o k lles gusta e chamar a atención, alguen lles debería dicir k non nos importa demasiado o k fagan, xk todavia si e algo raro ou inusual (komo ducharse ou estudar) pois todavia pasa, pero para poner “lavando os dentes” pon simplemente o “No disponible” e xa esta, non creas k mentras ti non estes ou non contestes no messenger a xente vai a porse histérica perdida dicindo.. “¡Dios mio! ¿k lle pasaría?, ¿estará vivo?”. Eu vou a por un día “Na cama de Verónica Sanchez” ou “Limpando o meu novo Ferrari” a ver se cola…

5. Os viva a música: Sempre teñen posta a música k estan escoitando (hai incluso programas k o fan automaticamente cos mp3 k estes reproducindo co Winamp ou Itunes asi k non teñen nin xk esforzarse). Esta práctica danos unha idea das suas preferencias musicais e os seus gustos artísticos en xeral. Por exemplo, “escoitando a ‘Las supremas de mostoles” ou “oindo o último recopilatorio do Fary”

6. Os desfasados: “k se nos kasa o principe felipe !!!!” ou “Bo Nadal a todos xavales!!” (en pleno agosto) podennos indicar 3 cosas: 1.- k se conectan pouco ou case nunca. 2.- k se eskeceron de onde esta o boton de cambiar o nick.3.- a data exacta de cando che puxeron en “Sin admisión”.

7. Os minimalistas: Especie rara onde as haxa, non abundan x desgracia. Se ves a alguen cun escueto “Carlos” ou “María” no messenger estarás vendo un fenómeno extrano só comparable cunha aurora boreal ou un raro pez abisal. Pode k sexa k se acaban de conectar x primeira vez e o seu estado virxinal acabara en 5 segundos para x unha chorrada.

8. Os k descubren a de teclas k hai nun PC (incluido maiúsculas e minúsculas): “[[(((@@@@ Juanito PoWWWa —?¿¿!=)”)·/&$&!ª– PZZZ” sen comentarios…

9. Os de orixinalidade nula: “¡Que pasa nen!”, “Un poquito de porfavor”, “Cuñaooo xDD”, “Y eso!!!”… etc. Basanse en frases repetidas ata a saciedade, o peor de todos e cando combinan varias nunka sóa frase.

10. Os noticiarios andantes: “Real Madrid 3 - Albacete 2. Golazo de Zidane”, “Avión secuestrado en Xapón.”. ¿ken quere a CNN cando ten amigos así?

11. Os k non descubriron como funciona: “Paco baixate os CDs cando vaias a miña kasa, xfa..”. A sorpresa que se van a dar cando vexan k se poden escribir mensaxes directamente sen ter k empregar o nick como tablón oficial de anuncios, aínda k quizáis o saiban e a sua unica intención e k todos saibamos o k van facer…

12. Os k o usan de diario ou de axenda futura: “caXo de resAka q teNgo” (Se tes tanta pois deixa o messenger un ratiño e vai durmir a sesta) ou “fieston o venres N ksa dE IneS” (¿Tan pouca xente vai k tes k anuncialo no nick?).

Bueno creo k xa terminei coa clasficación dos nicks(se sabedes algun tipo máis recordademo nos comentarios).

Pero no messenger aparte de cambiarnos o nick (aínda k alguns non o fagan moi a miudo) temos uns hábitos de conducta moi diferenciados.

Cada un se toma o Messenger ao seu xeito e hai formas e formas de relacionarse co programilla. Sobre todo, non todo o mundo usa da mesma maneira os cambios de estado. Chegou un momento no k a credibilidade dos "ausentes" foi tirada polo chan. Antes vías k alguen estaba ausente e pensabas, estará nalgún lado, ou fora da habitación ou vai ti saber. Agora sabes k está ahí, k quizáis só está para dous ou tres persoas e vai a pasar de todos os demáis. Así k temos k hai xente k está en “Ausente” x defecto. Sobre todo o “Ausente” e o máis empregado, xk e o máis socorrido. Non tes k explicar nada do k estás facendo e permiteche dicir calquer cousa. O “No Disponible” e como máis feo, a xente non o adoita empregar a non ser k esté facendo algo realmente importante. O “Vuelvo Enseguida” e para cando vas ao lavabo ou a ducha e “Al teléfono” e xk estás vendo a tele... Bueno, vai a ser k e xk estás falando x teléfono, según o k podo deducir. O “Salí a Comer” non o cheguei a descifrar aínda (sera k verdadeiramente estas comendo). De todas formas hai xente que decide informarte perfectamente e k te pon aparte do “Ausente” k está “Duchándome xk xa estaba porco e levo 3 sabados seguidos sen pasarme por auga”, por por un exemplo. k pensas, se es un guarro, polo menos non nolo digas...

Logo está a forma de actuar nunha conversación. Podríamos facer unha clasificación así por riba dos tipos de escritores no Messenger:

1. O breve: e akel especímen do messenger k che contesta con sís e nons a todo o k lle preguntas e de repente deixa de contestar sen dar sinais de vida. Non lle fai falla porse “Ausente” para k a xente non lle diga nada...
2. O douspalabrasporintro: E akela persoa k para cada frase enteira k di emprega 20 frases soltas, por ejemplo:

A noite do sábado hai k repetila como molou neeennn dice:
O outro día
A noite do sábado hai k repetila como molou neeennn dice:
fumos a
A noite do sábado hai k repetila como molou neeennn dice:
velo concerto de Extremoduro
A noite do sábado hai k repetila como molou neeennn dice:
non vexas
A noite do sábado hai k repetila como molou neeennn dice:
como molou


¿¿Eran necesarios tantos intros??

3. O contocheamiñavidanunparagrafo: E akela persoa k se tira escribindo unha hora e acaba soltandoche un paragrafote incrible e k para colmo pideche k lle contestes aos dous segundos. E o contrario total ao douspalabrasporintro.
4. O k usa o método aguilucho: E akela persoa k se tira tres horas para contestar; e por debaixo pon sempre Pepe está escribindo... Sí, Pepe está escribindo dende hai media hora. Non sabe escribir a máquina e vai buscando a letra cal ave rapaz rondando a sua presa, co dedo no aire dando voltas polo teclado buscando o momento de atopar a letra A e baixar rápidamente o dedo e atacar a tecla... E volta a comezar...
5. O saudador: E akela persoa k cando entras te sauda e non che di nada máis. Só vin un especímen deste tipo pero todo hai k dicilo. ¿Para k saudas se non vas a dicir nada?
6. O xeta: E akela persoa k te fala só se te vai pedir algo ou por algún interese especial, ao principio faslle caso, logo pasas bastante, como e de lóxica...
7. O smileyro: E akel k che contesta a todo con iconos xestuais, k lle preguntas como está, diche :) k perdeu o seu ekipo preferido ponche:( Etc, etc.
E ata aquí o resumen dos tipos de persoas, hábitos e nicks do Messenger, seguramente me deixaría algún tipo de persoa ou de algo, pero estas son a grandes rasgos as máis habituais. Eso sí, o post alargouseme bastante, se o chego a saber sacoo en fascículos...
Eña, sen mais

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:54:00 da tarde por kaka      5 comentarios

quinta-feira, outubro 06, 2005

Así xogamos ao futbol en Anghrois



Weno, ai vos deixo un par de imaxes un pouco dolorosas pero que chaman a atencion.......

Dicirvos tamen k o gañan da primeira imaxe é do Depor (a nos nunca nos gañou ninguen, nin facendo o gañan) pareceme que e Djuckic, pero a calidade da imaxe non me permite confirmalo.


Eña, sen mais

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:22:00 da tarde por kaka      6 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA