Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, outubro 28, 2005

10 erros nos blogs


Anímome a comentar esta lista, a puntuarme segundo crea eu que cumpra ou non e ver como seguramente suspendo ou saco un aprobado raspado (esta penitencia impoñoma pola borderia da guía para comentaristas). Weno, vexamos o resultado:

1. Non hai biografía do autor: Os usuarios queren saber con quen están tratando. Os textos anónimos teñen menos credibilidade que os que están firmados. Pois isto eu…. pra k gaitas keren a miña biografía?!?!?! (nota parcial: 0- nota total: 0).
2. Non hai fotografía do autor: Proporciona unha impresión máis persoal do autor. Conecta os mundos virtual e real. Unha gran parte do cerebro humano está adicada a recoñecer e lembrar caras. Ostras, niso tamén fallo... pero eu sigo pensando que aforraríamos (0 - 0).
3. Títulos de posts non descriptivos: Evita titulares graciosos que non teñen sentido fóra de contexto. O título do post é un microcontido e hai que tomárselo como un proxecto en si mesmo. Os titulares descriptivos son importantes para representar o teu blog en buscadores, fontes RSS e outros servizos. Esto creo que o cumpro ben, xa eran horas de estrearme (1 - 1).
4. Os enlaces non din a onde van: A vida é demasiado corta para cliquear en cousas descoñecidas. Dille á xente que van a atopar noutro lado do enlace; non enlaces usando “esto”, “aquilo” ou semellantes. Usa o título da páxina de destino ou inclúe unha descripción usando o parámetro TITLE nos enlaces. Este aplícoo a medias, porque sempre vos comento a onde vos enlazo antes de facelo, mais tamén é verdade que utilizo moi a miúdo o “aquí”, polo que me dou un 0’5 (0’5 – 1’5).
5. Os éxitos clásicos quedan enterrados: Non relegues ao arquivo os posts con valor durandeiro. Resáltaos con enlaces no teu sistema de navegación e lembra enlazar a textos antigos nos teus posts novos; non todo o mundo leva léndote toda a vida.Totalmente dacordo, aínda que non se me ocurriu, intentarei aplicalo a partir de agora. (0 – 1’5).
6. O calendario é a única navegación: Usa categorías, pero evita etiquetar un post con case todas as túas categorías; sé selectivo. De todos os xeitos, no te pases coas categorías, 10 ou 20 deberían ser suficientes. Ostras, pois xa o pensara pero resulta que blogger non me ofrece ese servizo fabricalo pola miña vaime levar moito traballo, pero weno fareino no Nadal se o lembro. Weno, como a intención tamén conta o profe me dá un 0’5 (0’5 - 2).
7. Frecuencia irregular de publicación: Establecer e cumprir as expectativas dos usuarios é un dos principios fundamentais da usabilidade en web. Escolle unha periodicidade de publicación e atente a ela, pero non publiques por publicar. Internet xa está bastante chea de basura. Uhmm… home eu xa levo un tempo coa idea de postear dúas veces por finde, aínda que pola semana tamén me pode dar o arrouto de postear, e como é mellor que sobre e non que falte, voume dar un punto para manter as aspiracións de aprobar (1 - 3).
8. Mesturar temas: as únicas persoas que o len todo son as que tiñen demasiado tempo (poucas). Os sitios especializados son os que tenden a ter máis éxito e a atraer un público de máis calidade. Neste caso habería que comezar por definir exito.... e público de máis calidade que o que hai aquí non poder haber (vou pedir denominación de orixe kaka-calidade) mesturen ou non mesturen, así k., da nota xa nin falamos... (0 - 3).
9. Esquecer que escribes para o teu futuro xefe: Pensa en como lle sentará o que escribes a un contratador dentro de dez anos. Se non queres que o teu futuro xefe o lea, non o publiques, pois unha vez que esté publicado quedará arquivado e cacheado en moitos máis sitios dos que imaxinas, e xa non hai volta atrás. Non teño bastante que vou a estar eu pensado no meu futuro xefe ... ademais eu de maior non vou ter xefe porque vou ser xefe xefazo (0 – 3).
10. Ter un nome de dominio que pertenenza a un servizo de blogs: Deixar que outro sexa dono do teu nome significa que son donos do teu destino na Internet. Poden degradar o servizo todo o que queiran. Canto máis tempo estés co dominio doutro, máis che custará independizarte. Iso tíveno claro dende o principio, aínda que blogger podía ofrecer máis... pero non me queixo, so coñezo un servidor gratuíto mellor así que... Outro puntiño máis pra saca que me serve pra maquillar un pouco a nota (1 – 4).
Animarvos a que me evaluedes segundo estes criterios vos tamén, detallando todo canto poidades a nota en cada apartado, para saber eu tamén eu nde hai que mellorar... e como a maioría tamén sodes blogger anímovos tamén poñer este tema no voso blog pra que vos avalien a vos tamén.....
Eña, sen mais

PD: Saquei esta lista de abotepronto que a súa vez a sacaron de Microsiervos.
PPD: Se finalmente aceptades o meu consello de engadir isto ao voso blog, sería lexítimo, e eu agradeceríavolo sinceramente, que enlazarades o meu comentario na entrada do voso blog, como fixen eu cos compañeiros de ahí enriba.
PPPD: Xa porei un parecido dos erros nos comentarios que vos implica a vos tamén.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:40:00 da manhã por kaka      4 comentarios

4 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

pra min está ben...iso dame q nom é pra o teu blog, ti estás afeito a rompelas regras, se ai q ir elegante ti vas como a ti che pete coas tuas camisetas d futgol...ti eres dos q nom fan o q din os demais, asiq...sige asi nom???? enha q pra min iste blog stá bem.Deika!

sábado out. 29, 07:30:00 da tarde  
Blogger kaka dixo...

Visto asi tamen pode ser k teñas razon...

Eña, sen mais

sábado out. 29, 08:42:00 da tarde  
Blogger O puyol do CDM dixo...

q mais da o teu blog mola igoal como o tes ti isse blog e isse kaka

sábado dez. 31, 04:52:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Kaka, al mio creo k no le encontraras error ninguno

terça jan. 31, 10:01:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA