Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, outubro 22, 2005

¿?¿70 aniversario do monopoly?¿?


Estes días celébrase o 70º aniversario do Monopoly. Apareceu publicado fai uns días no diario "El Mundo" ("El Monopoly cumple 70 años") e hoxe repiten básicamente a mesma noticia no telexornal de Antena 3, e no diario ABC ("Setenta años jugando al Monopoly") e os demáis medios:

"A propia historia do Monopoly, que abraza os principios e a realidade do libre mercado, non deixa de ser, en sí mesma, irónica, pois naceu en 1935, cando Estados Unidos sufría todavía as secuelas da dura depresión de 1929 (…) Desde entón, o Monopoly convirtiuse nun obxecto de xogo presente en prácticamente todos os fogares do mundo, convirtíndose no produto estrela da empresa que o patentou, Parker Bross, agora propiedade de Hasbro. De feito, este xogo salvou á empresa da bancarrota nos momentos máis duros da depresión." [Fonte: El Mundo]

"Cando Charles Darrow, un parado norteamericano, inventou o Monopoly en 1933 non esperaba alcanzar tan rapidamente o seu soño de convertirse en millonario. Sen embargo, en plena Gran Depresión, cumpriu a súa ilusión á par que alimentaba a fantasía dos seus compatriotas." [Fonte: ABC]

Deixando aparte que o diario "El Mundo" nin sequera é capaz de escribir ben Parker Brothers (Parker Bross), estamos ante outro típico caso de retransmisión de noticias no «modo loro de repetición» sen a máis mínima investigación ao respecto.

Aínda que Hasbro queira celebrar o 70º aniversario do xogo, a realidade é moi distinta. O Monopoly ten máis de cen anos. Como contaron os compañeiros de microsiervos no seu post El verdadero origen del Monopoly:

"O xgo do Monopoly foi inventado e patentado por Elizabeth Phillips (Elizabeth Magie) en 1904. A patente expirou en 1922 e durante eses anos convirtiuse nun xogo popular en moitos fogares de Atlantic City, especialmente entre a comunidade cuáquera. Charles B. Darrow, a quen solía atribuírselle a invención durante a Gran Depresión (cara 1933) simplemente o redescubriu, modificou lixeiramente, re-patentou e vendeu a Parker Brothers en 1934, conseguindo finalmente un copyright en 1935. Parker Brothers mantivo sempre a versión de que foi Darrow o inventor, tal vez para darlle un toque interesante á historia do xogo e do «home feito a sí mesmo pese ás dificultades». Pero non é certa.

Ata a Wikipedia na súa entrada sobre o Monopoly cita á verdadeira inventora e as datas correctas: no apartado Historia do Monopoly cítase a Elizabeth Magie como titular da Patente 740.626 o cinco de xaneiro de 1904. Fai agora máis de cen anos.

Pois iso, eña, sen mais

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:31:00 da tarde por kaka      4 comentarios

4 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

joas joas...e mellor a informacion do teu blog ca dos periodicos nacionais e dos telexornais...vaia...xa nom lle cria nada do q dicia o J.J. Santos...agora inda menos...pero jueno...enha deika!

domingo out. 23, 12:36:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

Hala, deixo eiquí una pequena marca xa que o Monopoly é un dos xogos que máis me gusta, e por certo, en reflexión persoal, fai tempo que non xogo, jeje, co bonito que é cobrar o aluguer de pasar por una rúa túa con casiñas ou hoteis, jajaja!

sábado out. 29, 10:33:00 da tarde  
Blogger O puyol do CDM dixo...

ise monopoly e o tipiko xogo q sempre ta ahí nas casas e o mellor xogo do mundo nunka cansareime de xogar

sábado dez. 31, 04:54:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

70 aniversario, es decir que aun nadie acabo una partida jajajaja

quinta jan. 05, 01:02:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA