Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, outubro 29, 2005

Chega o ubersexual


Xa vos falara dos metrosexuais hai algún tempo, máis agora tocame facelo sobre o seu sucesor, o ubersexual:

A metrosexualidade pasou á historia. O home de verdade volveu para exterminar ao metrosexual, dous anos despois de que a axencia de publicidade máis antiga do planeta, a norteamericana JWT, embadurnara de potingues aos heterosexuais de hoxe en día con afán de modernidade, o modelo masculino representado por David Beckham acaba de ser superado por unha nova criatura que centrifuga para melloralo ao machote de toda a vida. Este final do 2005 será o do nacemento do ubersexual.
"Eleximos o sufixo uber (un explícito 'moi' alemán) porque significa 'o mellor, o máis grande'", pontifica Marian Salzman, vicepresidenta de JWT e responsábel da idea. "Os ubersexuais son os máis atractivos (e non só físicamente), os homes máis completos de todas as generacións. Están seguros de sí mesmos, son masculinos e estilosos". Pero non só esto, porque no libro Os homes do futuro , no que Salzman verteu todas as súas teorías sobre a nova masculinidade, preséntase a este superhome como unha especie de bon vivant que entende de grandes vinos e bos cigarros, que desfruta dos placeres da vida e que, por riba de todo, quere evitar que os seus observadores concluan que é gay, unha posibilidade coa que xogaban os metrosexuais, exploradores como eran do seu lado feminino.
¿Machote en estado puro? Así, o ubersexual recupera moitos dos rasgos do home que habitaba o planeta antes da chegada do movemento feminista, aínda que "hai que advertir que son moito máis que machos", aclara a directiva de JWT. Anos de reaxuste entre os sexos tiñan que deixar algún poso, que é precisamente o que singulariza ao ubersexual, un "home de verdade" de toda a vida, pero convenientemente pulido. Porque deste megahome que acaba de ser definido evaporáronse varias características do estereotipo do machote en estado puro que se amosaba irrespetuoso coas mulleres, exhibía un auténtico deserto emocional e consideraba que as experiencias culturais se limitaban ás que proporcionaban o fútbol, o churrasco e as cervexas.
Se o futbolista David Beckham foi o metrosexual por excelencia, ¿quen ostentaría o súmmum da ubersexualidad? A lista oficial elaborada pola JWT encabézana o actor George Clooney e o cantante Bono, a quen acompañan Bill Clinton, Ewan McGregor, Pierce Brosnan ou Guy Ritchie.
Conven lembrar, non obstante, que este afán por clasificar aos homes contemporáneos parte dunha das axencias de publicidade máis poderosas do mundo, que consegue con esta efectiva estratexia definir un mercado no que a continuación penetra con ímpetu. A estratexia saíulles redonda cando aos seus creativos se lles ocurriu parir ao metrosexual, que introduxo novos hábitos de consumo nun exército de homes moito máis nutrido do que puidese parecer, aínda que inicialmente o exercicio tivera algo de malicioso. Porque o reto que en principio se marcara Marian Salzman cando no 2003 falou por vez primeira dos metrosexuais era demostrar que un rumor pode circular por todo o mundo sen que os seus mentores paguen por iso. O experimento resultou un éxito.
O perfil do ubersexual gañou en matices con respecto ao seu antecesor inmediato, aínda que, vista a lista oficial difundida pola JWT, quizais se pasaran en flexibilidade. Máis dun home estará nestos momentos intentando averiguar por que debería parecerse a Donald Trump ou a Arnold Schwarzenegger, dous dos megahomes propostos como estereotipos desta última clasificación. Algúns querrán seguir sendo como Beckham. DE TODO UN POUCO.
O perfil do ubersexual é flexíbel. ¿Como se non ía a servir para calificar a George Clooney e Donald Trump á vez?

Pois iso, eña, sen mais

PD: fonte = artigo publicado hoxe en A voz de Galicia, por primeira vez posteo sobre un artigo no mesmo día no que se publica, isto é que cada vez leo máis o xornal.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:33:00 da tarde por kaka      5 comentarios

5 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

domingo out. 30, 04:09:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

joas joas, o gatinho q persegue aora rato mola, pero é moi lento e aburreste, weno dicir q xa vexo q ago entra mais xente, enha a animar isto, q kaka xa vai mellorando cos post do mesmo dia, dicir q tamen eu lin o articulo doxe...pra un dia q o le o e sae isto xDD,weno pois sen mais...dicir q cando teñas mas info pois pona x eikí e mírase.Deika!

domingo out. 30, 05:30:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Bueno... Pos yo no te voy a escribir nada referido con esto (una de las razones es xk no tuve ganas de entretenerme a descifrar gallego... xD) y pensando en k ponerte me dije: k mejor k ponerle mis planes para mañana??? (si t digo la verdad no lo abia pensado y fue un lapsus k me vino ahora, peor ya k salio...)

Pues bien¡¡¡ No se k aras tu mñn pero yo me voy a ir a intentar dormir a casa de una amiga (y digo intentar xk siempre k voy a su casa a dormir no dormimos, nose kmo nos las apañamos...) pero bueno... y ella keria ir a cantar... yo lo veia bein peor cantar k??? villancicos decia ella... peor yo kroe k es un poko pronto para ir cntando villancicos no??? asi k no sabemos k aremos... el kaso es molestar a los vecinos xDD komo el otro dia k fuimos a bcn capital y casi llaman a la poli x nuestra culpa xDDD y todo x cantarle un villancico a un vecino¡¡¡ (k desde ese dia a mi amiga le dio fuerte con los cantikos y no ay kien le sake de la cabeza esa idea...) pues bein fuimos a cantar y el xiko k se puso al interfono era un argentino (o eso parecia x el acento...) y bueno eso... y le cantamos una cancion en catalan xDD k risa dios¡¡ y luego slaio una abuela al balcon diciendo k xfavor nos kayaramos k ya eramos mayorcitas para cantar xDD y nosotras le deciamos: señora¡¡¡ k para vivir la vida no ay edad¡¡¡ xD y na nos despedimos de los argentinos k resultaron ser dos... y luego slaieron al balkon y nos invitaron a subir¡¡ xDD y estaban medio desnudos y nosotras: no¡¡¡¡ no subimos k nos violais xDDDD y na nos fuimos xDDD y bueno k nose k tiene esto k ver con el dia de mañana :S:S:S esk me desconcentras¡¡¡ xDD ya esk ni sikiera se puede acer un monologo en paz eh.... xDD y bueno aver... k mas t digo??? yo kroe k kn esto ya estaras mas k satisfexo no???? kaka: x supuesto Yo: pos Ala¡¡¡¡ yo kroe k paro ya denrollarme aki aver a cuento de k??? xk el kaos esk no sabia k decirte y al final mira¡¡¡ voy a poder publikar un alkoran en cristiano y todo... pero bueno... en fin... k aki m despido niño¡¡ Un beso kuidate¡¡¡ adew¡¡¡¡

"Más vale morir de pie que vivir siempre arrodillado" Che Guevara ¡Hasta la victoria siempre!

domingo out. 30, 08:09:00 da tarde  
Blogger O puyol do CDM dixo...

nada de metrosexuais peinadinhos e afeitaos agora barba e pelos nas pernas nos sobacos e no cu jejeje eso faiche ser un sexsymbol para as mozas

sábado dez. 31, 04:51:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

yo eso no lo sabia... te adelantas a los tiempos!!

sábado dez. 31, 07:55:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA