Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

terça-feira, outubro 25, 2005

O billete de 50 €


Manolo, co rostro abatido de pensar, reúnese coa súa amiga Laura nun bar a tomar un café. Deprimido, descargou nela as súas angurias... que se o traballo, que se o diñeiro, que se a relación coa súa parella, que se a súa vocación!... Todo parecía estar mal na súa vida.
Laura introduxo a man no seu bolso, sacou un billete de 50 € e díxolle: ¿Queres este billete? Manolo, un pouco confundido ao comezo, contestoulle: Claro, Laura... son 50 € ¿quen non os querría? Entón Laura tomou o billete nun dos seus puños e engurrouno ata facelo unha pequena bola. Mostrando a estruxada pelotiña a Manolo, volveu a preguntarlle: E agora, ¿tamén o queres? Laura, non sei que pretendes con isto, pero seguen sendo 50 €. Claro que o collerei se mo dás, respondeu Manolo. Laura desdoblou o billete, tirouno ao chan e restregouno co pé, levantouno marcado e dixo: ¿Segues queréndoo? Mira, Laura, sigo sen entender a onde vas, pero é un billete de 50 € e mentres non o rompas, conserva o seu valor...
Manolo, debes saber que aínda que as veces algo non saia como queres, aínda que a vida che engurre ou pisotee, segues sendo tan valioso coma sempre o fuches... O que debes preguntarte é canto vales en realidade e non o golpeado que poidas estar nun momento determinado.
Manolo quedouse mirando a Laura sen atinar con palabra algunha, mentres o impacto do mensaxe penetraba profundamente no seu cerebro. Laura puxo o engurrado billete ao seu lado na mesa e cun sorriso cómplice agregou: Toma, gárdao, para que te lembres disto cando te sintas mal... pero debesme un billete novo de 50 € para poder usalo co próximo amigo que o precise. Deulle un bico na meixela e alexouse cara a porta. Manolo volveu a mirar o billete, sorriu, guardouno e cunha renovada enerxía chamou ao camareiro para pagar a conta...
¿Cantas veces dubidamos de noso propio valor, de que realmente merecemos máis e que podemos conseguilo se nolo propoñemos? Claro que non basta co mero propósito... Requírese acción e existen moitos camiños.
Trata de contestar a estas preguntas, por orde:
1- Nomea as 5 persoas máis adineradas do mundo.
2-Nomea as 5 últimas gañadoras do concurso Miss Universo.
3- Nomea 10 gañadores do premio Nóbel.
4-Nomea os 10 últimos gañadores do Oscar como mellor actor ou actriz.
¿Que tal? ¿Mal? Non te preocupes. Ningún de nós lembra os titulares de onte. ¡¡¡Os aplausos vanse!!! ¡¡¡Os trofeos empólvanse!!! e ¡¡¡Os gañadores esquécense!!!
Agora contesta a estas outras:
1- Nomea 3 amigos que che axudaran en momentos difíciles.
2- Pensa nalgunha persoa que te fixera sentir algo especial.
3- Nomea 5 persoas coas que disfrutes pasar o teu tempo.
¿Qué tal? ¿Foite mellor? As persoas que marcan a diferencia na túa vida non son aquelas coas mellores credenciais, con moito diñeiro, ou os mellores premios... Son aquelas que se preocupan por ti, que te coidan, as que de moitos xeitos están contigo. Reflexiona un momento. ¡A vida é moi curta! Ti, ¿en que lista estás?

Pois iso, eña, Sen mais


PD: fonte = Micho, se queredes podedes lelo tamén aquí

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:51:00 da tarde por kaka      4 comentarios

4 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

copión!!! salvache ao final que nomas o espazo q senom...saudos!

quarta out. 26, 07:13:00 da tarde  
Blogger Eriol dixo...

deus meu... xD mira que lin eso xa veces en emails... xD pero mola iso de que foras o único que o traducise ao galego... ahi demostras orixinalidade. Coño... se tes publicidade e todo xD

quarta out. 26, 08:33:00 da tarde  
Blogger kaka dixo...

Publicidade.... se estas a falar dos comentarios estes en ingles k sabe Deus ken mos pon pois ainda teño bastantes... senon non sei de k falas

Eña, sen mais

quinta out. 27, 07:52:00 da tarde  
Blogger O puyol do CDM dixo...

iso pasarono polo mail miles de veces pero weno ta moi ben q o poñas no blog

sábado dez. 31, 04:53:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA