Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, outubro 08, 2005

Sobre o mesenger


Neste post vou facer un análise sobre distintos aspectos do messenger, k levaba preparando uns días, pois iso, espero k vos guste:

Dime k frase tes posta no nick do messenger e direite ken es… O mundo do messenger e todo o k xira ao seu arredor é algo apaixonante, digno de estudo, digno dun libro de psicología e onde se pode ver o carácter da xente e a diversidade de tipos k hai.

Cada día ao conectarnos aparecennos ducias de nicks ante os nosos ollos, eu vou intentar clasificalos un pouco e por orde (aínda k morra no intento…).

En primeiro lugar hai k distinguir entre os k teñen o seu nome ao principio da frase ben claro e os k en cambio son imposibles de saber ken son a primeira vista.

Dos primeros nada k dicir, é o típico “Pepe // k pipa me lo paso”, ao velo dicimos, “seica Pepe o esta pasando ben”. Así k nada, todo claro.

O segundo tipo son os k nos complican un pouco a vida, unha frase enigmática tipo “O silencio aTormentaMe”, sen ningún tipo de nome, alias, apodo ou cousas similares, ao k diremos ¿ken gaitas será? Pero as veces non chega con mirarmos co boton dereito a súa dirección xk pode ser peor, ¿de onde saiu manolocabezabolo@hotmail.com? e repetimos ¿ken gaitas será?. A única forma de averigualo e preguntarllo, e acabara enfadandose xk non nos lembramos ken era e ata nos botara a bronca…

Feita esta primeira diferenciación básica pasemos as máis complexas, a o k vai despois do nick ou nome propiamente dito. Esta frase e toda unha proba de enxeño a k se expon cada un frente ao resto dos seus contactos, nela tes k demostrar toda a tua personalidade en apenas cento e pico caracteres, asi k deberas non sair malparado…
Análise psicolóxico pachangueiro dos nicks:

1. Os poetas: kizáis sexan os peores de todos. Xa sexa copiar&pegar frases curtas de poetas famosos no mellor dos casos ou o k e peor, cando son da sua propia inventiva. Frases inintelixibles do tipo “Os meus suspiros agonizantes pola tua alma choran xk te foras a Palma” (iso no mellor dos casos) xa k noutros x non haber, non hai nin rima, “Las rosas son vermellas, as violetas azuis, k pasa chavales, xa volvin”. Estes novos Becquers da era dixital deberían recopilar todas as suas frases nun libro e probar fortuna. O outro día vin un nick gracioso sobre esto k ponía “Por un MSN limpo elimina aos poetas...”

2. Os axitadores políticos: Son os “Losantos” ou os “Carnicero” (deste último xa falarei outro día...) do MSN. O seu espíritu rebelde e crítico impulsalles a x barbaridades do tipo “Biva a hanarkia. Ata a vitoria. Acabemos kon todos os fachas do PP. Nunca mais” ou “Eu a todos os ‘rojos’, moros e separatistas cargabamos a tiros. Viva Franco e arriba a patria!!”. Estos aburrense e simplemente buscan iniciar algunha discusión con alguen.

3. Os k queren dar envidia: Do estilo “Lucia o outro día foi maravilloso, estás feita unha loba”. Agora xa todo o mundo sabrá k foi maravilloso o k lle pasou o outro día, non sabemos se a Lucia (se e k existe realmente) lle fará moito chiste k todo o mundo saiba das suas grandes habilidades... Hai outra variante deste tipo k son os k non dan nomes e se quedan nun “Tesme locamente enamorada cariño”, para k rapidamente alguen lles diga… “Cóntame k che pasou…” e aumente o seu ego persoal.

4. Os descriptivos e/ou axetreados: “baixando ao chucho”, “ceando”, “limpando a habitación”, etc. Estes fanme moito chiste, cando se acumulan (e aínda k non se acumulen) eu vou imitalos poñendo “tocándome a orella”, “mirando ao teito”, “mollando unha galleta nun vaso grande de leite con chocolate mentres falo co messenger e vexo a tele” (esta última é a miña favorita). A estes o k lles gusta e chamar a atención, alguen lles debería dicir k non nos importa demasiado o k fagan, xk todavia si e algo raro ou inusual (komo ducharse ou estudar) pois todavia pasa, pero para poner “lavando os dentes” pon simplemente o “No disponible” e xa esta, non creas k mentras ti non estes ou non contestes no messenger a xente vai a porse histérica perdida dicindo.. “¡Dios mio! ¿k lle pasaría?, ¿estará vivo?”. Eu vou a por un día “Na cama de Verónica Sanchez” ou “Limpando o meu novo Ferrari” a ver se cola…

5. Os viva a música: Sempre teñen posta a música k estan escoitando (hai incluso programas k o fan automaticamente cos mp3 k estes reproducindo co Winamp ou Itunes asi k non teñen nin xk esforzarse). Esta práctica danos unha idea das suas preferencias musicais e os seus gustos artísticos en xeral. Por exemplo, “escoitando a ‘Las supremas de mostoles” ou “oindo o último recopilatorio do Fary”

6. Os desfasados: “k se nos kasa o principe felipe !!!!” ou “Bo Nadal a todos xavales!!” (en pleno agosto) podennos indicar 3 cosas: 1.- k se conectan pouco ou case nunca. 2.- k se eskeceron de onde esta o boton de cambiar o nick.3.- a data exacta de cando che puxeron en “Sin admisión”.

7. Os minimalistas: Especie rara onde as haxa, non abundan x desgracia. Se ves a alguen cun escueto “Carlos” ou “María” no messenger estarás vendo un fenómeno extrano só comparable cunha aurora boreal ou un raro pez abisal. Pode k sexa k se acaban de conectar x primeira vez e o seu estado virxinal acabara en 5 segundos para x unha chorrada.

8. Os k descubren a de teclas k hai nun PC (incluido maiúsculas e minúsculas): “[[(((@@@@ Juanito PoWWWa —?¿¿!=)”)·/&$&!ª– PZZZ” sen comentarios…

9. Os de orixinalidade nula: “¡Que pasa nen!”, “Un poquito de porfavor”, “Cuñaooo xDD”, “Y eso!!!”… etc. Basanse en frases repetidas ata a saciedade, o peor de todos e cando combinan varias nunka sóa frase.

10. Os noticiarios andantes: “Real Madrid 3 - Albacete 2. Golazo de Zidane”, “Avión secuestrado en Xapón.”. ¿ken quere a CNN cando ten amigos así?

11. Os k non descubriron como funciona: “Paco baixate os CDs cando vaias a miña kasa, xfa..”. A sorpresa que se van a dar cando vexan k se poden escribir mensaxes directamente sen ter k empregar o nick como tablón oficial de anuncios, aínda k quizáis o saiban e a sua unica intención e k todos saibamos o k van facer…

12. Os k o usan de diario ou de axenda futura: “caXo de resAka q teNgo” (Se tes tanta pois deixa o messenger un ratiño e vai durmir a sesta) ou “fieston o venres N ksa dE IneS” (¿Tan pouca xente vai k tes k anuncialo no nick?).

Bueno creo k xa terminei coa clasficación dos nicks(se sabedes algun tipo máis recordademo nos comentarios).

Pero no messenger aparte de cambiarnos o nick (aínda k alguns non o fagan moi a miudo) temos uns hábitos de conducta moi diferenciados.

Cada un se toma o Messenger ao seu xeito e hai formas e formas de relacionarse co programilla. Sobre todo, non todo o mundo usa da mesma maneira os cambios de estado. Chegou un momento no k a credibilidade dos "ausentes" foi tirada polo chan. Antes vías k alguen estaba ausente e pensabas, estará nalgún lado, ou fora da habitación ou vai ti saber. Agora sabes k está ahí, k quizáis só está para dous ou tres persoas e vai a pasar de todos os demáis. Así k temos k hai xente k está en “Ausente” x defecto. Sobre todo o “Ausente” e o máis empregado, xk e o máis socorrido. Non tes k explicar nada do k estás facendo e permiteche dicir calquer cousa. O “No Disponible” e como máis feo, a xente non o adoita empregar a non ser k esté facendo algo realmente importante. O “Vuelvo Enseguida” e para cando vas ao lavabo ou a ducha e “Al teléfono” e xk estás vendo a tele... Bueno, vai a ser k e xk estás falando x teléfono, según o k podo deducir. O “Salí a Comer” non o cheguei a descifrar aínda (sera k verdadeiramente estas comendo). De todas formas hai xente que decide informarte perfectamente e k te pon aparte do “Ausente” k está “Duchándome xk xa estaba porco e levo 3 sabados seguidos sen pasarme por auga”, por por un exemplo. k pensas, se es un guarro, polo menos non nolo digas...

Logo está a forma de actuar nunha conversación. Podríamos facer unha clasificación así por riba dos tipos de escritores no Messenger:

1. O breve: e akel especímen do messenger k che contesta con sís e nons a todo o k lle preguntas e de repente deixa de contestar sen dar sinais de vida. Non lle fai falla porse “Ausente” para k a xente non lle diga nada...
2. O douspalabrasporintro: E akela persoa k para cada frase enteira k di emprega 20 frases soltas, por ejemplo:

A noite do sábado hai k repetila como molou neeennn dice:
O outro día
A noite do sábado hai k repetila como molou neeennn dice:
fumos a
A noite do sábado hai k repetila como molou neeennn dice:
velo concerto de Extremoduro
A noite do sábado hai k repetila como molou neeennn dice:
non vexas
A noite do sábado hai k repetila como molou neeennn dice:
como molou


¿¿Eran necesarios tantos intros??

3. O contocheamiñavidanunparagrafo: E akela persoa k se tira escribindo unha hora e acaba soltandoche un paragrafote incrible e k para colmo pideche k lle contestes aos dous segundos. E o contrario total ao douspalabrasporintro.
4. O k usa o método aguilucho: E akela persoa k se tira tres horas para contestar; e por debaixo pon sempre Pepe está escribindo... Sí, Pepe está escribindo dende hai media hora. Non sabe escribir a máquina e vai buscando a letra cal ave rapaz rondando a sua presa, co dedo no aire dando voltas polo teclado buscando o momento de atopar a letra A e baixar rápidamente o dedo e atacar a tecla... E volta a comezar...
5. O saudador: E akela persoa k cando entras te sauda e non che di nada máis. Só vin un especímen deste tipo pero todo hai k dicilo. ¿Para k saudas se non vas a dicir nada?
6. O xeta: E akela persoa k te fala só se te vai pedir algo ou por algún interese especial, ao principio faslle caso, logo pasas bastante, como e de lóxica...
7. O smileyro: E akel k che contesta a todo con iconos xestuais, k lle preguntas como está, diche :) k perdeu o seu ekipo preferido ponche:( Etc, etc.
E ata aquí o resumen dos tipos de persoas, hábitos e nicks do Messenger, seguramente me deixaría algún tipo de persoa ou de algo, pero estas son a grandes rasgos as máis habituais. Eso sí, o post alargouseme bastante, se o chego a saber sacoo en fascículos...
Eña, sen mais

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:54:00 da tarde por kaka      5 comentarios

5 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

ademais dises anonimos q non seis q carallo é o q poñen,pois tamen miro eu o te u blog, dicir q leino todo, e é unha clasificacion de msn caralluda, fixescheme rir a ostia, xa sabes, aki pra ler o blog sempre,enha deika kaka. saudos dun lector asiduo.

domingo out. 09, 04:00:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Dpm la clasificacion de nicks i tipos de conversacion. aver si todos aportais alguno k se os ocurra. ami se me ocurre

mas tipos de nicks aunq alguno es parecido:

-O empalagoso: son eses nicks que se pasan meses se tocarse ou con lixerias modificacións do tipo:
-Pepe&manoliña 4ever(K) kerote un monton miña vida es a mellor!!dous meses!!k record!!TKMMMMMM
-aki ai un gsubrupo de personas k son antiempalgosas k fai pouco nos poñiamos de nick. ELLA necesita saber ka la kieres NOSOTROS NO!

-Os musicais: Son akeles k cada día poñen un trozo de letra dos seus artistas preferidos.

-Os sumatorios: Son aqueles q cada vez kedan mais abreviados xa ke se lle suman cousas. Un exemplo: o nick nun principio era

Manolo -Empeza a clase puf..
Mnl-Mpz a cls pf..k ask d cls tokume/mñn sae algen?/pola tard vou o bigg/pepiña gracis x td!!/jodr k agoviado stou


E de tipos de conversacion kreo k falta a:

Clasica simple: k veñe sendo

MAnolo:
Hola!

pepe:
Hola!

Manolo:
k tal?

pepe:
ben e ti?

Manolo:
=

pepe:
k me contas?

manolo:
nada e ti?

pepe:
tp nada

(aki e cando os dous cerran a conversacion)

domingo out. 09, 05:49:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Ciao kaka ! Non potevi esprimere meglio il tuo pensiero riguardo a Sobre o mesenger . Complimenti per il tuo blog, è davvero bello! Continua a tenerlo aggiornato! Se ti va di visitare il mio sito che riguarda scommesse sportive clicca su questo link: qui troverai solo scommesse sportive !

terça dez. 20, 12:37:00 da tarde  
Blogger O puyol do CDM dixo...

jajaj o messenger é o mellor do mundo despois deste blog e despois do monopoli el anonimo tiene razon acerca de las conversaciones estandar jeje

sábado dez. 31, 05:12:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Ese mesenguer que tiene a alba saa viciada, por lo mens lo reconoce hjejejej

terça jan. 31, 10:07:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA