Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

terça-feira, novembro 29, 2005

kaka no google


Seguindo unha recomendación que facía Yeyu no seu blog hoxe deume por buscar o meu nick (kaka) no google imaxes, onde, a parte de milleiros e milleiros (literalmente milleiros) de fotos, fondos e demais fotos de kaká (o xogador do Milan que moitos xa coñecedes), atopei unha foto que me chamou a atención:

Pois si.... unha foto de triki!!! O marabilloso monstro das galletas de barrio sesamo!!! A xa que sae o tema vouvos confesar algo que ainda non lle dixen a ninguen.... EU TÍÑALLE MEDO DE PEQUENO!!!! pero agora quero matizar.... so lle tiven medo ata os 2 ou 3 anos despois converteuse no meu becho favorito de Barrio Sesamo.

Eña, sen mais...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:42:00 da tarde por kaka      5 comentarios

domingo, novembro 27, 2005

¿Por que o polo cruzou a estrada?


Vexamos como distintos personaxes contestan, incluido cada un os seus propios matices, a unha simple pregunta como pode ser "¿Por que o polo cruzou a estrada?"
  • Profesor de primaria: Porque quería chegar ao outro lado.
  • Platón: Porque buscaba o ben.
  • Aristóteles: Está na natureza dos polos cruzar as estradas.
  • Marx: Era unha inevitabilidade histórica.
  • Sadam Husseim: Foi un acto de rebelión non provocado e que lanzasemos 50 toneladas de gas nervoso estivo plenamente xustificado.
  • Ronald Reagan: Olvidóuseme.
  • Miguel da Cadra: Para ir onde ningún outro polo chegou xamais.
  • Hipócrates: Debido a un exceso de humores no seu páncreas.
  • Javier Arzallus: A estrada representa aos vascos. O polo "cruzou" aos vascos para pisotealos e mantenelos sometidos.
  • Martin Lutero King: Vexo un mundo no que todos os polos serán libres para cruzar a estrada sen que os seus motivos se poñan en cuestión.
  • Moisés: E Deus baixou do ceo e díxolle ao polo: "Cruza a estrada". E o polo cruzou a estrada e todos o celebraron.
  • Bill Clinton: O polo non cruzou a estrada. Repito, o POLO non cruzou a estrada.
  • Maquiavelo: A cuestión é que o polo cruzou a estrada. ¿A quen lle importa o porqué? O fin de cruzar a estrada xustifica calquer motivo.
  • Freud: O feito de que esteades preocupados porque o polo cruce ou non a estrada revela a túa inseguridade sexual.
  • Bill Gates: Acabo de lanzar Polo Office 2000, que non só cruza estradas, senon que pon ovos, arquiva os teus documentos importantes e cadra as túas contas.
  • José María Aznar: ¡¡¡O poooolo vai ben!!! ¡¡¡O poooolo vai ben!!!
  • Darwin: Ao longo de grandes períodos de tempo, os polos foron seleccionados naturalmente de xeito que agora teñen unha disposición xenética a cruzar estradas.
  • Einstein: O se o polo cruzou a estrada ou a estrada se moveu por embaixo do polo depende do teu marco de referencia.
  • Buda: Preguntar iso nega a túa propia natureza de polo.
  • Hemingway: Para morrer. Baixo a choiva.

Eña, sen mais

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:59:00 da tarde por kaka      4 comentarios

sábado, novembro 26, 2005

O mito de Heidi


Para todos nós, os que estamos en plena adolescencia, existen varios mitos infatís profundamente arraigados no noso subconsciente: Marco, Oliver y Benji (dos que xa falei nun post anterior), e Heidi. Pois ben, profundas e laboriosas investigacións chegamos a unha sorprendente conclusión:

O mito de Heidi, revelado:

Analicemos a bonita melodía desta serie tan entrañábel:
"Abuelito, dime tú, qué sonidos son los que oigo yo".

Ben. Heidi é un personaxe supostamente xove, mentres que o seu Avoíño, consecuentemente, é maior (por non dicir vello). O que Heidi pida información ao seu Avoíño sobre os sonidos que escoita, ou que “case oe”, pode indicar, basicamente, dúas circunstancias:
  1. Heidi padecía unha enfermidade conxénita do oído, que a facía incluso máis sorda que o seu anciano antecesor.
  2. O estado de Heidi estaba, dalgún xeito, alterado.
"Abuelito, dime tú, porqué en una nube voy".

Ajá!. Esta segunda frase da canción confirma unha e soamente unha dos posibilidades anteriores. En efecto, confírmase que o estado mental de Heidi está dalgún modo alterado: está "nas nubes", está "voando".

"Dime porqué huele el aire así".

O noso argumento cobra cada vez máis forza. O aire ten un olor especial, raro, como se flotara algún tipo de humo no ambiente.

"Dime porqué yo soy tan feliz".

Un argumento máis ao noso favor. O estado de euforia inxustificada da nosa protagonista é evidente. E por fin:
"Abuelito, nunca yo de ti me alejaré".
Por último, a pequena descarriada afirma que lle é imposíbel afastarse do seu proveedor habitual.

Conclusións:
  1. O estado de conciencia de Heidi está alterado dalgún xeito.
  2. O aire cheira raro.
  3. Sinte unha felicidade absurda.
  4. Manifesta unha dependencia extraña doutro personaxe.

Logo, o que ocorre é que o noso desdichado personaxe estaba todo o día dándolle ao porrete, como certo cantante de reggae falecido. O que leva a outro posíbel estudo que comeza cunha inquietante pregunta: ¿ERA HEIDI BOB MARLEY DISFRAZADO DE RAPAZA?

Eña, sen mais

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:47:00 da tarde por kaka      2 comentarios

sexta-feira, novembro 25, 2005

Deportes urbanos


Na a cidade un arrisca máis a vida do que estamos dispostos a admitir (por exemplo, cando Paola leva o paraugas aberto e ti a vas acompañando... un chisme tan infofensivo convirtese nas súas mans nun arma de destrución masiva...). É por iso que para os fanáticos dos deportes extremos poño unha pequena lista de deportes que se poden practicar na cidade, sen ter en conta as pelexas nin arrancóns por ser de sobra conocidos, pero cun pouco de imaxinación podes descubrir que se poden facer máis actividades de alto risco na túa cidade (xa falarei outro día das diversións dos paisanos de Angrhois...).

Surfeo urbanero: Consiste en subirse a un autobús, estar de pe sen agarrarse de nada en toda a viaxe, vence o que resista todo o viaxe con só manter o equilibrio... para desempatar esta permitido o lanzamento de obxectos: ladrillos, coitelos e ata cadeiras...

Carrera 50 metros: Atravesando unha avenida moi transitada. O vencedor é o primeiro que chega vivo ao outro lado (subraio o de VIVO), en caso de non producirse esta circunstancia gaña o que aboie máis o trasto que o atropelou.

Ciclismo urbano: Consiste en atravesar o centro da túa cidade en bicicleta. Deporte de alto risco que non tardará en ser olímpico.

Caminata: É sinxelamente iso, camiñar por unha rúa estreita e oscura pola noite, gaña o que saia sen ser asaltado nin violado, deporte apto para ambos sexos. Se se é solterona (ou, no seu defecto, un mariposón deseseperado) e o desexo é ser violada entón o violador que saia sen ser descuberto pola participante obtén un bono extra.

Triatlon urbano: Dáslle unha colleja a alguén nun autobús (*Colleja: golpe que se dá coa palma da man na nuca, acepción estándar; ou noutra parte do corpo, acepción by Palomo), se ten cara de malo estreñido suma máis, esquivar aos que viaxan no autobús, baixar correndo, tomar a bicicleta allea máis cercana e chegar a salvo a casa.

Enfrentamento de gorilas e outras bestas: Trata de entrar nun antro refrescándolle a 10 de maio ao coidador da entrada, se o logras xa gañaste (non importa se duras pouco tempo sen ser descuberto xa dentro).

Condución ao crazy taxi: Consiste en levar a algún familiar ao aeroporto sen tomar ningunha precaución á hora de conducir, gáñanse puntos ao atropelar diferentes obxectos e persoas.Valen máis puntos os ciclistas (isto engade un factor de risco extra no ciclismo urbano) e menos os minusválidos e anciáns. Vence o que máis puntos acumule.
Eña, sen mais

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:54:00 da tarde por kaka      3 comentarios

domingo, novembro 20, 2005

Aniversario de Paola


Weno, como xa moitos sabedes, hoxe é o aniversario de Paola, e en consecuencia eu queria ofrecervos a oportunidade de felicitala (e de dicirlle o que vos pete, pero cun pouco de respecto... tratase de que vos esforcedes por non poñela a caldo... que iso podemolo facer todos...) dende o meu humilde blog.

Pois iso, ¡¡¡¡FELICIDADES PAOLA!!!!

Agora é o voso turno.....

Eña, sen mais...


PD: Xa estou preto do millar de visitas!!! (993 cando escribin isto)

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:28:00 da manhã por kaka      9 comentarios

sábado, novembro 19, 2005

A miña canción favorita


Weno rapaces vouvos poñer aquí a miña cancion favorita, a pena e que non a teño e non hai xeito de conseguila así que se a tedes ou algo xa sabedes.... ahí vai:

"ERES MÁS COMPLICADA QUE ARMAR UN MUEBLE DE IKEA", de "Un Pingüino en mi ascensor":

Me gustas más que el eco
al presentador del rimadero
por ti estudiaría teleco
por ti me haría ingeniero

Pero no sería buena idea
hacerte mi amada
porque eres más complicada
que armar un mueble de IKEA

Todo el mundo presume de primo
que fue campeón de Castilla
pero yo presumo de que a veces me arrimo
y te rozo la rodilla

Pero no sería buena idea
hacerte mi amada
porque eres más complicada
que armar un mueble de IKEA

Me pregunto porque son tan bordes
las cajeras del DIA
y también me pregunto si quiero que engordes
en mi compañía

Pero no sería buena idea
hacerte mi amada
porque eres más complicada
que armar un mueble de IKEA

Pero no sería buena idea
hacerte mi amada
porque eres más complicada
que armar un mueble de IKEA


Sen mais, Abur!!!!!!!!


PD: Sakeina a oido rapaces (hai xa mais dun ano...), se ai erratas foi culpa da radio e non miña k eu fixen o k se puido.....

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 4:19:00 da tarde por kaka      3 comentarios

sexta-feira, novembro 18, 2005

historia e clasificación do peido


Este traballo vai encamiñado a defender esta necesidade fisiolóxica, execrada inxustamente por case todos os humanos, sen lembrar que, case todos nós nos peideamos, ou como demos se diga, cando ninguén nos oe e quedamonos tan satisfeitos despois.

Os hipócritas empeñáronse en dicir que o peido é un ruído molesto e indecoroso, que ofende e denigra ao que o escoita e expele respectivamente. Nada de señores. O peido é, foi e será sempre, unha fonte de hilaridade sanísima, que produce efectos optimistas e é inevitable en moitas ocasións.

Ninguén dende que o mundo é mundo puido evitar el botarse un peido diariamente e detrás de Marco Antonio, peideronse Nerón, a Pompadur, Voltaire, Napoleón, (antes e despois de Santa Elena), a Chelito, Picasso, e cantos seres existiran.

Hoxe en día botanse peidos: Magistrados, Militares (con ou sen graduación), Catedráticos, Tarraconenses, Filósofos , e o publico en xeral (e o de butaca), sen que ninguén poida evitalo. Pois ben, se botarse un peido é inevitábel e ata san, ¿por que non podemos aceptar o que a natureza nos impón?

Sexamos consecuentes e non condeemos unha cousa que todos facemos e que non ten outra defensa que deixarse oír. ¡¡Por favor señores!! Non condeemos ao peido sen oílo!.

Tamén é verdade que hai peidos indecentes que non son dignos de escoitarse, nin son tolerabeis. Para eses a nosa repulsa e enemistade mais violenta. Pero cos peidos inocentes e hilarantes, sexamos benévolos. Meréceno. Por esta razón vou tratar de clasificalos para coñecemento de todos:

1- PEIDO HONRADETE: É o que se expele nunha soa emisión de voz, é ruidoso e curto, e apesta. Adoitan tiralos os gandeiros, os atletas de circo, os vascos de caserío, e os hinchas do Salamanca.

2- PEIDO CÓMICO: Soa agudamente, é trémulo, e morre un da risa ao oílo. Botano os empregados de banca, os perruqueiros, os botóns de casino e as señoras con abrigo de pel e moito cu.

3- PEIDO CON RABO: É o que comeza fino e remata con porra, cheira que apesta. Bótano os carteiros durante o reparto, os municipais, os serenos e as donas das casas de hóspedes. Levantan airadas protestas nos "peidoespectadores" e non son aceptábeis.

4- PEIDIÑOS (tamén chamados AVELÁS): Son peidos pequenos, de escasa duración e que saen en "ristra" como os allos. Tírannos de cinco en cinco as mecanógrafas, as telefonistas, as caixeiras de farmacia. Adivínase enseguida onde está a emisora polo coloradas que se poñen e a peste que se masca.

5- CUESCOS: Son peidos blandiños con sonido agudo, que case sempre deixan nicotina nos gallunbos (ou bragas) e cheiran malísimamente. Bótanos os que pasan moitas horas do día sentados, estudantes, banqueiros, notarios e abogados con pleito. Son unha verdadera cochinada.

6- FALLIDOS OU BUFAS: Son os máis traidores que se poden imaxinar porque non avisan e cando un se decata xa nos foi a metade. Deixan unha estela longuísima e está hulindo durante un cuarto de hora ou máis. Non son admisibeis. O que se tira unha "bufa" é un porco.

7- PEIDO ACUATICO: É o que nos tiramos dentro da bañeira, na piscina, no río, ou na plaia. Son simpatiquísimos, non molestan a ninguén, apenas cheiran e ademais cando saen fan burbulliñas.

8- PEIDO INVERNAL: É de medo, é o que nos botamos na cama, cando estamos ben arropadiños. Cando nos lembramos del, metemos a cabeza debaixo das mantas e tragamolo enteiro.

9- PEIDO MAÑANEIRO: O que nos tiramos á primeira hora da maña según vamos ao cuarto de baño a lavarnos, é por dicilo así, o que nos avisa de que comeza unha nova xornada.

10- PEIDO CINEASTA: Tamén é de alivio, parece vir arrastrándose polo chan e trepar polas pernas do espectador ata que chega ás narices. Non hai defensa. Cando se prende a luz todos miramos con odio aos nosos veciños de diante.

11- PEIDO ORFO: É aquel que percibimos polo seu aroma, e do que ninguén se fai responsábel, non ten pai o coitado.

12- PEIDO NUPCIAL: É o peido que despois de gañada a confianza necesaria, compartiremos con outras persoas na cama, é dun efecto bastante curioso, pois produce risas ao mesmo tempo que bochorno, despois disto a parella xa está preparada para afrontar calquer problema. É aceptábel, pois crea unión.

13- PEIDO ZAPATEIRO: É o que se nos escapa cando intentamos anoarnos os cordóns dos zapatos. A postura violenta, fai que o peido sexa ruidoso. Adóitase mirar rápidamente cara atrás e se non ven ninguén respírase con satisfación.

14- PEIDO GRAXENTO: É o que se bota o soldado cando vai en formación, se a tropa desfila despois do rancho e este foi de xudías . Estes peidos son tóxicos. Moitas baixas de oficiais foron producidas polos pedos "marciais". Cando o que se peidea é o xefe que vai a cabalo non hai quen o esquive.

15- PEIDO SENIL: Tírano as vellas a primeira hora do día na igrexa e despois tusen un pouquiño para disimular.

16- PEIDO ARTÍSTICO: Son os que se tiran algúns virtuosos do peido, e que mediante certas posturas da nalga, logran o sonido desexado: agudo, grave, etc. Estes peidos son máis ben para concurso.

17- PEIDO MULLIGAN: É o que se tiran os golfistas no teedel 1 cando colocan o estance, se á esquerda hai un lago e á dereita un fóra de límites, está permitido repetilo, pois se considera que se botou baixo presión.

18- PEIDO PROVISIONAL: Segundo o reglamento da Royal & Ancient, é o peido que se tira un cando foi buscar unha bóla ao bosque que previsibelmente pode haberse perdido. Se o bosque foi declarado área de protección ecolóxica, dito pedo está penalizado pola regra 40-2b con dous golpes de penalidade, polo posíbel impacto ecolóxico ocasionado.

19- PEIDO STABLEFORD: É unha modalidade de peiderse para concursos, na que a cada pedorro se lle adxudica un hándicap, que vai en función da súa habilidade, e de se inxeriu previamente bebidas gasosas (Coca-Cola, Vichí, etc.) ou se se comeu cocido ou fabada.

20- PEIDO PUTT: Na modalidade masculina, é o que se tira o xogador a falta dun metro para embocar a bola mentras di "a ver se a meto". E na modalidade feminina, nas mesmas circunstancias, pero dicindo "a ver se me entra".

21- PEIDO CONSCIENTE: Terminamos a clasificación con este, que é diferente aos demais. Tíramolo voluntariamente, aproveitando o momento no que estamos sós, levantamos unha nalga e ¡zas! . Despois se traballa máis agusto.

Espero que vos gustara....


Eña, sen mais
Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:11:00 da tarde por kaka      3 comentarios

quinta-feira, novembro 17, 2005

Cumpleanos de Cholo


Weno, como xa moitos sabes, ben porque sodes moi listos ou porque o puxen eu no encerado da clase, hoxe é o aniversario de Pablo Posse, Cholo pra os amigos (e pra os non tan amigos en xeral...). Comentar que acabo de darme conta que é o mais pequeno da nosa clase.... algo paradoxico, o máis grande é ao mesmo tempo o máis pequeno... pois éche o que hai...
Pois iso, felicitalo dende aqui e ofrecervos tamén a vos a posibilidade de facelo....
Eña, sen mais
PD: disque tamén o cumpleanos da súa irmá (cousa curiosa...) pois aproveitade tamén se queredes que tampouco e plan de discriminar...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:41:00 da tarde por kaka      5 comentarios

domingo, novembro 13, 2005

Preparado pra aprender


Hoxe poño aquí unha historia que atopei e me gustou, o problema e que esta en portugues.... mais penso que igual que a entendin eu podedela entender vos.....

"Pronto para recomeçar:

Um dos discípulos de um mestre de artes marciais era muito dedicado. O melhor de todos em concentração, fundamentos, no uso da intuição. Era chegada a hora de obter a faixa preta. Ele se apresentou, teve bom desempenho em todos os testes, superou obstáculo e aguardou a palavra do mestre. Este, então, perguntou ao aluno:

- ¿Por que você acha que pode receber a faixa preta?

O aluno respondeu:

- Mestre, cumpri todos os fundamentos, passei por todas as provas, me aprimorei, enfim, sou o melhor de todos. Por isso é justo que eu receba o reconhecimento da faixa preta.

O mestre voltou-se para o discípulo e afirmou:

- Não, você não está pronto. Volte e recomece tudo de novo.

E assim foi por mais um ano. Ao final do período, a mesma pergunta do mestre, a mesma resposta do aluno e a mesma conclusão:

- Você não está pronto. Volte e recomece.

O discípulo, revoltado, sentiu profundo ódio de seu mestre e orientador. Mas, com a fibra dos que transformam obstáculos em desafios a serem vencidos, o jovem retornou aos treinamentos por mais um ano. Finalmente reapresentou-se ao mestre dizendo estar pronto para receber a faixa preta. Mais uma vez o mestre perguntou:

- ¿Por que você está pronto agora?

E o discípulo respondeu:

- ¡Porque agora estou pronto para começar a aprender!

E recebeu a faixa preta.

Enfim, na vida nada termina. A cada transformação porque passamos há uma nova conquista que nos credencia a continuar aprendendo com ela. Nada termina. Estamos sempre diante de um potencial comnovo começo. E você... esta esperando o que? o trem passar..."


Pois iso, aplicadelo e carretera... se vedes que non se entende ben dicideo por se me da o arrouto de traducila....


Eña, sen mais

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:35:00 da tarde por kaka      2 comentarios

sábado, novembro 12, 2005

Manual de.....


Dicir que este post pode serlle útil a alguén e ter o seu chiste pero, polo menos segundo o meu criterio, non é aplicábel, e se o poño aquí e simplemente porque supoño que a maioría lle vai facer chiste:

CONSIDERACIÓNS PRELIMINARES:

  1. Hai que pasar por todos os puntos clave, mais a forma de chegar a eles é discrecional.
  2. O espírito do manual é de carácter orientativo .NoN se aconsella a súa aplicación ao pé da letra, mais en casos de extrema embriaguez animamos a que sexa seguido especialmente de cerca. Hai unha máxima do Comité que rara vez fallou: "Non penses, que a cagas".
  3. E o máis importante: HAI QUE INGRESAR NO CAMPO DE BATALLA CON ALGO DE SANGRE NO ALCOHOL. A non observación desta norma pode acarrear a suspensión cautelar da licenza federativa de pesca sen cana.

FASE PREVIA: "SWITCH ON THE SCANNER"

Trala triunfal entrada pola porta principal, pola que entramos e pola cal INTENTAREMOS saír, hai que activar con inmediatez escáner e sónar (se dispuxéramos del). Éste nos marcará posicións netas e puntuacións brutas. Isto significa que á puntuación que nos de o escáner haberá que restarlle 0'75 puntos (escala 0-10) por copa consumida a partir da sexta, e medio punto adicional por cada hora que pase das 4 (trátase do Algoritmo de Justerini & Brooks), Exemplo: Unha tía, así a bote pronto é un 6. Son as 5'15 e bebiches ata a auga dos floreiros (estimemos 10 copas). Aplicando o xa citado Algoritmo de Justerini & Brooks, quédanos: 6- 4 · 0'75 - 1 · 0'5 = 2'5. O resultado obtido refírese á chica vista ás 5 da tarde, con luz natural e sen maquillar. Sei que é escalofriante, pero é así. Aínda así os coeficientes (0'75 e 0'5) son axustables individualmente en función das idas de pelota en ocasións anteriores.

MISIL 1: “POINT OF ENTRY”

-Hola, perdoa, ¿podo falar un momento contigo?
-Si, claro, ¿por qué non?
-Non, é que está cheo de tíos tirando a cana e o último que querría é molestar.
-Non, non, non molestas...

*FINALIDADE: Dar á impresión de que es un tío decente e mostrarte como unha persoa educada. Non vas a ligar: namoracheste.

MISIL 2: "FIRST BLOOD"

- ¿Como te chamas?
- XXX, ¿e ti?
- YYY (Dicir a verdade é optativo, pero é recomendábel). ¿Ves moito por aquí?
- De vez en cando.
- Extráñame. Non lembro verte, e se te vira lembraríame...
- Xa...

*FINALIDADE: Lanzamento do primeiro piropo. Obsérvese que é lanzado para intimidar, non para tocar. Non pongades cara de viciosillos.

MISIL 3: "WHERE EAGLES DARE"

- Bueno, ¿e que fas por aquí?
-Pois nada, bailando con:...
[WARNING]

  1. Unhas amigas -->OK
  2. Uns amigos --> RED ALERT

-¿E o teu noivo onde está?
-¿Ti preguntas moito, non?
-É que son moi curioso para según que cousas...


    *FINALIDADE: Ademais de artilleros somos espias infiltrados nas filas enemigas. Da información que obteñamos depende o éxito da nosa misión. Como efecto indirecto obsérvase o lanzamiento dun segundo piropo, tamén de carácter intimidatorio.

    MISIL 4: "CONDITION CRITICAL"

    Aquí barállanse 4 opcións, otorgándonos no mellor dos casos unha taxa de éxito do 49%. Estamos na primeira situación crítica da batalla. En función do potencial enemigo, replegaremonos ou atacaremos con máis fiereza. Non imos a ter máis información que a que poidamos conseguir.

    a) - O meu noivo está na barra, lavabo, gardarroupa...

    PROCEDEMENTO:

    -Pois nada, dille que é moi afortunado.

    b) - O meu noivo non saíu. Ten exames e non sae.

    PROCEDEMENTO:

    -Vaia, ¿e déixate a ti soa por estos mundos de Deus?
    - Si. Xa me sei coidar soa.

    Nesta fase éntrase nun rifi-rafe imprevisíbel de consecuencias imaxinabeis, que por aleatorio queda fóra de noso análise.

    c) - O meu noivo no saiu. Ten exames e non sae.

    PROCEDEMENTO:

    - ¿E deixate a ti soíña por estos mundos de Deus?
    - Bueno, é que ultimamente non imos moi ben. Pelexamonos moito, el quere saír cos seus amigos,...
    - ¿Prefire saír cos seus amigos antes que contigo? Debe estar tolo...
    - Xa sabes como sodess os chicos...
    - Non todos. Eu por exemplo, e non é para facerme o bo, cando estou con alguen o é todo para min. Ollo: doulle toda a libertade do mundo e tal, pero para min ela é o máis importante...

    Tras esta ruín sarta de mentiras lamentábel e condenábel, hachámonos nun escenario perigoso. Dependerá do bo facer do soldado o éxito ou o fracaso da incursión. O comité quixera recalcar a vontade mal maquillada da vítima de buscar xaleo, ou ben que precisa un psicólogo (e éste NON é o noso traballo). En situacións desta índole a profesionalidade e as táboas do soldado daranlle a vitoria. É un marco no cal un soldado de infantería probabelmente perecería.

    d) - Non, non teño noivo

    PROCEDEMENTO

    1. Manter a calma. Que non se vos poña a picha tiesa.
    2. Non vos confiedes: que o inimigo non teña artilleria pesada non significa que a batalla esté gañada. A concentración a tope SEMPRE.
    3. Non a invitedes a unha copa. Aparte do menoscabo de liquidez que significa (polo cal xa podría ser descartado de oficio), dá a impresión de que isto sexa unha barra americana e por tanto ELA A PUTA.
    4. O comité recomenda proceder como segue:

    MISIL 5: “O FINO ESTILISTA” (Fase crucial)

    - Non ,non teño noivo.
    - ¿Que non tes noivo? Non me enganes muller, que non estou cego...
    - Dígocho en serio.
    -EMERGENCY-

    O manual do comité fala de 3 estratexias puras, e infinidade de estratexias mixtas. Centrarémonos so nas primeiras (De menos a máis agresivas):

    ESTRATEXIA 1: "O VOO DA GALIÑA"

    Pois nada: ir mareando a perdiz con máis ou menos estilo ata que caiga.
    (Nota do Comité: en realidade descoñecense os pormenores da táctica ao non ser moi utilizada)

    ESTRATEXIA 2: "O IMPERIO CONTRAATACA"

    - E dime, ¿como é posíbel que unha chica tan tremendamente guapa e simpática non teña noivo?
    - É que...- neste momento nos explicará algún dramón lamentábel e tedioso que non imos escoitar
    (con toda probabilidade poñendo a parir aos tíos: son uns egoístas, fixéronme moito dano, xa non me fío de ninguén,...).

    Non obstante, finxamos gran atención, ladeemos a cabeza periodicamente, vaiamos asimesmo afirmando tamén coa cabeza cando se indigne, frunzamos as cellas cando faga frases longas, e collámola suavemente do brazo finxindo que temos dificultades para oír de lonxe o que nos di, que nos parece MOI INTERESANTE. Seguirá a conversación por cauces que ignoramos (non olvidemos que vamos moi bebidos) ata que nun instante de silencio (descontando a música máquina) finxiremos que imos dicir algo pero que nolo calamos. É un xesto moi técnico e require gran práctica.

    - ¿Que ías dicir? -preguntará a inocente e potencial vítima-
    - Non, nada... veume unha cousa á cabeza....
    - ¿Que era?
    - Íache dicir unha cousa pero é igual...
    - MASTER CAUTION- Neste momento unha tía, a non ser que sexa tonta de capirote, xa sabe cal é a situación.

    1. Se non re-pregunta --> a sudar un rato máis.
    2. Se re-pregunta:

    - Veña, dimo - di a pobre -.
    - É que son moi tímido... de verdade que dá igual, XXX

    (Nota do Comité 1: é moi importante acabar as frases dicindo o seu nome. Non cada vez pero unha de cada 2 ou 3. Dá un trato máis personalizado, que ao fin e ao cabo é o que buscamos... Se a cousa vai a maiores podremos chamarla ceo, cariño, etc, e esquecer definitivamente o seu nome)
    (Nota do Comité 2: nesta fase tan tensa, é moi importante NON levantar a vista pola discoteca, xa que se se establece contacto visual cun amigo imos descoxonarnos de risa invariablemente, o que retrasará, ou incluso abortará a misión que nos foi encomendada.)

    - Dimo, veña, non sexas tímido...
    - Jolín... odio estas situacións... pois iso, que...
    MULTIPLE CHOICE:

    1. ...se che podo bicar.
    2. ...namoreime de ti. Xúrocho...
    3. ...eres a muller máis fermosa, bla, bla, bla,.... (a criterio do árbitro)

    Resposta invariábel da chati:

    - ¿¡¿¡¿¡¿¡¿¡¿¡¿¡¿¡¿¡¿¡COMORRRRRRRR?!?!?!?!?!?!?!?!?!?
    - Pois iso. Querías que cho dixera e xa cho dixen. Se te queres rir de min, rite. Eu tíñacho que dicir....

    (Nota do Comité: Neste momento aconséllase, para suavizar a tensión reinante, a aplicación do Algoritmo de Mc Gregor-Henseilweiss:

    -Sinceramente: cautiváchesme dende que te vín. Quería dicirte algo pero non me atrevía. Tiven que ir á barra e insuflarme tres gin-tonics para reunir o valor de vir a decirche algo. Se non o fixera, non mo perdoaría xamais. - "É corto e eficaz. Convén memorizalo de carreriña pois a nosa capacidade de análise e raciocinio é parella á do gusano de seda.)

    A partir daquí, a reacción dela divídese en tres reaccións, perfectamente tipificadas:

    1) - Non. Eu non busco rollos dunha noite.

    PROCEDEMENTO: Temos dúas opcións:

    I) Pídelle o número de teléfono e adeus. Ideal se levamos unha trompa como un trailer e os nosos amigos tampouco ligaron.

    II) Seguir apretando com’un campión:

    - Equivócaste comigo. Eu non son así. Estou sendo sincero contigo. Simplemente quería bicarte, e como quero ser sincero contigo dixencho. Ademais ti pedichesme que che dixera o que pensaba...

    (Nota do Comité: fase escabrosa, cun final difícil de pronosticar. De novo o partido está en mans do artilleiro. Factor en contra: o cansanzo unido á alcolemia é unha bomba de reloxería.)

    2) - ¿Non cres que vas moi rápido?

    PROCEDEMENTO: Sinónimo de que quere xaleo. Con paciencia e técnica pódese afirmar que o gato está na guanteira. Recomendamos:

    -Quizais si que vou rápido, pero é que o meu corazón tamén vai rápido. Foi un flechazo e... (Neste momento o escribinte púxose a vomitar coma un neno. É comprensíbel.)

    3) - Bueno, vale...

    Impúxose a lóxica: era un zorrón do 15 e ahí estamos. Outro rosco.

    ESTRATEXIA 3: "A CARA DESCUBERTA"

    Tras manifestarnos o inimigo que non ten noivo, as técnicas máis comunmente aceptadas són:

    1. - ¿Podo ser o teu noivo? / ¿Queres casarte comigo? (trátase do xa mítico método Clinton-Gaskinnen) -> moi cachonda a saída-> Pondrase a rir e baixará a mirada -> isto é bo para os nosos sucios intereses.
    2. - ¿Gústoche? -> disparando con bala. No se vai a pronunciar, pero xa é nosa. O seu error foi descoidar os flancos.
    3. - Deséxote como nunca antes desexara a ninguén. -> heavy metal a tope. Se cola, aforramonos media hora. Risco: descojone do calibre 22. Sexamos serios: non miredes NIN POR ASOMO aos amigos.
      (Nota do Comité: Neste punto, aconsello non seguir o manual e deixar certo marxe á nosa depauperada intelixencia. (É arriscado, seino, pero tamén é bonito gañar por méritos propios...)

    MISIL 6: "SHOOT TO KILL"

    Xa lle metimos a nosaa sucia lingua na súa boca (é duro pero éche o que hai). Temos unha vantaxe: que o noso obxectivo é claro: FORNICARLA. E unha desvantaxe: a súa falta de colaboración (a priori). É o momento de que o Comité de Negociación (formado por nós e as nosas pelotas) lime asperezas en pro dunha saída negociada do conflito sen derramamento de sangue. Estamos na terceira fase crucial. Tipificáronse as seguintes continxencias:

    a) O noso peido: factor hostil, tanto para a nosa capacidade de análise como para os nosos cochinos obxectivos na cama. O Comité aconsella NON BEBER MÁIS chegados a este punto. Somos conscientes da repulsa que tal dictamen orixina, pero a misión é o primeiro.

    b) O seu peido (a dela): factor favorábel. De feito, dado que non nos aclaramos e que somos incapaces de convencer a un mandril de que non fume, é a nosa baza máis forte, por non dicir a única. Se vemos que articula 2 ou máis frases coherentes, deberemos insuflarlle coa máxima urxencia outra copa (aconsellamos vía oral). Falando da negociación en sí, interesaría mostrarse moi solvente no ámbito amatorio, pero non phantom. En calquiera caso, temos un 85% de non dar pé con bola -> deberemos recurrir ao Algoritmo de Cervantes, que consiste simplemente en parecer mancos. ¿Que como se fai? pois meténdolle a mano por todas e cada unha das aberturas ou potenciais aberturas do seu atuendo. Se nos colle a man, coa outra, e así tirando e afloxando. Temos 2 finais previstos:

    1. Péganos unha hostia que nos deixa serenos.
    2. Risas e tal e cual -> acabará deixándose.

    c) O factor mórcego ou Bat-factor, detectado polo Comité nun arriscado viaxe á Amazonia. Consiste en: a tía á que apretas vai cunha amiga dun metro vinte, baixa, gorda, depresiva e filla de puta. En canto ELA considere que te sobrepasas coa amiga ou en canto vexa que planeades marcharvos, collerá á amiga por banda, e en medio minuto a túa vendrá e dirache que se debe ir inmediatamente, deixándote con cara de tonto. Nin dicir ten que o mesmo fenómeno se dá nun 2 contra 3. É obvio: ninguén se quere comer á mórcego e ésta consólase dinamitando os plans da que está wena. ¡¡Moito ollo con isto!!

    MISIL 7: A TOMA DE BERLÍN

    Achégase a gloria. As tropas aliadas entran polos alpes ondeando as bandeiras de Jack Daniel's. Neste momento somos meros títeres dunha muller perversa. Nada do que digamos ou fagamos servirá de nada. Ela fará o que queira, e se follas, será porque ela che follou. Non o esquezas. A túa obriga era levar as pelotas ata aquí. Pase o que pase o Comité está orgulloso de ti.
    Hai varias tipoloxías de chatis que analizamos de seguido:

    1. Xibraltar: É unha estreita e deberías habelo visto antes. É tan ruín que é capaz de despedirse con dous besos. Arrepíntense do (pouco) que fixeron na disco.
    2. Xibraltar borracha: Imprevisíbel. Os casos estudados déronnos unha varianza do termo de perturbación asombrosa. Resultados non extrapolabeis. ¡¡Treme!!
    3. Tía normal (é un dicir): difícil de precisar. Nesta continxencia é moito máis importante o factor Mórcego.
    4. Van Basten: tras uns primeiros compases moi prometedores parece deshinflarse sen que queden claros os motivos. Acabara índose a casa (polo che dará algunhas discretas mostras de afecto). Non é malo.
    5. Indurain: tras un inicio non particularmente prometedor, explota nun momento dado e te despellexa nun hotel. Escasísima.
    6. Tyson: Empeza forte e acaba forte. Seguramente entrouche ela sígueche apertando ela. É o que en terminoloxía técnica chamamos Putón Verbenero.
    7. Quentapichas: é tan reprobábel que nin falaremos dela.

    CONSIDERACIÓNS ADICIONAIS:

    a) Contador de roscos: Artigo 3, parágrafo 5º, sección terceira: "Considerarase rosco toda aquela actividade acorde ao reglamento (que sexa inter-vivos, que non existan vínculos familiares e de carácter heterosexual) na cal haxa existido contacto expreso entre as dúas (ou máis) linguas."

    b) Deben considerarse tamén as externalidades:

    1. Se os amigos ligan, debemos ligar, se hai que bajar o listón, ou incluso tíralo ao chan, tírase e xa está.
    2. Son zorras a non ser que se demostre o contrario. Se se considera probada a súa inocencia, aconsellamos deixar en paz á pobre vítima.
    3. Hai que ter xeito coas copas: nunca fagas a última, en todo caso a penúltima.
    4. Se aa tía está wena é que estabas borracho e non sabías ónde ías. Xa que Deus che deu este agasallo, non o desaproveites.
    5. Non te leves á cama a unha chati se vas tan trompa que sabes que non podes cumplir. Queda com’un campión ("non quero precipitarme contigo") e déixaa a tiro para mellor ocasión.
    6. Non convén chamar a atención a posteriori. O número que nos deu pode ser queimado (Método Victorievich) ou gardado cómo trofeo de guerra (Método Gaskinnen).
    7. Se a llamas -> gústache moito -> namoraraste -> dáte por fastidado. Non vas ser o primeiro que abandoe os Corpos de Élite, pero ogallá sexas o último. Vendido, bragas, chaqueteiro,...

        Eña, sen mais...

        Califica esta entrada:

         Esbardallado ás 11:55:00 da tarde por kaka      2 comentarios

        sexta-feira, novembro 11, 2005

        Curso de como falar en gañán


        Hoxe ensinareivos como falar en gañán co curso chamado "como falar en gañán":

        Saúdos:

        ¿Que é iso de verse de lonxe e non saudarse? Faise tal que así:

        - ¡Ai Manolooo!
        - ¡Ai Benitooo!
        - ¿Cómo che vai figura?
        - De vicio, estrela

        Explicacións:

        Estamos nesta situación:

        - ¿Por onde queres que comece a vendimiar?

        E a continuación as posibeis respostas:

        Resposta en Mode Gañán Off:

        - Polo segundo bancal da dereita.

        Así ninguén se entende, vexamos a forma correcta:

        Resposta en Mode Gañán de Angrhois On:

        - ¿Ves aquel bancal dalí? Pois ese non, o seguinte.

        Expresións:

        - Non che digo nada e dígocho todo.
        - Pechamos portas e soltamos galgos que xa estamos todos.

        Expresións:

        - Otobus (autobus).
        - Inición (inxección).
        - Cobete (cohete).


        Pois iso, espero que vos sexa util.......

        Eña, sen mais
        Califica esta entrada:

         Esbardallado ás 10:00:00 da tarde por kaka      3 comentarios

        terça-feira, novembro 08, 2005

        Post mítico


        Hoxe quero anunciarvos que teño xa case todo preparado para publicar o post definitivo, un artigo que marcará un antes e un despois na historia da humanidade e que deixaría a chegada do home á Lúa como unha mera anécdota sen importancia. É un post orixinal, divertido, interesante… vamos, teno todo. É o mellor é que subirá as visitas do meu blog a cifras comparables ás de google ou tiasbuenas.com(non lle vou poñer enlace que non quero ser cómplice das vosas marranadas, cochinós...), e creará tal fascinación sobre a miña persoa que riadas de mulleres vendrán ao meu encontro con indecentes e sucias proposicións (ás que un ser tan despreciábel e xeneroso coma min non podrá poñerlles freo xamais...).
        Desenlace: venres 11 de novembro ás 22:00 h
        Eña, sen mais

        Etiquetas:

        Califica esta entrada:

         Esbardallado ás 9:21:00 da tarde por kaka      1 comentarios

        domingo, novembro 06, 2005

        Os guarros


        Hoxe, paso a explicarvos o modus operandi guarros (paisanos de Angrhois), porque hai xente nace así e non se lle pode facer nada. Imos logo:

        Un guarro, por definición, é aquela persoa que é capaz de entrar un sábado pola noite gratis nunha discoteca co selo do sábado anterior. Ademais ten mérito dobre xa que co pesturrio que botaría seguramente non lle deixarían entrar. Pero pra iso hai unha solución made in Angrhois: se es un guarro total empregarás a ducha portátil. A ducha portátil inventouna un amigo meu, non vou dicir quen, porque moitos xa sabedes que é, nun viaxe. O chaval non tiña ganas de ducharse e inventou o novo metodo de ducharse. Ten o seu mérito, a ninguén se lle ocurrera antes. A ducha portátil en cuestión era un bote de Axe. Non sei se sería Marine, Atlantis ou Pulse; non hai demasiada diferencia ao fin e ao cabo, pero mesturar o olor de Axe, forte xa de por sí, co olor, o fedor, corporal é algo próximo a un arma de destrucción masiva (o IVA del Axe).
        O ser guarro, de todos os xeitos, sempre está relacionado cos homes. Sen ir a casos extremos como os anteriores, os homes temos fama de guarros. De descoidar os nosos lavados e de non perfumarnos. Isto estase acabando co metrosexualismo, pero a idea segue no aire. As mulleres polo contrario son limpas por definición, por iso o apelativo "guarra" ten outro signficado nas mulleres, xa o di o buscador de sinónimos de word. Un home guarro é sinónimo de sucio; unha muller guarra é sinónimo de puta. É unha visión machista da linguaxe que fai o Word, pero tendes que ver que o corrector de sinónimos ve ás mulleres limpas por naturaleza. Coidanse moito máis.
        Tamén é sinónimo de guarro tirarse peidos e erutar. É dicir expulsar os gases do corpo. Iso é aplicable tanto a homes como a mulleres, xa que todo o mundo ten gases, é algo natural. O que non se entende que algo que de pequenos é xaleado, de maiores convírtese en algo feo. Cando es un bebé: "Vai, veña, ese erutiñoooo". E cando o neno se bota un peido: "Oleeeee, ese é o meu neno, ai, un peidiño, jajaja, jijiji". Pero claro, cando o neno se convirte nun adolescente de 16 anos ese erutiño e ese peidiño convertense nuns asquerosos erutos e nuns federentos peidos de campionato.
        Xa que logo, a moralexa deste post é: hai que lavarse. O olor corporal adoita ser maloliente e hai que saír limpo á rúa e a poder ser perfumado, que logo a xente vos vai mirar, e oler, mal. ¡A ducharse toca!

        Eña, sen mais


        PD: fonte = post publicado por un compañeiro no mundo esta tolo.

        Etiquetas:

        Califica esta entrada:

         Esbardallado ás 6:22:00 da tarde por kaka      2 comentarios

        sábado, novembro 05, 2005

        Bares e restaurantes de Angrhois


        Hoxe vouvos comentar como son os bares e os restaurantes que temos en Angrhois:

        En primeiro lugar falareivos dunha hamburguesería “tipical Angrhois” á que bautizaron co nome de “A Xigante”. As súas especialidades son as hamburguesas de 24 centímetros de diámetro, os perritos calientes cunha salchicha de 30 centímetros e os sándwiches que miden case 40. E se non mirade as dimensións tipo Gulliver da hamburguesa, o sándwich e o perrito caliente da imaxe. Moita fame hai que ter para dar conta desas pezas descomunais.


        A miña segunda parada é na cervexería "Green Place", que abriu as súas portas hai 4 meses. Trátase dun local da marca Heineken e a principal novidade é que oito mesas dispoñen do sistema autopull, imos ver, dito en cristiano, que hai oito mesas cun grifo que bota cerveza para bebas canto che pete. É algo semellante ao das gasolineiras. A cantidade que botas na xerra aparece reflexada nunha pantalla de 52 pulgadas.

        Pois iso, que vexades como son os bares e os restaurantes de Anghrois.

        Eña, Sen mais

        PD: ¿como se di perritos calientes en galego?¿canciños quentes?
        PPD: fonte = artigo publicado en “A voz de Galicia”, que se queredes podedes leelo completo aquí.

        Etiquetas:

        Califica esta entrada:

         Esbardallado ás 10:53:00 da tarde por kaka      1 comentarios

        sexta-feira, novembro 04, 2005

        Posición do meu blog


        Queria comentarvos que a intensiva campaña de publicidade do meu blog (que por certo, dende agora o sera menos pois cheguei a un acordo con Santi no que eu lle cedía os dereitos de todos os meus resumos e el poñía o meu blog de pop up da súa dos deberes) deu os seus froitos, e para que o vexades vos mesmos (porque xa sei que pasades como o cu disto e non o ides ir mirar) poñovos aquí a meu gran ascenso de posicións nesta primeira semana no rankin:

        Dicir que todas estas posicións son sobre o rankin internacional, que no nacional estou agora mesmo de 41. E do nacional ía falarvos eu, o meu obxectivo a corto-medio prazo é meterme no top 20 nacional antes de fin de ano.... sempre que conte coa vosa axuda.

        Weno pois por todo iso que vos comentei, MOITAS GRAZAS, pois sen as vosas visitas non estaria hai.

        Eña, sen mais

        Etiquetas:

        Califica esta entrada:

         Esbardallado ás 11:37:00 da tarde por kaka      4 comentarios

        quarta-feira, novembro 02, 2005

        ¿Arriscar ou esperar?


        O mesmo que fixo Micho o outro día no seu blog, fago eu agora e vos poño aquí o que se me deu por pensar o outro día, que, aínda que sexa só por unha vez, creo que se lle pode aplicar tamén aos demais:

        Adoitamos pasarmos a vida esperando cousas que nunca chegan, e que podríamos conseguir facilmente se nos mesmos intentaramos ir a por elas. Pero o que nos frena é o medo a trabucarnos.
        Dende fai un tempo penso que necesito un cambio na miña vida, e sempre me conformei e pensei que xa viría co tempo, pero xa me estou aburrindo de tanto esperar. As cousas non caen do ceo, moitas veces has de ser ti mesmo o que ha de buscalas. E a verdade é que custa traballo. Os cambios asustan, non adoitan ser do todo previsibeis. Si, quizais teña demasiado medo ao fracaso.
        É necesario arriscar se non queres quedarte estancado. Precisamente esa é a sensación que teño. É como se avanzara moi lentamente e non rematara de deixar atras unha etapa xa pasada da miña vida, que realmente xa non me preocupa.
        Nin sequera sei por onde comezar, e por moita palabrería que escriba ao final no farei nada, ou será algo insignificante. Non é que non me guste a miña vida, nin moito menos, pero sempre é o mesmo, día tras día, e xa está comzando a cansarme tanta rutina. Será cuestión de comenzar pouco a pouco... Como di o refrán: "Renovarse ou morrer".

        Eña, sen mais.

        PD: dicir que esto non o pensei eu por afección... se non que veu dunha conversación que tiven eu cunha persoa que xa sabe ela quen é...

        Etiquetas:

        Califica esta entrada:

         Esbardallado ás 8:58:00 da tarde por kaka      2 comentarios

        terça-feira, novembro 01, 2005

        Almanaque de exames


        Fai un momento Santi posoume unha páxina que pode ser do voso interese, pois nele fixo un calendario onde anotaba os exames, traballos e demais gaitas da nosa clase....

        Pois iso, polo pronto deixovos aquí o enlace, pero puxénvolo tamén no calendario dos post.

        Díxome tamén que se vedes que falta algo ou hai algún erro ou movidas do estilo que llo comuniquedes a el directamente ou a min (supoño que pode valer que deixedes aqui o comentario....)

        Eña, sen mais...

        Etiquetas:

        Califica esta entrada:

         Esbardallado ás 5:31:00 da tarde por kaka      3 comentarios

        CiberIrmandade

        UNA VIÑETA CADA DÍA