Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, novembro 18, 2005

historia e clasificación do peido


Este traballo vai encamiñado a defender esta necesidade fisiolóxica, execrada inxustamente por case todos os humanos, sen lembrar que, case todos nós nos peideamos, ou como demos se diga, cando ninguén nos oe e quedamonos tan satisfeitos despois.

Os hipócritas empeñáronse en dicir que o peido é un ruído molesto e indecoroso, que ofende e denigra ao que o escoita e expele respectivamente. Nada de señores. O peido é, foi e será sempre, unha fonte de hilaridade sanísima, que produce efectos optimistas e é inevitable en moitas ocasións.

Ninguén dende que o mundo é mundo puido evitar el botarse un peido diariamente e detrás de Marco Antonio, peideronse Nerón, a Pompadur, Voltaire, Napoleón, (antes e despois de Santa Elena), a Chelito, Picasso, e cantos seres existiran.

Hoxe en día botanse peidos: Magistrados, Militares (con ou sen graduación), Catedráticos, Tarraconenses, Filósofos , e o publico en xeral (e o de butaca), sen que ninguén poida evitalo. Pois ben, se botarse un peido é inevitábel e ata san, ¿por que non podemos aceptar o que a natureza nos impón?

Sexamos consecuentes e non condeemos unha cousa que todos facemos e que non ten outra defensa que deixarse oír. ¡¡Por favor señores!! Non condeemos ao peido sen oílo!.

Tamén é verdade que hai peidos indecentes que non son dignos de escoitarse, nin son tolerabeis. Para eses a nosa repulsa e enemistade mais violenta. Pero cos peidos inocentes e hilarantes, sexamos benévolos. Meréceno. Por esta razón vou tratar de clasificalos para coñecemento de todos:

1- PEIDO HONRADETE: É o que se expele nunha soa emisión de voz, é ruidoso e curto, e apesta. Adoitan tiralos os gandeiros, os atletas de circo, os vascos de caserío, e os hinchas do Salamanca.

2- PEIDO CÓMICO: Soa agudamente, é trémulo, e morre un da risa ao oílo. Botano os empregados de banca, os perruqueiros, os botóns de casino e as señoras con abrigo de pel e moito cu.

3- PEIDO CON RABO: É o que comeza fino e remata con porra, cheira que apesta. Bótano os carteiros durante o reparto, os municipais, os serenos e as donas das casas de hóspedes. Levantan airadas protestas nos "peidoespectadores" e non son aceptábeis.

4- PEIDIÑOS (tamén chamados AVELÁS): Son peidos pequenos, de escasa duración e que saen en "ristra" como os allos. Tírannos de cinco en cinco as mecanógrafas, as telefonistas, as caixeiras de farmacia. Adivínase enseguida onde está a emisora polo coloradas que se poñen e a peste que se masca.

5- CUESCOS: Son peidos blandiños con sonido agudo, que case sempre deixan nicotina nos gallunbos (ou bragas) e cheiran malísimamente. Bótanos os que pasan moitas horas do día sentados, estudantes, banqueiros, notarios e abogados con pleito. Son unha verdadera cochinada.

6- FALLIDOS OU BUFAS: Son os máis traidores que se poden imaxinar porque non avisan e cando un se decata xa nos foi a metade. Deixan unha estela longuísima e está hulindo durante un cuarto de hora ou máis. Non son admisibeis. O que se tira unha "bufa" é un porco.

7- PEIDO ACUATICO: É o que nos tiramos dentro da bañeira, na piscina, no río, ou na plaia. Son simpatiquísimos, non molestan a ninguén, apenas cheiran e ademais cando saen fan burbulliñas.

8- PEIDO INVERNAL: É de medo, é o que nos botamos na cama, cando estamos ben arropadiños. Cando nos lembramos del, metemos a cabeza debaixo das mantas e tragamolo enteiro.

9- PEIDO MAÑANEIRO: O que nos tiramos á primeira hora da maña según vamos ao cuarto de baño a lavarnos, é por dicilo así, o que nos avisa de que comeza unha nova xornada.

10- PEIDO CINEASTA: Tamén é de alivio, parece vir arrastrándose polo chan e trepar polas pernas do espectador ata que chega ás narices. Non hai defensa. Cando se prende a luz todos miramos con odio aos nosos veciños de diante.

11- PEIDO ORFO: É aquel que percibimos polo seu aroma, e do que ninguén se fai responsábel, non ten pai o coitado.

12- PEIDO NUPCIAL: É o peido que despois de gañada a confianza necesaria, compartiremos con outras persoas na cama, é dun efecto bastante curioso, pois produce risas ao mesmo tempo que bochorno, despois disto a parella xa está preparada para afrontar calquer problema. É aceptábel, pois crea unión.

13- PEIDO ZAPATEIRO: É o que se nos escapa cando intentamos anoarnos os cordóns dos zapatos. A postura violenta, fai que o peido sexa ruidoso. Adóitase mirar rápidamente cara atrás e se non ven ninguén respírase con satisfación.

14- PEIDO GRAXENTO: É o que se bota o soldado cando vai en formación, se a tropa desfila despois do rancho e este foi de xudías . Estes peidos son tóxicos. Moitas baixas de oficiais foron producidas polos pedos "marciais". Cando o que se peidea é o xefe que vai a cabalo non hai quen o esquive.

15- PEIDO SENIL: Tírano as vellas a primeira hora do día na igrexa e despois tusen un pouquiño para disimular.

16- PEIDO ARTÍSTICO: Son os que se tiran algúns virtuosos do peido, e que mediante certas posturas da nalga, logran o sonido desexado: agudo, grave, etc. Estes peidos son máis ben para concurso.

17- PEIDO MULLIGAN: É o que se tiran os golfistas no teedel 1 cando colocan o estance, se á esquerda hai un lago e á dereita un fóra de límites, está permitido repetilo, pois se considera que se botou baixo presión.

18- PEIDO PROVISIONAL: Segundo o reglamento da Royal & Ancient, é o peido que se tira un cando foi buscar unha bóla ao bosque que previsibelmente pode haberse perdido. Se o bosque foi declarado área de protección ecolóxica, dito pedo está penalizado pola regra 40-2b con dous golpes de penalidade, polo posíbel impacto ecolóxico ocasionado.

19- PEIDO STABLEFORD: É unha modalidade de peiderse para concursos, na que a cada pedorro se lle adxudica un hándicap, que vai en función da súa habilidade, e de se inxeriu previamente bebidas gasosas (Coca-Cola, Vichí, etc.) ou se se comeu cocido ou fabada.

20- PEIDO PUTT: Na modalidade masculina, é o que se tira o xogador a falta dun metro para embocar a bola mentras di "a ver se a meto". E na modalidade feminina, nas mesmas circunstancias, pero dicindo "a ver se me entra".

21- PEIDO CONSCIENTE: Terminamos a clasificación con este, que é diferente aos demais. Tíramolo voluntariamente, aproveitando o momento no que estamos sós, levantamos unha nalga e ¡zas! . Despois se traballa máis agusto.

Espero que vos gustara....


Eña, sen mais
Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:11:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

La ostia simplemente jajajaj xDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD

sábado nov. 19, 12:29:00 da manhã  
Blogger O puyol do CDM dixo...

jajaja esos pedos hay q tar aburrio pa ponerse a clasificar los pedos jejeje

sábado dez. 31, 04:39:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

Quen fixo o estudio?? eu soamente coñecia 3: pamplona, valladolid e Hace buen tiempo!! (e están clasificados asi cientificamente)

sábado dez. 31, 07:27:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA