Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, novembro 12, 2005

Manual de.....


Dicir que este post pode serlle útil a alguén e ter o seu chiste pero, polo menos segundo o meu criterio, non é aplicábel, e se o poño aquí e simplemente porque supoño que a maioría lle vai facer chiste:

CONSIDERACIÓNS PRELIMINARES:

  1. Hai que pasar por todos os puntos clave, mais a forma de chegar a eles é discrecional.
  2. O espírito do manual é de carácter orientativo .NoN se aconsella a súa aplicación ao pé da letra, mais en casos de extrema embriaguez animamos a que sexa seguido especialmente de cerca. Hai unha máxima do Comité que rara vez fallou: "Non penses, que a cagas".
  3. E o máis importante: HAI QUE INGRESAR NO CAMPO DE BATALLA CON ALGO DE SANGRE NO ALCOHOL. A non observación desta norma pode acarrear a suspensión cautelar da licenza federativa de pesca sen cana.

FASE PREVIA: "SWITCH ON THE SCANNER"

Trala triunfal entrada pola porta principal, pola que entramos e pola cal INTENTAREMOS saír, hai que activar con inmediatez escáner e sónar (se dispuxéramos del). Éste nos marcará posicións netas e puntuacións brutas. Isto significa que á puntuación que nos de o escáner haberá que restarlle 0'75 puntos (escala 0-10) por copa consumida a partir da sexta, e medio punto adicional por cada hora que pase das 4 (trátase do Algoritmo de Justerini & Brooks), Exemplo: Unha tía, así a bote pronto é un 6. Son as 5'15 e bebiches ata a auga dos floreiros (estimemos 10 copas). Aplicando o xa citado Algoritmo de Justerini & Brooks, quédanos: 6- 4 · 0'75 - 1 · 0'5 = 2'5. O resultado obtido refírese á chica vista ás 5 da tarde, con luz natural e sen maquillar. Sei que é escalofriante, pero é así. Aínda así os coeficientes (0'75 e 0'5) son axustables individualmente en función das idas de pelota en ocasións anteriores.

MISIL 1: “POINT OF ENTRY”

-Hola, perdoa, ¿podo falar un momento contigo?
-Si, claro, ¿por qué non?
-Non, é que está cheo de tíos tirando a cana e o último que querría é molestar.
-Non, non, non molestas...

*FINALIDADE: Dar á impresión de que es un tío decente e mostrarte como unha persoa educada. Non vas a ligar: namoracheste.

MISIL 2: "FIRST BLOOD"

- ¿Como te chamas?
- XXX, ¿e ti?
- YYY (Dicir a verdade é optativo, pero é recomendábel). ¿Ves moito por aquí?
- De vez en cando.
- Extráñame. Non lembro verte, e se te vira lembraríame...
- Xa...

*FINALIDADE: Lanzamento do primeiro piropo. Obsérvese que é lanzado para intimidar, non para tocar. Non pongades cara de viciosillos.

MISIL 3: "WHERE EAGLES DARE"

- Bueno, ¿e que fas por aquí?
-Pois nada, bailando con:...
[WARNING]

  1. Unhas amigas -->OK
  2. Uns amigos --> RED ALERT

-¿E o teu noivo onde está?
-¿Ti preguntas moito, non?
-É que son moi curioso para según que cousas...


    *FINALIDADE: Ademais de artilleros somos espias infiltrados nas filas enemigas. Da información que obteñamos depende o éxito da nosa misión. Como efecto indirecto obsérvase o lanzamiento dun segundo piropo, tamén de carácter intimidatorio.

    MISIL 4: "CONDITION CRITICAL"

    Aquí barállanse 4 opcións, otorgándonos no mellor dos casos unha taxa de éxito do 49%. Estamos na primeira situación crítica da batalla. En función do potencial enemigo, replegaremonos ou atacaremos con máis fiereza. Non imos a ter máis información que a que poidamos conseguir.

    a) - O meu noivo está na barra, lavabo, gardarroupa...

    PROCEDEMENTO:

    -Pois nada, dille que é moi afortunado.

    b) - O meu noivo non saíu. Ten exames e non sae.

    PROCEDEMENTO:

    -Vaia, ¿e déixate a ti soa por estos mundos de Deus?
    - Si. Xa me sei coidar soa.

    Nesta fase éntrase nun rifi-rafe imprevisíbel de consecuencias imaxinabeis, que por aleatorio queda fóra de noso análise.

    c) - O meu noivo no saiu. Ten exames e non sae.

    PROCEDEMENTO:

    - ¿E deixate a ti soíña por estos mundos de Deus?
    - Bueno, é que ultimamente non imos moi ben. Pelexamonos moito, el quere saír cos seus amigos,...
    - ¿Prefire saír cos seus amigos antes que contigo? Debe estar tolo...
    - Xa sabes como sodess os chicos...
    - Non todos. Eu por exemplo, e non é para facerme o bo, cando estou con alguen o é todo para min. Ollo: doulle toda a libertade do mundo e tal, pero para min ela é o máis importante...

    Tras esta ruín sarta de mentiras lamentábel e condenábel, hachámonos nun escenario perigoso. Dependerá do bo facer do soldado o éxito ou o fracaso da incursión. O comité quixera recalcar a vontade mal maquillada da vítima de buscar xaleo, ou ben que precisa un psicólogo (e éste NON é o noso traballo). En situacións desta índole a profesionalidade e as táboas do soldado daranlle a vitoria. É un marco no cal un soldado de infantería probabelmente perecería.

    d) - Non, non teño noivo

    PROCEDEMENTO

    1. Manter a calma. Que non se vos poña a picha tiesa.
    2. Non vos confiedes: que o inimigo non teña artilleria pesada non significa que a batalla esté gañada. A concentración a tope SEMPRE.
    3. Non a invitedes a unha copa. Aparte do menoscabo de liquidez que significa (polo cal xa podría ser descartado de oficio), dá a impresión de que isto sexa unha barra americana e por tanto ELA A PUTA.
    4. O comité recomenda proceder como segue:

    MISIL 5: “O FINO ESTILISTA” (Fase crucial)

    - Non ,non teño noivo.
    - ¿Que non tes noivo? Non me enganes muller, que non estou cego...
    - Dígocho en serio.
    -EMERGENCY-

    O manual do comité fala de 3 estratexias puras, e infinidade de estratexias mixtas. Centrarémonos so nas primeiras (De menos a máis agresivas):

    ESTRATEXIA 1: "O VOO DA GALIÑA"

    Pois nada: ir mareando a perdiz con máis ou menos estilo ata que caiga.
    (Nota do Comité: en realidade descoñecense os pormenores da táctica ao non ser moi utilizada)

    ESTRATEXIA 2: "O IMPERIO CONTRAATACA"

    - E dime, ¿como é posíbel que unha chica tan tremendamente guapa e simpática non teña noivo?
    - É que...- neste momento nos explicará algún dramón lamentábel e tedioso que non imos escoitar
    (con toda probabilidade poñendo a parir aos tíos: son uns egoístas, fixéronme moito dano, xa non me fío de ninguén,...).

    Non obstante, finxamos gran atención, ladeemos a cabeza periodicamente, vaiamos asimesmo afirmando tamén coa cabeza cando se indigne, frunzamos as cellas cando faga frases longas, e collámola suavemente do brazo finxindo que temos dificultades para oír de lonxe o que nos di, que nos parece MOI INTERESANTE. Seguirá a conversación por cauces que ignoramos (non olvidemos que vamos moi bebidos) ata que nun instante de silencio (descontando a música máquina) finxiremos que imos dicir algo pero que nolo calamos. É un xesto moi técnico e require gran práctica.

    - ¿Que ías dicir? -preguntará a inocente e potencial vítima-
    - Non, nada... veume unha cousa á cabeza....
    - ¿Que era?
    - Íache dicir unha cousa pero é igual...
    - MASTER CAUTION- Neste momento unha tía, a non ser que sexa tonta de capirote, xa sabe cal é a situación.

    1. Se non re-pregunta --> a sudar un rato máis.
    2. Se re-pregunta:

    - Veña, dimo - di a pobre -.
    - É que son moi tímido... de verdade que dá igual, XXX

    (Nota do Comité 1: é moi importante acabar as frases dicindo o seu nome. Non cada vez pero unha de cada 2 ou 3. Dá un trato máis personalizado, que ao fin e ao cabo é o que buscamos... Se a cousa vai a maiores podremos chamarla ceo, cariño, etc, e esquecer definitivamente o seu nome)
    (Nota do Comité 2: nesta fase tan tensa, é moi importante NON levantar a vista pola discoteca, xa que se se establece contacto visual cun amigo imos descoxonarnos de risa invariablemente, o que retrasará, ou incluso abortará a misión que nos foi encomendada.)

    - Dimo, veña, non sexas tímido...
    - Jolín... odio estas situacións... pois iso, que...
    MULTIPLE CHOICE:

    1. ...se che podo bicar.
    2. ...namoreime de ti. Xúrocho...
    3. ...eres a muller máis fermosa, bla, bla, bla,.... (a criterio do árbitro)

    Resposta invariábel da chati:

    - ¿¡¿¡¿¡¿¡¿¡¿¡¿¡¿¡¿¡¿¡COMORRRRRRRR?!?!?!?!?!?!?!?!?!?
    - Pois iso. Querías que cho dixera e xa cho dixen. Se te queres rir de min, rite. Eu tíñacho que dicir....

    (Nota do Comité: Neste momento aconséllase, para suavizar a tensión reinante, a aplicación do Algoritmo de Mc Gregor-Henseilweiss:

    -Sinceramente: cautiváchesme dende que te vín. Quería dicirte algo pero non me atrevía. Tiven que ir á barra e insuflarme tres gin-tonics para reunir o valor de vir a decirche algo. Se non o fixera, non mo perdoaría xamais. - "É corto e eficaz. Convén memorizalo de carreriña pois a nosa capacidade de análise e raciocinio é parella á do gusano de seda.)

    A partir daquí, a reacción dela divídese en tres reaccións, perfectamente tipificadas:

    1) - Non. Eu non busco rollos dunha noite.

    PROCEDEMENTO: Temos dúas opcións:

    I) Pídelle o número de teléfono e adeus. Ideal se levamos unha trompa como un trailer e os nosos amigos tampouco ligaron.

    II) Seguir apretando com’un campión:

    - Equivócaste comigo. Eu non son así. Estou sendo sincero contigo. Simplemente quería bicarte, e como quero ser sincero contigo dixencho. Ademais ti pedichesme que che dixera o que pensaba...

    (Nota do Comité: fase escabrosa, cun final difícil de pronosticar. De novo o partido está en mans do artilleiro. Factor en contra: o cansanzo unido á alcolemia é unha bomba de reloxería.)

    2) - ¿Non cres que vas moi rápido?

    PROCEDEMENTO: Sinónimo de que quere xaleo. Con paciencia e técnica pódese afirmar que o gato está na guanteira. Recomendamos:

    -Quizais si que vou rápido, pero é que o meu corazón tamén vai rápido. Foi un flechazo e... (Neste momento o escribinte púxose a vomitar coma un neno. É comprensíbel.)

    3) - Bueno, vale...

    Impúxose a lóxica: era un zorrón do 15 e ahí estamos. Outro rosco.

    ESTRATEXIA 3: "A CARA DESCUBERTA"

    Tras manifestarnos o inimigo que non ten noivo, as técnicas máis comunmente aceptadas són:

    1. - ¿Podo ser o teu noivo? / ¿Queres casarte comigo? (trátase do xa mítico método Clinton-Gaskinnen) -> moi cachonda a saída-> Pondrase a rir e baixará a mirada -> isto é bo para os nosos sucios intereses.
    2. - ¿Gústoche? -> disparando con bala. No se vai a pronunciar, pero xa é nosa. O seu error foi descoidar os flancos.
    3. - Deséxote como nunca antes desexara a ninguén. -> heavy metal a tope. Se cola, aforramonos media hora. Risco: descojone do calibre 22. Sexamos serios: non miredes NIN POR ASOMO aos amigos.
      (Nota do Comité: Neste punto, aconsello non seguir o manual e deixar certo marxe á nosa depauperada intelixencia. (É arriscado, seino, pero tamén é bonito gañar por méritos propios...)

    MISIL 6: "SHOOT TO KILL"

    Xa lle metimos a nosaa sucia lingua na súa boca (é duro pero éche o que hai). Temos unha vantaxe: que o noso obxectivo é claro: FORNICARLA. E unha desvantaxe: a súa falta de colaboración (a priori). É o momento de que o Comité de Negociación (formado por nós e as nosas pelotas) lime asperezas en pro dunha saída negociada do conflito sen derramamento de sangue. Estamos na terceira fase crucial. Tipificáronse as seguintes continxencias:

    a) O noso peido: factor hostil, tanto para a nosa capacidade de análise como para os nosos cochinos obxectivos na cama. O Comité aconsella NON BEBER MÁIS chegados a este punto. Somos conscientes da repulsa que tal dictamen orixina, pero a misión é o primeiro.

    b) O seu peido (a dela): factor favorábel. De feito, dado que non nos aclaramos e que somos incapaces de convencer a un mandril de que non fume, é a nosa baza máis forte, por non dicir a única. Se vemos que articula 2 ou máis frases coherentes, deberemos insuflarlle coa máxima urxencia outra copa (aconsellamos vía oral). Falando da negociación en sí, interesaría mostrarse moi solvente no ámbito amatorio, pero non phantom. En calquiera caso, temos un 85% de non dar pé con bola -> deberemos recurrir ao Algoritmo de Cervantes, que consiste simplemente en parecer mancos. ¿Que como se fai? pois meténdolle a mano por todas e cada unha das aberturas ou potenciais aberturas do seu atuendo. Se nos colle a man, coa outra, e así tirando e afloxando. Temos 2 finais previstos:

    1. Péganos unha hostia que nos deixa serenos.
    2. Risas e tal e cual -> acabará deixándose.

    c) O factor mórcego ou Bat-factor, detectado polo Comité nun arriscado viaxe á Amazonia. Consiste en: a tía á que apretas vai cunha amiga dun metro vinte, baixa, gorda, depresiva e filla de puta. En canto ELA considere que te sobrepasas coa amiga ou en canto vexa que planeades marcharvos, collerá á amiga por banda, e en medio minuto a túa vendrá e dirache que se debe ir inmediatamente, deixándote con cara de tonto. Nin dicir ten que o mesmo fenómeno se dá nun 2 contra 3. É obvio: ninguén se quere comer á mórcego e ésta consólase dinamitando os plans da que está wena. ¡¡Moito ollo con isto!!

    MISIL 7: A TOMA DE BERLÍN

    Achégase a gloria. As tropas aliadas entran polos alpes ondeando as bandeiras de Jack Daniel's. Neste momento somos meros títeres dunha muller perversa. Nada do que digamos ou fagamos servirá de nada. Ela fará o que queira, e se follas, será porque ela che follou. Non o esquezas. A túa obriga era levar as pelotas ata aquí. Pase o que pase o Comité está orgulloso de ti.
    Hai varias tipoloxías de chatis que analizamos de seguido:

    1. Xibraltar: É unha estreita e deberías habelo visto antes. É tan ruín que é capaz de despedirse con dous besos. Arrepíntense do (pouco) que fixeron na disco.
    2. Xibraltar borracha: Imprevisíbel. Os casos estudados déronnos unha varianza do termo de perturbación asombrosa. Resultados non extrapolabeis. ¡¡Treme!!
    3. Tía normal (é un dicir): difícil de precisar. Nesta continxencia é moito máis importante o factor Mórcego.
    4. Van Basten: tras uns primeiros compases moi prometedores parece deshinflarse sen que queden claros os motivos. Acabara índose a casa (polo che dará algunhas discretas mostras de afecto). Non é malo.
    5. Indurain: tras un inicio non particularmente prometedor, explota nun momento dado e te despellexa nun hotel. Escasísima.
    6. Tyson: Empeza forte e acaba forte. Seguramente entrouche ela sígueche apertando ela. É o que en terminoloxía técnica chamamos Putón Verbenero.
    7. Quentapichas: é tan reprobábel que nin falaremos dela.

    CONSIDERACIÓNS ADICIONAIS:

    a) Contador de roscos: Artigo 3, parágrafo 5º, sección terceira: "Considerarase rosco toda aquela actividade acorde ao reglamento (que sexa inter-vivos, que non existan vínculos familiares e de carácter heterosexual) na cal haxa existido contacto expreso entre as dúas (ou máis) linguas."

    b) Deben considerarse tamén as externalidades:

    1. Se os amigos ligan, debemos ligar, se hai que bajar o listón, ou incluso tíralo ao chan, tírase e xa está.
    2. Son zorras a non ser que se demostre o contrario. Se se considera probada a súa inocencia, aconsellamos deixar en paz á pobre vítima.
    3. Hai que ter xeito coas copas: nunca fagas a última, en todo caso a penúltima.
    4. Se aa tía está wena é que estabas borracho e non sabías ónde ías. Xa que Deus che deu este agasallo, non o desaproveites.
    5. Non te leves á cama a unha chati se vas tan trompa que sabes que non podes cumplir. Queda com’un campión ("non quero precipitarme contigo") e déixaa a tiro para mellor ocasión.
    6. Non convén chamar a atención a posteriori. O número que nos deu pode ser queimado (Método Victorievich) ou gardado cómo trofeo de guerra (Método Gaskinnen).
    7. Se a llamas -> gústache moito -> namoraraste -> dáte por fastidado. Non vas ser o primeiro que abandoe os Corpos de Élite, pero ogallá sexas o último. Vendido, bragas, chaqueteiro,...

        Eña, sen mais...

        Califica esta entrada:

         Esbardallado ás 11:55:00 da tarde por kaka      2 comentarios

        2 Comentarios:

        Blogger O puyol do CDM dixo...

        ablando en plata disto non se saca ningunha reflexion jajaja
        Pero weno o seu xiste si q fai

        sábado dez. 31, 04:42:00 da tarde  
        Blogger marykinha dixo...

        mmmmm dubido q sexa pra tanto, pero fíxome gracia o do efecto mocergo (bat effect!)

        sábado dez. 31, 07:45:00 da tarde  

        Enviar um comentário

        << Inicio

        CiberIrmandade

        UNA VIÑETA CADA DÍA