Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, novembro 26, 2005

O mito de Heidi


Para todos nós, os que estamos en plena adolescencia, existen varios mitos infatís profundamente arraigados no noso subconsciente: Marco, Oliver y Benji (dos que xa falei nun post anterior), e Heidi. Pois ben, profundas e laboriosas investigacións chegamos a unha sorprendente conclusión:

O mito de Heidi, revelado:

Analicemos a bonita melodía desta serie tan entrañábel:
"Abuelito, dime tú, qué sonidos son los que oigo yo".

Ben. Heidi é un personaxe supostamente xove, mentres que o seu Avoíño, consecuentemente, é maior (por non dicir vello). O que Heidi pida información ao seu Avoíño sobre os sonidos que escoita, ou que “case oe”, pode indicar, basicamente, dúas circunstancias:
  1. Heidi padecía unha enfermidade conxénita do oído, que a facía incluso máis sorda que o seu anciano antecesor.
  2. O estado de Heidi estaba, dalgún xeito, alterado.
"Abuelito, dime tú, porqué en una nube voy".

Ajá!. Esta segunda frase da canción confirma unha e soamente unha dos posibilidades anteriores. En efecto, confírmase que o estado mental de Heidi está dalgún modo alterado: está "nas nubes", está "voando".

"Dime porqué huele el aire así".

O noso argumento cobra cada vez máis forza. O aire ten un olor especial, raro, como se flotara algún tipo de humo no ambiente.

"Dime porqué yo soy tan feliz".

Un argumento máis ao noso favor. O estado de euforia inxustificada da nosa protagonista é evidente. E por fin:
"Abuelito, nunca yo de ti me alejaré".
Por último, a pequena descarriada afirma que lle é imposíbel afastarse do seu proveedor habitual.

Conclusións:
  1. O estado de conciencia de Heidi está alterado dalgún xeito.
  2. O aire cheira raro.
  3. Sinte unha felicidade absurda.
  4. Manifesta unha dependencia extraña doutro personaxe.

Logo, o que ocorre é que o noso desdichado personaxe estaba todo o día dándolle ao porrete, como certo cantante de reggae falecido. O que leva a outro posíbel estudo que comeza cunha inquietante pregunta: ¿ERA HEIDI BOB MARLEY DISFRAZADO DE RAPAZA?

Eña, sen mais

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:47:00 da tarde por kaka      2 comentarios

2 Comentarios:

Blogger O puyol do CDM dixo...

jajaja o q faltaba jeje falar de heydy pero weno ta moi xulo o mito de xeidy q risass q crack

sábado dez. 31, 04:32:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

unha pregunta, ¿que tipo de relación tiñan Heidi e Pedro?

sábado dez. 31, 07:20:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA