Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, novembro 06, 2005

Os guarros


Hoxe, paso a explicarvos o modus operandi guarros (paisanos de Angrhois), porque hai xente nace así e non se lle pode facer nada. Imos logo:

Un guarro, por definición, é aquela persoa que é capaz de entrar un sábado pola noite gratis nunha discoteca co selo do sábado anterior. Ademais ten mérito dobre xa que co pesturrio que botaría seguramente non lle deixarían entrar. Pero pra iso hai unha solución made in Angrhois: se es un guarro total empregarás a ducha portátil. A ducha portátil inventouna un amigo meu, non vou dicir quen, porque moitos xa sabedes que é, nun viaxe. O chaval non tiña ganas de ducharse e inventou o novo metodo de ducharse. Ten o seu mérito, a ninguén se lle ocurrera antes. A ducha portátil en cuestión era un bote de Axe. Non sei se sería Marine, Atlantis ou Pulse; non hai demasiada diferencia ao fin e ao cabo, pero mesturar o olor de Axe, forte xa de por sí, co olor, o fedor, corporal é algo próximo a un arma de destrucción masiva (o IVA del Axe).
O ser guarro, de todos os xeitos, sempre está relacionado cos homes. Sen ir a casos extremos como os anteriores, os homes temos fama de guarros. De descoidar os nosos lavados e de non perfumarnos. Isto estase acabando co metrosexualismo, pero a idea segue no aire. As mulleres polo contrario son limpas por definición, por iso o apelativo "guarra" ten outro signficado nas mulleres, xa o di o buscador de sinónimos de word. Un home guarro é sinónimo de sucio; unha muller guarra é sinónimo de puta. É unha visión machista da linguaxe que fai o Word, pero tendes que ver que o corrector de sinónimos ve ás mulleres limpas por naturaleza. Coidanse moito máis.
Tamén é sinónimo de guarro tirarse peidos e erutar. É dicir expulsar os gases do corpo. Iso é aplicable tanto a homes como a mulleres, xa que todo o mundo ten gases, é algo natural. O que non se entende que algo que de pequenos é xaleado, de maiores convírtese en algo feo. Cando es un bebé: "Vai, veña, ese erutiñoooo". E cando o neno se bota un peido: "Oleeeee, ese é o meu neno, ai, un peidiño, jajaja, jijiji". Pero claro, cando o neno se convirte nun adolescente de 16 anos ese erutiño e ese peidiño convertense nuns asquerosos erutos e nuns federentos peidos de campionato.
Xa que logo, a moralexa deste post é: hai que lavarse. O olor corporal adoita ser maloliente e hai que saír limpo á rúa e a poder ser perfumado, que logo a xente vos vai mirar, e oler, mal. ¡A ducharse toca!

Eña, sen mais


PD: fonte = post publicado por un compañeiro no mundo esta tolo.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 6:22:00 da tarde por kaka      2 comentarios

2 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

non fai falla ir a Angrois para ver "individuos" como eses.... o primeiro venres de agosto eu vexo unos cantos...

sábado dez. 31, 07:50:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Pero en angrois hay mas por metro cuadrado que alli tienen de lema los mas guarros "una duña al año no ace daño" y los pijos le responden " pero es mas sana una a la semana" (k malo ac ac ac)

quinta jan. 05, 01:00:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA