Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

quarta-feira, dezembro 28, 2005

Consellos para un Nadal distinto


Non es bo e nunca pretendiches selo. Estas datas te deprimen, tanta bondade te empacha, agudiza a túa visión cínica da vida. Non te preocupes, no es o único. Somos moitos os que pensamos coma ti. Xuntos, seguindo estes pequenos consellos, poderemos facer posíbel O OUTRO NADAL.

  1. Rodea o teu belén con arame de espinos para reproducir fielmente o paisaxe da Palestina actual. Organiza unha intifada cos pastoriños contra "eses" colonos xudeus que se instalaron no pesebre. Envía un anxo para convocar unha conferencia de paz. O día anterior, fai estalar un coche bomba no centro da anunciación.
  2. Acude a uns grandes almacéns e achégate a todas as parellas cun neno que atopes. Esíxelles certa cantidade de diñeiro a cambio de non contarlle ao seu fillo toda a verdade sobre Papa Noel (San Nicolás) e os Reis Meigos. Co diñeiro recadado mediante o “imposto revolucionario”, mércate un disfrace de Papa Noel leproso e sembra de minas antipersoas o percorrido da cabalgata dos Reis Meigos.
  3. Evita ver a maratón solidaria que todas as cadeas de televisión organizan por estas datas. En lugar diso, achégate ao videoclub e aluga películas como "La maldición de Damien", "El día de la bestia" ou a serie completa de "Posesión infernal".
  4. En lugar da consabida estrela, coloca no teu belén un asteroide saído da súa órbita que colisionará coa Terra o día 24 de decembro, ás 23:58 horas.
  5. ¿Queres acertar a lotería do Nadal? Non merques ningún décimo e obterás un premio directo de 3000 ptas. A todo aquel que che ofreza unha participación, mírao con desprezo e ábrelle os ollos contándolle as poucas probabilidades que existen de que o seu número saia premiado, amén dos impostos que o Estado recada coa lotería e os perigos de converterse nun perigoso ludópata.
  6. Envía unha tarxeta navideña a todos os teus familiares e coñecidos. En lugar do tópico "Bo Nadal e mellor Ano" escribe os teus verdadeiros desexos. O próximo Nadal aforrarás unha pasta en selos.
  7. Cambia a letra dos teus villancicos preferidos. Por exemplo: "Mueren y mueren los peces en el río, pero mira como mueren, por los residuos radiactivos". Ou ben: "Esta noche es nochebuena y mañana Navidad, y al otro con resaca me vuelvo a trabajar".
  8. Tira os envoltorios dos agasallos e as botellas de champaña directamente á basura. Os teus residuos perténcenche e podes facer con eles o que che pete, o Axuntamento non ten dereito a recadar fondos a costa dos teus desperdicios co pretexto de reciclalos.
  9. Denuncia ao rei Baltasar e asegúrate de que lle apliquen a Lei de Estranxeiría.
  10. Rocía a árbore de Nadal con salfumán diluído en auga ao 10%, para que no bote en falta a choiva ácida dos bosques de onde procede. Coas lámpadas, provoca un incendio forestal. Despois recalifica os terreos (subornando a cantos políticos e funcionarios sexa mester) e constrúe, constrúe...
  11. Fuxe do consumismo. Viaxa a un país exótico e desfruta por todo o alto dunhas merecidas vacacións nun hotel de luxo.
  12. Proclama a República no teu belén. Fabrícate unha guillotina co coitelo de cortar xamón (ao prezo que vai o xamón, para outra cousa xa non vale...) e decapita cada día a un Rei Meigo. Ou ben organiza un pelotón de execución cos Power Rangers do teu fillo. Confisca as ovellas aos pastores e despluma ao anxiño. Constrúe igrexas e despois quéimaas.
  13. Unha vez destronada a monarquía, convoca unhas eleccións para que os teus fillos escollan libremente aos tres Presidentes de República Meigos. Failles promesas electorais para o día 6 de xaneiro que naturalmente non pensas cumprir. Instrúeos na democracia.

Ou ben se bo e pórtate ben para que che vexan os Reis Meigos e che traian moitas cousas.

           
Sen máis...
Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:04:00 da tarde por kaka      7 comentarios

7 Comentarios:

Blogger O puyol do CDM dixo...

esses consellos a ver se é verdade todo iso q dis jajaj seria caralludo facer todo o q dis eña un saudiño

quarta dez. 28, 10:22:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

q consellos nin q gaitas... o mellor pra ter un bom nadal e q che toq a loteria o dia 22 xxd

quarta dez. 28, 10:53:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

jejejejeje... moi orixinal!!

quinta dez. 29, 10:14:00 da tarde  
Blogger Sinuh3 dixo...

gañaaaaaaaaaaaan

sexta dez. 30, 08:46:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

jejeje, estou dacordo con nene, o mellor das navidades é o gordo!!

sábado dez. 31, 04:42:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Sms k me mandaron ao mobil:

"El simulacro de paz y de amor se ha acabado por favor guarden los langostinos,tiren el belen,kemen el arbol de navidad,insulten a su cuñados i dispersense por favor"

Teñen razon en todo os consellos sobre todo o das minas antipersonas na cabalgata jajaj

domingo jan. 01, 11:59:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Sentimos no respetar las costumbres en nuestro primer año, cuatro.

quinta jan. 05, 12:51:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA