Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, dezembro 31, 2005

Maltrato animal


Especismo: actitude pola cal os humanos se consideran superiores aos animais non-humanos, crendo que ista lles dá dereito a explotalos e matalos en base a criterios arbitrarios.

Cada ano máis de 100 millóns de animais son asasinados dos xeitos máis inimaxinábeis para a produción de prendas de pel, tras ter agonizado en trampas ou sufrir o martirio dos criadoiros na maior do silencio.

  • Gatos e cans: neste caso vense denunciando que en países como China, estanse matando cada ano a 2 millóns de gatos e cans cuxas peles son exportadas a Europa e a Norteamérica. Os animais morren de xeito atroz, aforcados ou a paos. Esta pel vendese en obxectos como bonecos, chaveiros, luvas e xoguetes para nenos e animais etc. Se mercas obxectos de pel ou pelos procedentes destes lugares xa sabes o tes entre as mans.
  • Focas: en países como Polonia existe unha importante eiva lexislativa neste senso, o que provoca que se estean a produciren masacres das crías destes animais protexidos, para a súa venda posterior nos mercados europeos.

O negocio peleteiro utiliza tanto animais criados no tormento das granxas como capturados en trampas, que explico de seguido:

  • Trampas: Nestas, as presas sofren durante días, entre a fame e a dor, unha agonía da que tentan ceibarse roendo e rabuñando o seu membro aprisionado. Ningún animal fica a salvo desta barbarie, que padecen por igual cans, gatos e esquíos, así coma especies en perigo de extinción (a mafia dos traficantes de peles venden, malia a súa prohibición polo Tratado de Washington).
  • Granxas:
  1. Visóns: No estado español críanse 400 000 visóns en catividade cada ano. Todos nacen en abril e morren en decembro. Malia que non exista un censo oficial, hai unhas 50 granxas en Galicia; nas granxas galegas críase o 80% dos visións de todo o Estado español. Son criados en gaiolas de 40 x 40 x 50 cm., polo que non poden dar nin un so paso. Ao ser o seu hábitat normal preto dos ríos, é moi común a súa morte por deshidratación (entre náuseas e diarreas) e asfixia no verán. A xenética aplicada consegue exemplares negros, brancos, grises e azuis, dando lugar a mutacións: taras, deformidades... Así o visón branco é completamente xordo. Tamén as femias son manipuladas para conseguir camadas maiores, o resultado é a morte do 20% das crías. As que sobrevivan serán brutalmente asasinadas antes de chegar aos 8 meses de vida, como xa dixen.En países coma Suecia e Noruega a presión social conseguiu o peche destas macabras instalacións.
  2. Astracán: Esta pel procede das crías de tan só dous días das ovellas do Afganistán. Cúrtaselles a gorxa e, cando aínda están vivas, arríncaselle a pel. Comezando pola pata traseira, introdúceselle unha cana de bambú pola que se sopra, co fin de que a pel se despegue mellor. O animal deformado segue movéndose. Cando a ovella nai chega aos tres anos, e estando grávida, sácaselle o embrión e é asasinada. Para un abrigo de astracán fan falla 35 exemplares. Nun ano, a industria peleteira sacrifica así a máis de 30 millóns de crías.

  3. Raposo: o raposo ten como territorio en estado natural de 20 a 50 km cadrados, mais nunha granxa peleteira só dispón dunha gaiola de malla metálica de 0’6 m cadrados que mancan e deforman as súas patas. Estas condicións provócanlles un estres tal que moitos/as se negan a comer e chegan a trabarse o rabo ata o óso. Finalmente son aniquilados, rompéndoselles o pescozo, por estrangulamento, introducíndoselles electrodos por vía anal, a paos ou mesmo inxectándolles insecticida (metodo máis económico mais tamén especialemente doloroso, que prologna a súa agonia, pero seica non hai que aforrar sofremento para evitar evitar danar as peles).
Alternativas: materiais como o forro polar, microfibras e outros son unha excelente protección contra o frío. A industria téxtil non contamina máis ca do metal ou a do papel, mais debemos ter en conta que non é admisíbel escravizar e asasinar a millóns de seres vivos para despoxalos da súa pel.

Pendurarnos cadaleitos para vestirnos é unha postura que debemos superar antes os nosos semellantes co noso maior desprezo amosándolles unha evolución baseada no recoñecemento de que non somos a única especie capaz de sentir medo, dor, aburrimento, ledicia ou tristura.Porén damos igual importancia ás deliberacións éticas e aos intereses de todos aqueles aos que afecten os nosos actos. Porque ser humano é un animal que non debe crese dono de todo.
Sen máis...
Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:11:00 da tarde por kaka      7 comentarios

7 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

moitas vaces nin por negocio peleteiro... hay certos paises onde se organizan sesions de cazas recreativas e matan de forma atroz animais.
Supoño que viches as imaxes de Japón coas Ballenas e as Focas.... moitas veces teriamos que apalear os homes que se adican a elo!!
Aínda que tamén e cruel ver como persiguen alefantes polo seu marfil o trafico ilegal de especies protexidas...
Bicos!
P.D. creo q son o primeiro comentario do 2006 e o último do 2005!!

domingo jan. 01, 04:50:00 da tarde  
Blogger O puyol do CDM dixo...

Isto q fan cos animais non ten nome é unha vergoña.
Teñen q protexer mais aos pobres animais

domingo jan. 01, 11:35:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

juer, q ijos d puta!! abía q matar a todos esos tios! o mejor... abía q arrankarles la piel mientras stan vivos coño!

segunda jan. 02, 12:57:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

Menos mal que temos a GreenPeace, que nos manteñen informados e coidan de que estas cousas non acontezan (aínda que as veces é inevitable!)
Agora venme a cabeza un anuncio que vin na MTV na que saían unhas balenas cantando e deixabase de escoitar o canto porque as mataban os paises que acordaran non facelo!!

segunda jan. 02, 10:28:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Yo tengo la misma opinion que alex y moncho, es una aberracion contra los derechos del animal

quinta jan. 05, 12:44:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

bien cocojo!! ya somos 2! kando mpecn las clases ablamos pa kitarles la piel a los kabrones esos eh?
mientras m ocupo d studiar pa rcuperar...

quinta jan. 05, 01:18:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

Acabo de lembrar unhas verbas que escoitei fai uns anos na radio, e que quero compartir convosco: "Se o toureo é arte, o canibalismo é gastronomía". Penso que éste é un bo sitio para poñela...

domingo jan. 15, 03:29:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA