Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, dezembro 23, 2005

Parábola do venres: Aprendendo a desprenderse



Paquiña precisou ser internada no Hospital dúas semanas antes do Nadal, para unha cirurxía, e estaba moi preocupada. A parte dos catro fillos que tiña, ela pensaba nas compras e agasallos típicos destas datas.

Cando abriu os ollos despois de ter durmido gran parte dos dous días no hospital, despois da operación, ollou ao redor e viu algo semellante a unha florería.

Ramos de flores que se amontoan no parapeto da xanela e cartóns de ánimo e bos desexos que se apiaban sobre a mesiña de cabeceira. Na pía, había unha ducia de rosas vermellas enviada por seus pais, que moraban noutro estado.

O marido dille que os seus amigos habían preparado refeições para a familia e se ofreceran para coidar dos catro rapaces.

- Máis flores, - di a enfermeira, entrando no cuarto e interrompendo os pensamentos da convalecente. Abriu espazo entre as demais flores e colocou outro belo ramo colorido.- penso que imos ter que mandar á señora para casa, di cun sorriso. Non queda máis espazo.

Namentres Paquiña lía os cartóns, escoitou a alguén dicir:

- Gústanme as flores.

Era a súa compañeira de cuarto. Unha muller de, máis ou menos, 40 anos, portadora da síndrome de Down.

Ginger gustaba de falar e non se cansaba de dicir que estaba alí para que o doutor dese um jeito no seu pé. Contou que moraba en compañía doutras persoas e que desexaba voltar polo Nadal.

En canto Ginger foi para a cirurxía, Bonnie quedou ollando o cuarto. O seu lado estaba florido e o lado de Ginger, nada. Ningún cartón, ningunha flor, ningunha visita.

Vou darlle algunha das miñas flores, pensou.

Foi ata a xanela e escolleu un centro de flores vermellas. Mais lembrou que o quedaría moi bonito na súa mesa de Nadal.

E continuaron a xurdir escusas: as flores están comezando a murchar, ofenderíase a amiga que llas regalou...

Resultado: non conseguiu compartir ningunha. Voltou para a cama e pensou que no día seguinte, cando abrisen as tendas, pediría que lle entregasen algunhas flores a Ginger.

Ginger voltou da cirurxía e unha funcionaria do hospital tróuxolle un enfeite de belas flores e a pendurou da súa cama.

Logo, á mañá seguinte, despois do café, a enfermeira retornou paradicirlle a Ginger que tiña a alta e que xa podía marchar para casa. A condutora estaba de camiño para levala.

Ela púxose feliz pois chegaría a tempo para participar na festa do Nadal.
Arrombou as súas cousas namentres Bonnie se entristecía.

A florería do hospital non abría ata dentro de dúas horas.

- ¿Debería darlle unha das súas flores? - pensou.

Ginger vestiuse coa súa chaqueta e sentouse na cadeira de rodas para ser conducida pola enfermeira. Cando estaba na porta, pediu para voltar, como se lle esquecese algo.

Foi ata a súa cama, colleu as flores, aproximouse a Paquiña e, levantándose con certa dificultade, abrazouna, deixando o enfeite no seu colo. Despois, foise.
Mentres saía do cuarto, Paquiña non conseguiu dicir nada.

Apertou a pequena guirlanda nas mans, cos ollos húmidos cheos de bágoas. Ginger deulle o único agasallo que tivo á súa compañeira de cuarto.

Entón Paquiña entendeu que Ginger posuía moitas máis cousas que ela.


Eña, sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:09:00 da manhã por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Blogger Jorge dixo...

stá bem,chi chi,boa acción da rapariga.boa parabola si senhor.enha deika!!

sexta dez. 23, 11:57:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA