Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, dezembro 02, 2005

Parábola do venres: Colecionista de problemas


Weno, anunciovos que hoxe inaguro o día semanal das parábolas, que por cadrar como lle cadra será todos os venres. Pois iso, espero que vos sirva de algo.... Eña, comezarei por unha titulada:

Colecionista de problemas:

Esto aconteceu nunha aldea onde había moitos colecionistas que pasaban a vida xuntando obxectos descartados polas outras persoas. Os colecionistas descobriran que unha vez que se teña unha grande e variada cantidade de artigos descartados, estes se tornaban valiosos de novo.

Un colecionista tiña unha provisión espléndida de garrafas de vidro e chamaba a atención pendurando algunhas en árbores e facendo música batendo con varas nelas. Outro colecionaba zapatos de todos os tamaños e comentaba canto variaba o tamaño e as formas dos pés das persoas.

Había colecionistas de panela, colecionistas de selos, colecionadores de sobreiros, de comics e colecionistas de cromos. En verdade, era unha verdadeira coleción de colecionistas.

Un día un home vello chegou á cidade e vagando pola aldea preguntaba onde estaba a praza dos colecionistas. Levava um gran paquete, mais non parecía estar cargado nin ser moi pesado. Atpou a praza dos colecionistas e ficou nunha esquina.

Naturalmente, os colecionistas descobriran que había un novo colecionista na cidade, e eles querían saber que tiña no paquete. E el respondeu que non había mais nada que o seu almorzo e un chuvasqueiro para a choiva.

- ¿Quere dicir que non coleciona nada? - preguntaron.

- ¿Non é un colecionista?

- Oh, si. - respondeu - eu son un gran colecionista. Mais o que eu coleciono non cabe nun paquete ou nunha caixa. Eu coleciono os problemas e as preocupacións das persoas.

Esta era unha idea estraña e pedíronlle que se explícase.

- Ben, vexamos, eu descubrín hai moito tempo que entre as cousas das que todos nos queremos librar estan as preocupacións, os problemas, tristezas, tempos difíciles, todo este tipo de cousas que minan a moral das persoas e fan máis tristes as súas vidas. Así, eu ofrézome para colecionar estes problemas e que se sintan ben. ¿Non é doado?

Algúns dos colecionistas pensaron que era unha idea tola e que posibelmente sería perigoso para a reputación da súa profesión.

O vello non parecía perxudicar ninguén, entretanto, así que o deixaron só. Logo apareceu alguén que lle preguntou como se colecionaban os problemas, e el respondeu:

- Ben, probabelmente hai algo na súa vida que o aborrece agora mesmo, algunha preocupación que teña. Fáleme diso e eu a acrecentarei a miña coleción.

- ¿E iso axudarame?¿ Vostede pode facer desaparecer o problema se eu llo conto?

- Non, mais se sentirá mellor. Probe.

Así a persoa falou para o vello sobre un problema seu. Cando rematou a historia, o colecionista de problemas acenou coa cabeza algunhas veces, elevou as mans como se erguese algo pesado e finxiu colocar algo no paquete.

- ¡Xa o gardei!. ¿Como se sente? Preguntou.

A persoa do problema respondeu:

- Estrano. Síntome bem. Noto que podo controlar o problema moito mellor agora. ¡Realmente funciona!

As palabras espalláronse polo vento e cabo dun anaco había unha multitude arredor do coleccionista de problemas.

Un día, unha muller apareceu na aldea camiñando lentamente e con considerábel dificuldade. Levárona ao colecionista de problemas e cando lle explicou que tipo de colecionista era comezou a laiar:

- Oh, vostede non sabe cantos problemas e fardos pesados hai neste mundo. Eu veño dunha cidade onde hai máis problemas que en ningures. Todos sofren e ninguén ten esperanza. E o peor é que as autoridades da cidade prosperan pasando por rib dos problemas do pobo. É un lugar horríbel, desesperante. Eu tiven que partir. Era a única esperanza que tiña.

O colecionista de problemas ficou calado, ergueuse e levantou o paquete cun xesto que era máis lento e máis doloroso que o normal. Depois dun longo silencio, dixo:

- Teño que ir ata alí.

Os paisanos e a muller protestaron, pois non querían que se fora. Tiñan medo de que ficase na cidade.

O vello non tivo máis opción que irse no medio da noite.

Moito tempo pasou ata que un xové cansado entrou na aldea. As persoas sabían, sen preguntar, que viña da cidade. Axudárono do mellor xeito posíbel, e cando se sentiu mellor, preguntáronlle se sabía do vello que tiña partido para a cidade varias semanas atrás.

- ¡Coñecino si! Este home entrou quedo na cidade e, ao princípio, ninguén o notou. Entón de vez en cando víalo conversar con persoas, escoitando principalmente. Cando unha persoa remataba de falar, el curvaba a cabeza e facía estranos xestos coas mans e a persoa sentíase mellor. Por primeira vez nun bo tempo, as persoas da cidade comezaban a sentirse mellor e a ter un pouco de esperanza.

- Si, sabémolo. El fixo iso aquí tamén. - Respondeu un dos aldeanos.

- Ben, non tardou moito tempo en que o notaran as autoridades. Mandáronlle partir e deixar de entrometerse nas vidas doutras persoas. El simplemente recusou. - Dixo o xové da cidade.

E cos ollos tristes e un nó na garganta, continuou:

- Mandárono á prisión, mais tamén alí seguiu colecionando os problemas dos prisioneiros. Finalmente, as autoridades decidiron que era unha ameaza subversiva para o sistema. Así que o executaron.

Os paisanos afundíronse na desilusión. Algúns comezaron a chorar.

- Eu sinto moito traerlles malas novas. El tamén era amigo meu.

- É doloroso para nós, como comprendera. ¿Que faremos agora que morreu?

De repente a face do xové se iluminou.

- ¡A idea aínda funciona! - Exclamou.- ¡Colecionar problemas aínda funciona! Vostedes poden facelo para min e eu podo facelo para vós. ¡El só nos ensinou como se facía!

O xové saltou, cheo de enerxía e con forza renovada.

- ¡Volvo á cidade!

- ¿E que fará alá? - preguntaron varios aldeanos á vez - Alá existen moitos problemas.

- ¡Exactamente! ¡Exactamente! - continuou - É por iso que vou. Aprendín a lección, vou axudar ás persoas a sentírense mellor. ¡Tornareime colecionista de problemas! O que teño que facer é simple: basta con escoitar as persoas. Facer que se abran e así reflexen mellor e se sintam máis ledos. E hei espallar o que aprendín. Hei de criar novos colecionistas de problemas.

¡EI TI! ¿QUERES CONVERTIRTE NUN COLECIONISTA DE PROBLEMAS?

Eña, sen mais....

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:44:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

mu weno si señor, stoi sperando ya x la siguiente... aora tngo ota ilusion mas pa q lleguen los viernes!!

sábado dez. 03, 09:07:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

si, si...está muy bien eso k plantea la historia...pero sólo escuchamos los problemas de cierta gente k nos interesa...

domingo dez. 04, 01:31:00 da manhã  
Blogger marykinha dixo...

Moi boa a historia, foi idea túa o sacáchela dalgún lado?
Beijos!

domingo dez. 04, 12:06:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA