Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, dezembro 09, 2005

Parábola do venres: ninguén fai nada soíño


Durante o século XV, nunha pequena aldea cercana a Nüremberg, vivía unha familia con 18 fillos. ¡¡Dezaoito!! Para poder poñer comida sobre a mesa a diario para tal prole, o pai, ourive de profesión, traballaba case 18 horas diarias no seu comercio e nalgún outro apaño que se lle presentara pola veciñanza.
A pesar das condicións tan pobres en que vivían, que o facían aparentemente imposíbel, dous dos fillos de Albrecht Durer tiñan un soño. Ambos querían desenvolver o seu talento para o arte, pero ben sabían que o seu pai xamais tería a condición económica suficiente para enviar a ningún a Nuremberg, a estudar á Academia.

Despois de moitas e longas conversacións nocturnas, chegaron a un acordo. Lanzarían ao aire unha moeda. O perdedor traballaría nas minas e, co seu salario, para pagarlle os estudos ao que vencera. E cando rematase os seus estudos, 4 anos despois, o gañador pagaría os estudos ao que quedara traballando na mina, coas ventas das súas obras, ou traballando na mina se fose necesario.

Lanzaron a moeda unha maña de domingo ao saír da Igrexa. Albrecht Durer gañou e foise estudar a Nüremberg. Albert comezou entón o perigoso traballo na mina, onde permaneceu catro anos, para sufragar os estudos do seu irmán, cuxo traballo na Academia foi un exito inmediato. A arte de Albrecht superaba por moito a da maioría dos seus profesores, e, antes da súa graduación, xa gañaba considerabeis sumas coas ventas da súa arte.

Cando o novo artista regresou á súa aldea, a familia Durer reuniuse para unha cea festiva na súa honra. Ao finalizar a memorábel velada, Albrecht púxose en pé no seu lugar de honra na mesa, e propuxo un brinde polo seu irmán querido, que tanto se sacrificou para facer do seu soño unha realidade. As súas palabras foron:

- E agora, Albert, meu querido irmán, agora é o teu turno. Agora podes ir a Nuremberg a perseguir o teu soño, que eu me fago cargo de ti.

Todos os ollos fitaron con ansiosa expectativa para a extremidade oposta da mesa onde Albert estaba sentado. As bágoas humedeceran a súa palida cara. Axitando a cabeza repetiu,

- Non... Non... Non... Non...

Finalmente, Albert levantouse, secou as súas bágoas e, mirando un por un ao redor da mesa, dixo suavemente:

- Non, irmán. Eu non podo ir a Nuremberg. É moi tarde para min. ¡Mira que fixeron catro anos traballando nas minas coas miñas mans! Os ósos de cada dedo crebouse polo menos unha vez, e ultimamente teño sofrido de artrite. Sufrín para suxeitar a copa coa miña man dereita durante o brinde, moito menos conseguiría trazar liñas delicadas, no papel ou na tea, con pluma ou con pincel. Non, irmán... para min é demasiado tarde.

Máis de 450 anos pasaron dende aquela. Hoxe en día os grabados, óleos, acuarelas e demais obras de Albrecht Durer poden ser vistos en museos de todo o mundo. Pero seguramente vostede, como a maioría das persoas, só lembre un. É máis, seguramente ata teña un no seu escritorio ou na súa casa.

Un día, por respecto e admiración, Albrecht Durer rendelle un homenaxe a Albert por todo o que sacrificou por el debuxando as súas mans maltratadas coas palmas unidas e os dedos apuntando ao ceo. Chamou a esta obra simplemente "Mans", pero o mundo enteiro abriu de inmediato o seu corazón á súa obra de arte e nomeouna como "Mans que oran".

A próxima vez que a vexas, fique un segundo a ollala. Permite que che serva de recordatorio, se é que o precisas, de que:

¡¡¡¡¡NUNCA NINGUÉN TRIUNFA SO!!!!!

¡¡¡¡Lembradevos de agradecer sinceramente todo aos que vos axudaron a estar onde estades!!!!


Xa que estamos eu quero aproveitar para facelo....

¡¡¡¡¡¡¡Grazas rapaces!!!!!!!


Eña, sen mais...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:10:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

Xa... bo título.... por certo, seremos os máis pesados, pero nunca te dixeron que unha web constrúese coas aportacións que che fan os de fóra??
Ala, xa teño o récord (magoa, para unha vez que vou á cabeza e por pesada...)
Deica!!

sábado dez. 10, 10:33:00 da manhã  
Blogger kaka dixo...

Seino, para iso puxen esta parabola e aproveitar para agradecervolo....

Eña, sen mais...

sábado dez. 10, 09:17:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Molame as parabolas q pos meu! Eu kreo k era mais facil k fixeras unha web k un blog kreo k poderias explotalo mais non?

sábado dez. 10, 10:08:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA