Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, dezembro 16, 2005

Parábola do venres: Un conto de Nadal


El era un home ben acontecido naquela aldea da Finlandia. Alfaiate, mantiña co seu traballo a esposa e filhos, ata o día en que unha gran epidemia matou a todos os seus amores.

Quedou só e por esa razón deixou de traballar.

Dentro de pouco ninguén o recoñecía andando polas rúas, esfarrapado e triste. Era un home amargado.

Agora que os cánticos de Nadal se fixesen escoitar en todas as esquinas, el continuaba mergullado na súa tristeza.
De repente viuse en fronte dun gran escaparate, cheo de brinquedos. Un rapaciño pobre ollaba con desesperación e desilusión as cousas boas e vistosas.

O home pareceu escoitar na súa intimidade o que pensaba o rapaz: eu nunca sabrei o que é ter brinquedos así de bonitos.

O antigo alfaiate comezou a chorar, por primeira vez en moito tempo, non por sí mesmo, máis ben polo neno. Pensou en cantos rapaces como aquel existirían na súa aldea. Pobres que non terían ningún brinquedo polo Nadal.

Sen pensar a onde ía, foi seguindo camiños descoñecidos. Entón, viuse diante dun barracón onde as persoas da aldea botaban lixo e desperdicios. Cousas que non querían máis.

Entrou, sen saber ben porque. Pero parecía que alguén dominaba os seus pasos. E agora, lle dicía, dentro do seu corazón:
- ¡Vaia! Busca entre os desperdicios o que poida ser arranxado. Levao para casa e arranxeo. Pintea. Decorao. E faga feliz a un rapaz.
Comezou a remexer no lixo. Había bonecas, carriños, e... ¡maravilla! Atopou unha caixa de ferramentas.

Estabam enferruxada, pero lixounas e afiounas e quedaron como novas. Nunha das divisións da caixa encontrou un xogo de agullas de costura e liñas de moitas cores.

E púxose a traballar.

Nos días seguintes, recolleu brinquedos quebrados por todos os sitios. Discretamente, preguntou e informouse onde moraba cada rapaz pobre da cidade.

Traballou arduamente ata altas horas da noite. Ata que os ollos lle doesen, a visión se lle nubrada e se adormecese na cadeira.

Ao despuntar o día, acordaba e continuaba co seu traballo de amor.

Na noite de nadal saiu con varios paquetes e foi andando, deixando en cada porta das casas dos nenos da súa lista, un brinquedo, unha boneca, un carriño ou un cabaliño de madeira.

A noite estava fría e ventaba moito. Varias veces foi e voltou, ata distribuír os sete sacos que conseguira recoller.

Cando o día espertou, os sorrisos se multiplicaran nas casas pobres, ante a sorpresa e o encanto dos agasallos.


Eña, sen mais...
Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:59:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Si, brinquedo é xoguete!! Bonita parábola, moi adecuada para estas daats... Bah! Xa aproveito e digo: BO NADAL A TODOS!! QUE PAPA NOEL VOS LEVE MOITOS AGASALLOS E QUE TEÑADES UN BO ANINOVO!

domingo dez. 18, 10:46:00 da tarde  
Blogger O puyol do CDM dixo...

ese kaka te falta decir comos se conoce a papa noel en anghrois tio q se te olvido en anghrois es home panzudo nun carro de vacas

domingo dez. 25, 11:55:00 da tarde  
Blogger O puyol do CDM dixo...

esta parabola ta de puta madre kaka te felicito jejeje un dia de estos nos invitas a tos a tu casa nos sentamos alrededor de la mesa y nos cuentas estas historias jejejeje

segunda dez. 26, 12:00:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA