Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, dezembro 04, 2005

Relacións humanas


Seguindo á línea do manual aquel que vos puxera, hoxe vos poño unha historia ficticia con personaxes ficticios que trata de describir a crua realidad. As complexas relacións entre nós (os homes) os simples e vós (as mulleres) as complicadas, dicir que non quero xeneralizar porque cada persoa é distinta, pero dou por suposto que iso xa sabemos todos e que ninguén se vai tomar o escrito ao pé da letra.
Pois iso, sen máis dilación comezo a narración:

Poñamos que un chico chamado Luis síntese atraído por unha muller chamada Ana. El proponlle ir xuntos ao cine, ela acepta e pásano ben. Unhas poucas noites despois el invítaa a cear, e de novo, están a gusto. Continuando véndose regularmente, e un tempo despois ningún deles ve a ningunha outra persoa. Entón, unha noite cando van cara casa, pásalle un pensamento a Ana pola cabeza e, sen pensalo, di:

- ¿Dáste conta de que xusto hoxe fai 6 meses que nos vemos?
E entón faise silencio no automóbil. A Ana parécelle un silencio estruendoso e pensa:

- Vaia, pregúntome se lle molestou que dixera iso. Quizais se sinte restrínxido pola nosa relación; quizaibes cre que estou tratando de forzalo a algunha clase de obriga que él non desexa, ou sobre a que non está moi seguro.

E Luis está pensando:

- Vaia. Seis meses.
E Ana pensa:

- Pero eu tampouco estou segura de querer esta clase de relación. Ás veces me gustaría ter un pouco máis de liberdade, para ter tempo de pensar sobre o que realmente quero que nos manteña na dirección á que nos estamos dirixindo lentamente..., quero dicir, ¿cara onde imos? ¿Imos simplemente a seguir véndonos neste nivel de intimidade? ¿Dirixímonos cara o matrimonio? ¿Fillos? ¿Unha vida xuntos? ¿Estou preparada para este nivel de compromiso? ¿Coñezo realmente a esta persoa?
E Luis pensa:

- ... Así que iso significa que foi... vexamos... febreiro cando comezamos a saír, que foi xusto despois de deixar o automóbil no taller, ou sexa que... miremos o contakilómetros... ¡Mecachis! Teño que cambiarlle o aceite ao coche.
E Ana pensa:

- Está disgustado. Podo velo na súa cara. Quizais estou interpretando isto completamente mal. Quizais quere máis da nosa relación, máis intimidade, máis compromiso; quizais motou (antes ca min) que estaba sintindo algunhas reservas. Sí, aposto a que é iso. Por iso é tan reluctante a dicir nada sobre os seus propios sentimintos. Ten medo de ser rexeitado.
E Luis pensa:

- E vou a ter que dicirlles que me miren a transmisión outra vez. Non me importa o que digan esos imbéciles, aínda non cambia ben. E esta vez será mellor que non intenten botarlle a culpa ao frío. ¿Que frío? Hai 30 graos fóra, e esta cousa cambia como un camión de basura, i eu lles pago a eses ladróns incompetentes 60.000 pts.
E Ana está pensando:

- Está enoxado. E non podo culpalo. Eu estaría enfadada tamén. Deus, síntome tan culpábel facéndoo pasar por isto, pero non podo evitar sentirme como me sinto. Simplemente, non estou segura.
E Luis piensa:

- Probabelmente me dirán que só ten tres meses de garantía. Sí, iso é xusto o que me van a dicir os moi capullos.
E Ana está pensando:
- Quizais son demasiado idealista, esperando que veña un cabaleiro no seu cabalo branco, cando estou sentada ao lado dunha moi boa persoa, unha persoa coa que me gusta estar, unha persoa que realmente me importa, unha persona á que realmente parezo importarlle. Unha persoa que sofre por causa das miñas egocéntricas fantasías románticas de nena pequena.
E Luis pensa:

- ¿Garantía? ¿Queren unha garantía? Dareilles unha garantía. Collerei a súa garantía e a...

- Luis - di Ana en voz alta.

- ¿Que? - di Luis, sorprendido.

- Por favor, non te tortures así - di ela, cun inicio de lágrimas nos seus ollos.- Quizais nunca debín dicir... Oh, Deus, síntome tan... - Interrómpese, case chorando.

- ¿Que? - di Luis.

- Son tan tonta - chora Ana-. Quero dicir, xa sei que non hai tal cabaleiro. É estúpido. Non hai cabaleiro, nin cabalo.

- ¿Non hai cabalo? - di Luis.

- ¿Pensas que son tonta, verdade? - di Ana.

- Non -di Luis, contento por fin de coñecer a resposta axeitada.

- É só que... só que... preciso algo de tempo - di Ana.
Hai unha pausa de 15 segundos mentres Luis, pensando todo o rápido que é capaz, trata de dicir unha resposta segura. Finalmente ocórreselle unha que cre que pode funcionar:

- - di.
Ana, fortemente emocionada, toca a súa man:

- Oh, Luis, ¿realmente pensas iso? - di ela.

- ¿O que? -di Luis.

- Iso, o do tempo - di Ana.

- Ah, -di Luis-, sí.
Ana vólveuse para miralo e fixa profundamente a súa mirada nos seus ollos, facendo que el se poña moi nervoso sobre o que ela poida dicir logo, sobre todo se ten que ver cun cabalo. Ao final, ela di:

- Grazas, Luis.

- Grazas -di Luis.
Entón el lévaa a casa, e ela túmbase na súa cama, é un alma torturada e en conflito, e chora ata amencer. Mentres, Luis, volve á súa casa, abre unha bolsa de patacas, encende a tele, e inmediatamente se atopa inmerso nunha retransmisión dun partido de tenis entre dous checos dos que nunca oira falar. Unha débil voz nos máis recónditos rincóns da súa mente dille que algo importante pasaba no coche, pero está ben seguro de que non hai forma de que puidese entendelo, así que opina que é mellor non pensar niso.

Ao día seguinte Ana chama á súa mellor amiga, ou quizais a dúas, e falarán sobre a situación seis horas seguidas. Con doroso detalle, analizarán todo o que ela i el dixeron, pasando sobre cada punto unha e outra vez, examinando cada palabra, e cada xesto por nimios significados, considerando cada posíbel ramificación. Continuarán discutindo o tema, unha e outra vez, por semanas, quizais meses, sen chegar a conclusións definitivas, pero sen aburrirse del tampouco.

Mentres, Luis, un día mentres ve un partido de fútbol cun amigo común seu e de Ana, durante os anuncios, fruncirá o cello e dirá:

- Raúl, ¿sabes se Ana tivo algunha vez un cabalo?

Espero que vos gustara, a min fíxome pensar nalgunhas cousas....


Eña, sen mais...
Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:34:00 da tarde por kaka      2 comentarios

2 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

Homes... sodes todos igual de simples! Jajajaja

sábado dez. 31, 08:19:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

jajajajaja k weno... xq se complicaran tanto las mujeres?? xD

sexta jan. 06, 06:33:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA