Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, dezembro 25, 2005

San Nicolás


Bueno, hoxe quero explicarvos o fantástico e apaixoante proceso de metamorfose que levou ao bispo Nicolás de Asia Menor a converterse no vello gordinflón e barbudo vestido de vermello e branco que lle trae agasallos aos nenos:

San Nicolás naceu arredor do ano 280 en Patara, unha cidade do antigo distrito de Licia, en Asia Menor, no suroeste da actual Turquía. Era fillo dunha familia adiñeirada e gozou dunha boa educación.

Á morte dos seus pais regalou todos os seus bens e encamiñouse cara a vida relixiosa, ingresando no mosteiro de Sión. Foi ordenado sacerdote aos 19 anos polo seu tío, o arcebispo de Myra, ao que moi pronto substituíu no cargo tralo seu deceso. Gran defensor dos dogmas católicos, faleceu sendo arcebispo de Myra cerca do ano 350. Foi chamado bispo dos nenos, polo seu amor aos pequenos, e se fixo moi popular pola súa gran xenerosidade e amabilidade para cos máis necesitados e os nenos, a quen fixo beneficiarios da súa fortuna persoal. A súa fama estendeuse máis aló das fronteiras da súa rexión e comezou a ser protagonista de gran cantidade de lendas, atribuíndoselle desde saídas nocturnas para repartir agasallos entre quen o precisaba, ata milagres como o de calmar unha tempestade e resucitar a un mariñeiro exipcio.

De entre todos os relatos lendarios acerca de San Nicolás destacan dúas historias: unha, coñecida como la de las tres irmás, é a base sobre a que se construíu o mito que lle converterá en xeneroso repartidor de agasallos; a outra chamada dos tres irmáns, fíxolle acredor do título de patrón protector dos nenos.

A primeira lenda conta lo seguinte: na cidade de San Nicolás, Patara, había tres nenas que non se podían casar, xa que o seu pai estaba arruinado e non tiña diñeiro para as súas dotes, razón pola cal o home había decidido vendelas a medida que alcanzaran a idade de ser desposadas. San Nicolás enterouse disto e correu a darlle unha bolsa chea de moedas de ouro en segredo á maior, para a súa dote. Outro tanto sucedeu coa segunda e a terceira a medida que chegaron á idade matrimonial. Segundo a lenda San Nicolás, para manter o segredo, tiraba a bolsa co ouro a través dunha fiestra e a introducía nun dos calcetíns que a nena en cuestión penduraba na cheminea para que se secase. Á terceira das nenas recoñecérono, polo que se fixo famoso por iso.

Na segunda lenda, a dos tres irmáns, san Nicolás, que ía de viaxe, detívose nunha posada a pasar a noite e, mentres descansaba, soñou que se cometía un crime terríbel nese albergue: tres irmáns moi novos e ricos que estaban aloxados aí tamén, foran asasinados polo dono co fin de roubarlles as súas pertenzas. Ao espertar, San Nicolás, encarou ao posadeiro e obrigoulle a confesar o seu crime, que non era o primeiro, fixera o mesmo con outros clientes aos que picara e puxera en salmoira, para, finalmente, servilos aos seus clientes como salgadura de porco. Os tres nenos, que aínda non foran troceados, son resucitados polo santo.

Estas dúas lendas e moitas máis déronlle fama en Europa. Os viquingos adoptárono como santo patrón, e deles pasou a Rusia onde se converteu en santo nacional a principios del século X. Pero a súa fama se estendeu cando os seus ósos foron roubados de Myra por uns mariñeiros que os levaron á cidade italiana de Bari, e postos na Igrexa de san Estebo. Apenas chegado xa empezou a obrar milagres e a súa fama correu como o vento por toda Europa.

Dende mediados do século XIII San Nicolás repartía os agasallos e xoguetes durante a noite do 5 ao 6 de decembro, pero trala Contra Reforma Católica (1545-1563), xurdiu outro personaxe, Christkind, o neno Xesús, que repartía agasallos no día de Nadal. O avance da tradición dos regalos do neno Xesús forzou a que San Nicolás pasara a entregar os seus agasallos o día 25.

A adorábel misión de repartir agasallos aos nenos polo Nadal foi adoptada por toda Europa, e o personaxe encargado de facelo foi desenvolvéndose a partir da figura básica do San Nicolás medieval mesturada con diferentes lendas locais (como os gnomos, o pai inverno nórdico, a meiga boa italiana, e demais).

Así naceron, por exemplo, os lendarios Kolya (Rusia), Niklas (Austria e Suiza), Pezel-Nichol (Baviera), Semiklaus (Tirol), Svaty Mikulas (ex Checoslovaquia), Sinter Klaas (Holanda), Father Christmas (Gran Bretaña), Santa Claus (EE.UU.), Père Noël (Francia)... e outras moitas variantes do mesmo mito básico.

Pero ao gordinflón de barba branca y vestido cun traxe vermello e branco, que conduce polo aire unha zorra de oito renos transportando un saco cheo de xoguetes, debémosllelo ás tradicións holandesas e aos escritores e debuxantes de Nova York, EE.UU.

A Tradición de San Nicolás arraigou de forma especialmente intensa nos Países Baixos a partir do século XIII. Chegouse a nomealo santo protector de Amsterdam.

Por aqueles días se representaba vestido con ornamentos eclesiásticos, con barba branca, montando nun burro, e levando un saco ou cesta con agasallos para os nenos bos y unha manchea de varas para os desobedientes. Máis tarde, cara o século XVII adoitaba chegar nun barco chamado Spanje (España), cun cabalo branco, sempre acompañado do seu fiel servinte moro Zwarte Piet (Pedro o Negro), un personaxe sempre sorrinte personaxe que leva un saco cheo de gominolas que é o suficientemente grande como para que, cando se queda baleiro, poida meterse nel a todos os nenos que se portaran mal durante o ano e os levaba a España (un castigo horríbel para a época, xa que estaban inimizados con España).

Esta tradición familiar de san Nicolás traspasou o Atlántico, no século XVII, xunto aos colonos holandeses que foron a instalarse na prometedora costa este de Norteamérica. Os holandeses fundaron Nova Amsterdam na illa de Manhattan, que logo seria Nova York. Neste traspaso, Pedro o Negro quedouse no continente, xa que desaparece dos festexos posteriores.

Washington Irving amante do folclore europeo, escribiu a Historia de Nova York en 1809, na que describe a suposta chegada do santo cada víspera de San Nicolás. Descríbeo xa sen roupas de bispo e deixou de montar un cabalo branco para chegar nun corcel voador. Foi tan popular a raíz deste relato que todos, incluso os colonos ingleses, festexaron a celebración holandesa. O nome foi derivando de san Nicolás, Sinterklaas ou Sinter Klaas ata acabar sendo pronunciado como Santa Claus polos anglofalantes. Nacera un novo personaxe, ao que aínda lle faltaba para converterse no actual gordo bonachón.

O seguinte paso na transformación definitiva de san Nicolás en Santa Claus ocorreu o día 23 de decembro de 1823, cando apareceu un poema nun diario de Nova York, titulado “Un relato sobre a visita de San Nicolás”. En 1862 sóubose que o escribira Clement C. Moore, profesor de estudos bíblicos en Nova York. Neste poema se enxalzou o compoñente máxico do Nicolás de Irving e fíxoo máis críbel. Cambiou a zorra tirada por un cabalo voador por un tirado por renos. Describiuno como un tipo alegre, gordo e de pequena estatura, asimilándoo a un gnomo. E o máis decisivo foi que Moore situou a chegada de Santa na vixilia do Nadal, en lugar de suceder o 6 de decembro. Grazas a este empuxe, Washington Irving creou unha sociedade literaria en honor ao santo en 1835.

A imaxe do gordo Santa Claus detallouna ao máximo o debuxante Thomas Nast, que polo Nadal publicou ilustracións de Santa Claus na revista Harper’s de 1860 a 1880. Nast engadiu detalles como o seu taller no polo norte e a súa vixilancia sobre os nenos bos e malos de todo o mundo. El foi quen lle deu o color vermello e o seu vestiario de peles.

A finais do século XIX e principios do XX o costume de San Nicolás reinventado en Nova York, foise estendendo por case toda Europa. Estabeleceu as súas bases en Gran Bretaña como Father Christmas, e de aí pasaría a Francia baixo o nome de Père Noël ou Pai Nadal, do cal derivaría Papá Noél, como se lle coñece en España, Arxentina e gran parte de América latina. Substituíndo aos repartidores de agasallos típicos de cada lugar.

Pero finalmente foi Coca-Cola a que lle deu o seu actual aspecto en 1931. Para a campaña publicitaria do Nadal deste ano, Coca-Cola encargoulle a Habdon Sundblom que remodelara o Santa Claus de Nast. O resultado foi Santa Claus máis alto, aínda máis gordinflón, aínda que máis simpático, cun rostro bonachón, de ollos pícaros, chispados e amigábeis, co pelo cano e longa barba e bigote, tamén brancos, sedosos e agradábeis. A vestimenta mantivo as cores vermello e branco, que son os da compañía, pero o seu traxe fíxose máis luxoso e atractivo.

Iso que se comenta que os agasallos son deixados polos pais, é unha mentira terríbel que quixen botar por terra con esta biografía seria e concisa de Papá Noél, San Nicolas ou como máis chiste vos faga chamalo.
                               
Sen máis...
Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 4:51:00 da tarde por kaka      7 comentarios

7 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

o teu si q ten merito traballar no dia de nadal... DISFRUTA OSTIA E DESCANSA q a nos avida do jordo este nos importa unha merda.
p.d. so escribo isto para selo q mais comentarios ten este mes xd.

domingo dez. 25, 08:41:00 da tarde  
Blogger O puyol do CDM dixo...

weno y una cosa el traje de papanoel ese rojo y blanco fue inventado por cocacola por marketing en el sigo xx a principios

segunda dez. 26, 12:02:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

Joder...pois si que ten historia o jhordo este...!

SaLuDoS!

terça dez. 27, 10:20:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

mmm es interesante, peo yo prefiero los reyes magos...

quarta dez. 28, 12:28:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

nene, non flipes.... ese título é meu, jejejejejjeje

quinta dez. 29, 10:21:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

Eu prefiro os reis magos... son 3 e por conseguinte, teñen que ser máis agasallos!!

sábado dez. 31, 04:44:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Onde esten os reis meigos q se kite o barbudo este dos collons xD

sexta jan. 06, 06:18:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA