Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

quarta-feira, janeiro 04, 2006

Bobos


Bueno, deixovos aquí un artigo de opinión que atopei hoxe no xornal que me chamou atención; e que, de paso, amosa que non só leo as letras gordas, que tamén leo os artigos que me parecen interesantes ou curiosos. Aí o tendes:

Somos moitos máis dos que sinala Mariano co dedo vendado. España, en realidade, está chea de bobos de campionato. Se non, non se entende que sexamos o país que máis horas traballa, para logo ser o que menos produce, e o que é peor, o que ten os salarios máis baixos. Non é estrano que vistos dende fóra sigamos resultando pintorescos, que as veces ven sendo o mesmo que parecer un pouco jilipollas.
Agora que o Estado, emulando iniciativas exemplares de países civilizados como EE.UU. (bueno, este non é o mellor exemplo, pero é o que hai), onde podes entrar nun bar cunha recurtada, pero non cun cigarro; empéñase en que fumar sexa un peñazo, xa non só para os que non fuman e aturan o fume dos demais, senon tamén para os que o fan; debería ir maquinando novos retos para os anos vindeiros.

Por exemplo, que a partir do 1 de xaneiro do 2007 esté prohibido botarse a sesta despois de comer, algo que se logrará mediante o decreto «horario continuado e punto», que para algo se inventou o sándwich e a mazá.

En realidade, ese tipo de medidas non está moi lonxe de convertirse en realidade, xa que non é lóxico facer unha pausa de tres horas a metade da xornada que consegue alongar ésta ata horas intempestivas.

Iso sí, cando chegue, esperemos que o Goberno e os empresarios se lembren de que o resto da racional e rica Europa ten un salario medio máis de mil euros máis alto que o dos bobos españois que non saben organizarse.

Sen máis...

PD: se queredes ver o artigo orixinal, podedes facelo aquí.

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:50:00 da tarde por kaka      6 comentarios

6 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

Iso estiveno escoitando onte na NOITE HACHE, o parecer dende o ano 2002 hai una comisión que se encarga de "europereizar" (se é esa a palabra) os horarios dos españois para que sexan o máis similares posibles os dos nosos veciños europeos o cal, se temos en conta que os nosos veciños europeos envidan o noso estilo de vida...
E isto como nos vai a afectar os españois (que somos "vagos" por natureza e entramos na comunidade económica europea con apelativo de PIGS), pois moi fácil, a partir de agora erguerémonos as 6 da mañá pra ir a traballar, a iso das 12 ou da 1, teremos uns 45 minutos para in almorzar e logo as 5 ou as 6 marchar para casiña. Se alguén que vive nunha grande urbe do estilo de Madrid ou Barcelona dirá ou afirmará, que ise máis ou menos é o seu horario, porque teñen que erguerse as 6 pra chegar ó traballo as 8 (caravanas de dúas horas porque temos que vivir en cidades dormitorio), obviamente, como cada día máis se están ampliando os horarios dos traballos, redúcemse de horas libres e teñen que comer na propia empresa ou no fastfood máis cercano ó seu posto de traballo e saen entre as 6 ou as 8 porque o sefe economiza coas horas de luz solar (economía da electriciade) e comerá duas horas de caravana ata chegar á casiña...
E iste un xeito de vida digna??

quarta jan. 04, 11:17:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

A mi ostias, mi horario es dormir de dos a dos y que no me lo quite nadie que eso es sagrado.

quinta jan. 05, 12:38:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

...lo mjor es emigrar, asi q a studiar idiomas xavales, esto es la globalizacion!!

quinta jan. 05, 01:15:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

No se, los orarios españoles no me gustan nada, xo sq la vida de lso ingleses and franceses tp me convence demasiado...mas vale lo malo conocido k lo weno por conocer...

sexta jan. 06, 01:21:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

Hombre, yo no veo a España con otro horario como puede ser el de inglaterra o así...así que no creo que la solución esté por ahí...
por cierto, es Gilipollas no jilipollas (simple corrección)

SaLuDoS!

sexta jan. 06, 08:47:00 da tarde  
Blogger Jorge dixo...

eu dende a miña pouca sabiduría analizo q cando o ano pasado stivemos en Niza de intercambio pouco cambiaba o horario...polo menos na casa na q eu estiven...asiq...nom sei, os suecos e finlandeses nom viven tan ben como teño entendido??? joer pois fagamos coma eles pouco a pouco e seremos millores pq viviremos coma eles pero con menos frio e mellores praias e verao...nom é un choio?? o malo e o cambio pero pouco a pouco...
Deiká - Mich0

sábado jan. 07, 06:53:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA