Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, janeiro 28, 2006

Este blog escríbese en galego


Fai algo de tempo, atopei no blog de Realidad Novelada esta campaña para o uso correcto do idioma en Arxentina, polo que inspirado nela, decidín adoptala e adaptala ao Galego, pois independentemente de que todos podemos sufrir algunha distracción ou error de "dedo", o mutilar e deformar as palabras a propósito, é unha grosería que atenta contra a, xa de por sí, mermada riqueza da nosa lingua.

Como di a autora que iniciou esta campaña:

"Non usar acentos, aínda que as veces é un dolor de cabeza, é loxicamente posíbel, xa que non entorpece a lectura. Pero usar a K en lugar de QU; a SH en lugar da LL e da Y;[…]; a C en lugar de "Sé" o "Se"; TB para "Tamén"; o número 2 para a terminación dos plurais; o número 100 para abreviar "Sempre"; a X en lugar de "Por"; [eu agrego un largo etcétera] sumado a alternar maiúsculas e non usar puntos nin comas, RÓMPEME INCONMENSURABLEMENTE AS PELOTAS."
Por iso, este servidor, no seu afán ou no seu intento de contribuir á conservación da lingua galega con todos os seus acentos, signos de puntuación e regras de ortografía (que para algo as tiven que aprender, que carafio), desexa comenzar a propia, de xeito permanente, aínda que sen limitala a este blog, senon ao contrario, buscando facela extensiva a todos aqueles que utilizamos este belísimo idioma.


Si desexas facer o propio e sumar esforzos, podes copiar o código (que se atopa no menú do lado dereito), no teu sitio web ou blog e contribuir co teu gran de area…


Pola conservación da lingua, tratemos de dar exemplo.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:13:00 da tarde por kaka      6 comentarios

6 Comentarios:

Blogger Jorge dixo...

eu estou dacordo..o q pasa e q e mais comodo scribir asi...e a verdá e q se ai q scribir bem...e mais jodido e falase menos pq tes q scribir mais...pero weno, estou dacordo en q alg1s spazos coma o teu keden pra scribir correctamente.
Deiká - Mich0

domingo jan. 29, 01:04:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

Boas! Tentarei non cometer erros, ainda que hai moito que non repaso as regras do galego (algo así como 10 anos!!, xa choveu), de xeito que farei o que poda... No segundo cuatrimestre teño a asignatura de galego en Maxisterio, así que espero que se vexa unha evolución favorable. Ata outra!

domingo jan. 29, 05:17:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

A mi que me aprueven primero y despues hablare todo el gallego que querais, eso de partida, si tengo k hacer un post esta claro que lo pongo en gallego pero para comentar no aunque estoy de acuerdo con la consevacion de la lengua (no os echeis encima mia)

terça jan. 31, 09:38:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

weno, eu non adoito falar en galego, pero xa q fixeches esta entrada, pois fareino x unha vez. ala saúdos

quinta fev. 02, 05:46:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Tes que presentar o teu blog como material para que che poñan un positivo en galego xDDDD boeno mellor non, non vaia ser q se lea algo q non gusta

quinta fev. 02, 08:14:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Jolín, menos mal que alguén conserva algo de cabeciña para non utilizar as ditosas abreviaturas que tantas dores de cabeza e xenreira me dan, jajaja! Bicos!

terça fev. 07, 05:49:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA