Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, janeiro 14, 2006

Inventor da primeira calculadora


E resulta que o inventor da primeira calculadora foi galego, deixovos aquí a historia esta:

Ramón Verea, foi un galego que con 21 anos emigrou a Cuba e anos mais tarde trasladase a Nova Iorque, onde din que se converteu nun ianki puro, despois de que os Estados Unidos lle concedera a patente dun dos seus inventos volve a Galiza. Tras un tempo mudase a Guatemala e despois a Bos Aires que é onde morre. Ramón Verea publicou, ó largo da súa vida, algúns libros e fundou unha revista.

O 10 de setembro de 1878 o goberno dos E.E.U.U. concédelle a Ramón Verea a patente pola invención dunha máquina de calcular, única no mundo, por aquel tempo, capaz de sumar, restar, multiplicar e dividir (as anteriores só sabían sumar e restar). Ramón Verea publica nun xornal as características da súa maquina, dunhas 50 libras de peso, 14 polgadas de longo, 12 de ancho e 8 de alto, feita de ferro, aceiro e metal amarelo, capaz de sumar, restar, multiplicar e dividir números de nove cifras, admitindo ata seis números no multiplicador e quince no produto.Os grandes xornais americanos comentan a historia; o "Herald", o "Scientific American ", "Le Cournier des Estates Units ", todos sen excepción dan conta do asombro de mecánicos e aritméticos diante da perfección do invento. Verea confesa publicamente non querer cartos nin celebridade; só desexa contribuír ó adianto da ciencia, a probar que o xenio inventivo non é exclusiva americana e a satisfacer o seu amor propio.

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:37:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Interesante! Pois si que inventamos cousas útis os galegos (bueno, inventan os demáis, non eu...). E tan imaxinativos que, como seguramente saibades, o inventor do futbolín, Alejandro Finisterre, era de Fisterra... E vaia invento, eh? Penso que non debe existir a persoa que non xogara ó futbolín na súa vida... (alomenos nestas terras). Je, je!

quinta jan. 26, 01:31:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA