Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

terça-feira, janeiro 24, 2006

¡¡Lobelle campión!!


Bueno, hoxe quero adicarlle esta entrada ao Lobelle, pola súa magnífica actuación na Copa do Rei de Fútbol Sala, que como xa todo o mundo sabe, lograron traer, contra todo pronóstico, para Santiago de Compostela.


Pero non foi un camiño de rosas, pois xa nos cuartos de final, desputados o xoves, se enfrentaron ao Polaris World de Cartaxena, ao que venceron nun gran partido, que o que isto escribe viu no Capitol, no que quedaron 7-4 a favor do Lobelle e onde destacou especialmente a actuación de Ciço, autor de 5 goles.

No seguinte partido (o sábado ao mediodía), contra El Pozo de Murcia, o Lobelle, a parte de contar coa súa xa de por si numerosa afección, foi animado pola da súa víctima en cuartos de final. Foi un partido que non destacou pola cantidade de goles pero si polas ocasións en ambas porterias. Ben é certo que mentres o control do partido lle pertencía ao Lobelle o dominio no marcador foi para El Pozo. Mais o tempo reglamentario rematou co 2-2 no marcador polo houbo unha prórroga, na que Serpa foi decisivo ao marcar gol tras un erro defensivo e converter un doble-penalty. Aínda así, El Pozo marcaría un gol que mantería a emoción ata o pitido final.

O domingo, o día da gran final contra o Boomerang, que o menda viu tamén no Capitol, acompañado . Foi un partido semellante en certo modo á semifinal. O control do partido era do Boomerang pero quen se adiantaba no luminoso era sempre o Lobelle. Destaca o gran número de oportunidades que non subiron aó marcador pola gran actuación dos porteiros, en especial de Toni Lodeiro. O partido e prórroga remataron cun 2-2 no marcador polo que o vencedor se decidiu na tanda de penaltis, da que o Lobelle saiu vencedor.

Sen máis...

PD: se queredes saber máis podedes visitar o blog de Carlos que está informando sobre o asunto, ademais el ten influencias e está máis informado.

Etiquetas: , ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:00:00 da manhã por kaka      2 comentarios

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Ese lobelle, mucho sufrimos cuando fue Danieli a tirar el penalti pero al final todo salio bien. Enorabuena lobelle

terça jan. 31, 09:40:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

eeeeeeeeeeeeesee, yo lo vi dsde barcelona, justo antes d volver n avion, peo no coincidi cn los dl lobelle, q igual iban dsde barcelona pa volver a stgo. ESE LOBELLE!!

quinta fev. 02, 05:57:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA