Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, janeiro 08, 2006

A mellor liga do mundo non é a española


"A Premier League desbanca á Liga como a mellor do mundo". Este é o titular dunha noticia publicado no marca hai dous días. A Liga española, que en 2004 foi considerada a mellor do mundo pola "Federación Internacional de Historia e Estadísticas de Fútbol" (IFFHS), foi relegada á cuarta posición pola Premier League inglesa, o campionato máis poderoso en 2005, pola liga italiana e pola francesa. A Premier League, que foi en 2004 a segunda máis forte do mundo trala española, aumentou a súa forza e así demostrou fóra das Illas Británicas, segundo a IFFHS.
Destaca tamén a Serie A italiana e a Premiére Division francesa, actualmente a terceira mellor liga do mundo. "Aa irregularidade dos mellores equipos españois no plano nacional (caso de Deportivo, Valencia e Real Madrid) e o seu pobre rendemento nas competicións de clubes europeas ao largo do ano provocaron a caída da Primeira División española do primeiro ao cuarto lugar", explica a IFFHS.

Mentras a Bundesliga alemana subiu un posto (agora é quinta), a Eredivisie propulsou aos holandeses á séptima praza, xusto entre Brasil e Arxentina. Igualmente os ascensos das ligas de Rusia e Ucrania, agora entre as dez mellores, foron espectaculares; grazas, sobre todo, ao bo papel do Spartak de Moscú (campión) e o Shaktar Donest na copa da Uefa. A Primeira División de México non só é, como é tradicional, a mellor liga da zona CONCACAF, senón tamén a terceira máis poderosa de toda Latinoamérica.

Entre outras ligas nacionais que tiveran unha importante subida en 2005 destacan Romanía, Suiza, Bulgaria, Dinamarca, Ghana, Marrocos, Exipto, Noruega, Eslovaquia, Estonia, Polonia e especialmente os Emiratos Arabes Unidos, actualmente a mellor liga asiática, por diante de Arabia Saudita e China. No lado oposto, as importantes ligas de Asia Oriental, Xapón e Corea do Sur están en descenso. Pódese apreciar unha caída similar nas ligas nacionais de Perú, Sudáfrica, Letonia, Hungría, Israel, Senegal, Suecia e Croacia.

Clasificación 2005 de ligas nacionais:

1Inglaterra1207´0
2Italia1.137´0
3Francia995´0
4España985´0
5Alemania950´0
6Brasil946´0
7Holanda890´5
8Arxentina850´0
9Rusia710´5
10Ucraína665´0
11México657´0
12Portugal633´5
13Bélxica631´0
14Chile618´0
15Colombia615´0
16Escocia595´5
17Turquía573´0
18Grecia564´5
19Romanía526´0
20Perú502´5

Sen máis...

PD: Se queredes, podedes ver o artigo do marca aquí

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:09:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Blogger J.S. Zolliker dixo...

Hola Kaka!
No me molesta en nada que adaptes mi campaña por la defensa del lenguaje al gallego. Así que recibe mis saludos y benia desde México.

segunda jan. 09, 01:57:00 da manhã  
Blogger spider de cangas dixo...

home con eqipos como o real madri e o celta q baixan a media do pais... tiñan q ser todos como o aleti prometer moito e facer pouco asi iriamos pra diante. e a liga italiana mais valorada ca española? non mo creo. Liga de galiza ja i con el aleti infiltrao i el cdm en 1º

terça jan. 10, 10:34:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

q o betis fora a champions di o nivel k tivemos este ano na liga...

quarta jan. 11, 04:14:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA