Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, janeiro 22, 2006

Meme: 5 estranas costumes


Hoxe chegou ata min un novo meme, que pola súa simpatía e sinxeleza vou levar á práctica con máis rapidez que o anterior. E tamén porque había persoas humanas esperando por esta circunstancia, coas que me quero desculpar pola miña tardanza alegando que o fixen por dúas veces pero se me petou o chisme en ambas ocasións...

E dito isto, dou paso á materia que me ocupa:

Invitoume a xogar: Alvinha

Normas:

A primeira persoa en participar redacta unha entrada titulada "5 estranas costumes", e as persoas invitadas a participar deben facer o propio no seu blog respectivo, indicando claramente quen lle invitou e incluíndo estas normas.

Ao final, debedes escoller a 5 novas personas para invitalas a que continuen co meme, poñendo o seu nome e un link á súa bitácora, sen esquecer deixar un comentario no seu blog lembrándolle que está entre os afortunados elexidos e que se informen do asunto no voso blog.

As miñas 5 estranas costumes:
  1. Sempre que abandono o ordenador deixo o monitor apagado, por moi pouco tempo que sexa. E isto chega ao extremo cando a miña ausencia e prolongada, pois neste caso non me conformo con deixar o monitor apagado, senon que tamén lle baixo o contraste ata o mínimo.
    Se o pensades, tampouco é tan malo, deste xeito aforro enerxía e aforrando enerxía axuda a conservar o medio ambiente.


  2. Cando vou só pola rúa ou, no seu defecto, ao meu aire, adoito ir dándolle patadas a todo o que atopo polo chan.
    É o que ten, os que non sabemos xogar ao fútbol dalgún xeito teremos que aprender, e con máis motivo se non adestramos...

  3. Cando vou acompañado, en lugar de darlle patadas a merda que atopo polo chan, o que fago é estalarme os dedos, xogar coas mans, urgar nos petos...
    É o que hai, non son capaz de estar tranquilo un anaco e teño que estar sempre facendo algo...

  4. Esta é unha variante da anterior, que se dá na clase. Resulta que cando estou en clase atendendo, á vez fago cruces, asteriscos, aspas e tal na marxe dos libros.
    É que se non me aburro e se me aburro acaba facendo o parvo xogando con calquera cousa: xogando a dispararlle a Feijoo co rolo que teño feito coa lámina de Debuxo Técnico coma se fose unha pistola, escopeta, ametralladora ou bazoka (a máis repetida estes días).


            
                         

    E se o pensades non é mal costume o de pintar cruces nas marxes... así cando estiven en clase de mente presente e cando non. So hai que comparar o libro de Galego co de Física, a diferencia é evidente...


  5. Xa lembrei o que ía poñer aquí. Pois era que acostumo a peitearme antes de deitarme pola noite, parecera unha parvada pero e que se non o fago ao día seguinte teño o pelo enleado. E cando vou co pelo solto adoito levar un peite no peto para peitearme para que non se me enlee o meu fermoso cabelo

Invito a participar a...

  • Mariña, en devolución do meme que me pasou ela.

  • Micho, por ser un dos meus lectores máis fieis.

  • Carlos, a ver se así actualiza o blog.

  • María, así xa ten que poñer no seu blog.

  • Marykinha, polo mesmo motivo que Micho.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:48:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Blogger Sinuh3 dixo...

Non o entendo

terça jan. 24, 11:35:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

k e eso do meme?

quinta jan. 26, 06:28:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

No se si me invitaste a postear aqui pero estoy de acuerdo con tus costumbres pero gracias a la de pegar patadas al suelo conseguiste un reloj

terça jan. 31, 09:42:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA