Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

segunda-feira, janeiro 16, 2006

Paisano de Angrhois no xornal


Déixovos aquí unha nova que saiu hoxe no xornal e que ten como protagonista a un paisano de Angrhois:

"O independentista Eduardo Vigo Domínguez, de 20 años, que o sábado se pegou un tiro nunha perna, segundo él accidentalmente mentres manipulaba unha pistola que se atopara tirada, seguía onte ingresado no hospital Clínico de Santiago tras serlle extraída a bala, de pequeno calibre, dun 22.

Eduardo Vigo, veciño de Angrois, unha aldea pertenecente á parroquia de Sar, “evoluciona favorabelmente e o seu estado non reviste gravidade, estando actualmente ingresado en planta”, segundo puido saber este diario.

O mozo conduxo o seu propio automóbil ata o servizo de Urxencias do hospital Clínico tras disparárselle o arma, que atopou tirada no chan entre uns matorrais nos arredores da súa vivenda, segundo a versión dos feitos que deu á Policía no centro hospitalario, a onde acudiron varios axentes para interrogalo.

A versión dos feitos intentou ser corroborada onte por axentes policiais que interrogaron aos pais do mozo e aos seus familiares, mentres seguían as pesquisas para atopar o arma da que se desfixo Eduardo Vigo tras disparárselle accidentalmente na perna esquerda, segundo a versión que deu ás forzas de seguridade, que ven importantes lagunas nas súas declaracións, ao parecer inverosímil a sucesión de feitos que comentou, así como a desaparición da pistola.

Vigo Domínguez, que nas pasadas eleccións ao Parlamento europeo foi nas listas de Nós-Unidade Popular no número 39, ten antecedentes por realizar pintadas nas paredes, ademais de estar presuntamente implicado en actos vandálicos.

É coñecido como un membro moi activo en actos convocados polo grupo independentista galego Nós-Unidade Popular, do fluiu a formación radical AMI.

A operación Castiñeira:

Este grupo foi obxectivo da Policía o pasado mes de novembro, dentro da operación Castiñeira, cando foron detidos dez membros de AMI, acusados de asociación ilícita, enalteceminto do terrorismo, danos e alteración da orde público.

Catro meses antes, o xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno ordenou o ingreso en prisión de Uxío Caamaño, líder de AMI, e de Xiana Rodríguez como presuntos autores da colocación dun artefacto explosivo que destrozou o 23 de xullo do ano pasado unha sucursal de Caixa Galicia, en Santiago."

Sen máis...

PD: Se a alguén lle interesa, pode ver a nova aquí


Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:46:00 da tarde por kaka      4 comentarios

4 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Moitísimas grazas, kaka!! Xa colmaches casi de todo as miñas expectativas con teu comentario no meu blog... O erro é meu por non aclararche un pouquiño o tema dos "edublogs" (ainda que non penses que eu estou máis posta ca ti). Pois simplemente son blogs nos que se tratan temas educativos, e xeralmente tendo en conta a correcta integración das novas tecnoloxías. Nada máis chegarme a invitación a continuar o meme pensei en ti, ainda que non sexas blogprofesor (eu tampouco o son): pero eres un incrible blogalumno ou blogger a secas, e podes falar como tal. Con respecto a quen pasarlle o meme... seguro que tes xente ó teu arredor (compañeiros, profesores, amigos ...) que teñan blogs nos que falen dos mesmos blogs, das técnicas da información e da comunicación relacionadas coa educación, ou de calquer tema que sempre serve para medrar compartindo (as túas parábolas son un perfecto exemplo disto).
Grazas outra vez polo teu interese, e non teñas presa por continuar co meme: somentes cando teñas tempo e gañas, vale? Un bico enorme.

quarta jan. 18, 10:36:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

Where's Angrhois??

quinta jan. 19, 11:42:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

enlace relacionado ca nova, tal vez con moita mais verdade que o da folla parroquial do correo
http://www.ceivar.org/principal.php?pagina=nova&id=183
mais um
http://www.ceivar.org/principal.php?pagina=nova&id=178

sexta jan. 20, 09:42:00 da manhã  
Blogger Sinuh3 dixo...

Kaka tio ainda vin hoxe este coment, tesme que mencionar a min aqui, porque, quen che deu a info sobre este suceso a modo de anecdota??? xDDD por certo aos detidos do AMI coid que eso detiveron ao lado da minha casa, non son os que estaban no Pichel? é o local sociocultural do meu barrio xDDD deikaaaaaaaa

domingo jan. 22, 12:39:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA