Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, janeiro 13, 2006

Parábola do venres: Non te rendas


Érase un museo co chan completamente cuberto por belísimos azulexos de mármore e cunha estatua, toda en mármore, enorme; exhibida no medio do salón de entrada. E chegaban moitas persoas do mundo enteiro para admirar a fermosa estatua de mármore.

Unha noite, os azulexos de mármore comezaron a falar e prostestarlle á estatua de mármore.

- Estatua, ¡isto non é xusto, non é xusto! Por que ven xente do mundo enteiro, pisa e pisa en todos nós, só para admirarte a ti? ¡Non é justo!

- Meu querido amigo, azulexo de mármore. ¿Aínda lembras cando estábamos na mesma caverna? -
respondeu a estatua.

- ¡Si! Por iso todo isto me parece tan inxusto. Nós nacemos da mesma caverna e agora recibimos un trato tan diferente. ¡Non é xusto! - e chorou de novo.

- Entón, ¿aínda lembras o día que o artista tentou traballarche, mais ti resistisches bravamente as ferramentas?

- Si, claro que me lembro. ¡Odio a aquel suxeito! ¡¿Como pode empregar aquelas ferramentas comigo?, doe moito!

- ¡Iso é ben certo! El non puido traballar nada en ti porque resistiches ser traballado.

- Si. ¿E que ten que ver?

- Cando el desistiu de ti, veu para onda min , e, en lugar de resistir com a ti, eu souben inmediatamente que me tornaría algo diferente despois dos seus esforzos. E non me resistín, ao contrario, aturei todas as ferramentas dolorosas que empregou comigo.

- Hummmmm....... -
rosmou o azulexo.

- Meu amigo, hai un prezo para todo na vida. E nom sempre é fácil. As veces é moi complicado, doloroso. Mais temos que aprender a soportar os sofrimentos, procurando crecer e aprender para transformarnos en algo máis belo.


Se desistiches de todo no medio do camiño, agora non podes culpar ás persoas por pisarche.

Sen máis...

PD: Comunicarvos que despois de ler a entrada na que Yeyu se gababa polo aniversario do seu blog eu púxenme a botar contas e resulta que hoxe o meu fai 6 meses. 6 meses dende o primeiro post (cun intervalo dun mes de descanso por vacacións) e nos que escribín 76 entradas, algo que me parece non está mal para un blog humilde como o meu...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:03:00 da tarde por kaka      4 comentarios

4 Comentarios:

Blogger Jorge dixo...

ta ben a choia esta..é verdá q nom ai q keixarse se é culpa dun mesmo...ta xula sim, dixéchesme q era curta a d oxe pero nom pasa na pq mais vale calidá q cantidá!enha pois na sperarei a q a xente comente pra crear unha conversa x eikí aer q sae...
Deiká - Mich0

sexta jan. 13, 11:39:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Gústame este "non te rendas", sen embargo, sinto que teño que facer unha pequena matización con respecto á idea que se recolle. Eu penso que sí hai que resistir, porque precisamente iso, e non o contrario, é o que significa non rendirse. ¿Por que temos que tornarnos en algo diferente ó que realmente somos simplemente porque outros o queran? Penso que cando algo, dende o exterior, nos transforma, non é para voltarnos "diferentes" ó resto, senon precisamente para facernos iguais, á imaxe e semellanza desa realidade externa. A pluralidade é un tesouro que debemos conservar alá onde vaiamos: todos somos distintos de todos e non podemos pretender ser iguais, que nos "modelen". Na aprendizaxe nos tornamos en algo diferente, pero nunca polos esforzos dos demáis, senon polos nosos esforzos. Iso sí que é complicado e doloroso: o crecemento e a aprendizaxe por nós mesmos para transformarnos en algo máis belo, pero ese algo só pode ser o que nós queramos ser respetando a nosa esencia, e nunca o que outro decida por nós. ¿Non estades de acordo?

sábado jan. 14, 02:44:00 da tarde  
Blogger kaka dixo...

Totalmente de acordo, penso que non temos que ser nós mesmos e non deixarnos influír polo que nós ven dende a sociedade, pero isto tamén con matices, porque as críticas construtivas debemos aceptalas para seguir mellorando e tal...

Veña, que resultan interesantes estas conversacións... a ver se o resto tamén se anima...

Sen máis...

sábado jan. 14, 03:54:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Hola Kaká! Como xa sabes que o teu blog me deixa con cara de parva, quixen invitarche (mira a miña páxina de blogia) a continuar un meme de blogs que circula por ahí (vas ver que é doado cando o leas). Aínda que non sexas mestre (podes poñer nun dos apartados "blogalumno"), o teu punto de vista penso que debe ser tido moi en conta, e sei que vas coller o relevo con interese. Bicos!!

domingo jan. 15, 11:35:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA