Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, janeiro 20, 2006

Parábola do venres: O balde de diñeiro


Ía unha noite agradábel cando un home entrou nun restaurante de comida rápida (en plan Mc Donalds) e mercou un daqueles baldes con nove anacos de carne. Foi e levou a comida ata o parque para ter un pícnic romântico sobre a luz do luar coa súa señora.

Ao abrir o balde levou unha gran sorpresa. En lugar de pedazos de carne encontrou o que probabelmente sería o depósito nocturno do restaurante: nove mil dólares. O home levou o balde de volta para o comercio e pediu a súa cea en troques do diñeiro.

O xerente do negocio, asombrado coa honestidade do home, pediulle o nome e díxolle que quería contar toda a historia aos xornais. ¡Transformaríase nun heroe, un exemplo de honestidade e moral que inspiraría a outras persoas!

O home famento encolleu os ombreiros e mirou para fóra:

- A miña muller está agardando. Eu só quero a miña cea.
A sorpresa do xerente foi renovado pola humildade do home. E volveu suplicarlle que lle permitise contar a historia aos diarios. E o home honesto volveu negar esixindo a súa cea.

- ¡Non o entendo! - respondeu o xerente. - ¡Vostede é un home honesto nun mundo deshonesto! Esta é unha oportunidade perfecta para mostrar ao mundo que aínda existen persoas honestas. Por favor, deme o seu nome e tamén o da súa muller. ¿É sua esposa?

- Ese é o problema, - di o home. - A miña esposa está en casa. A muller do coche é miña amante. Agora déixeme coller a miña cea e marchar xa daquí, por favor.


É fácil parecer bo para as persoas que non te coñecen. Moitos de nós facemos unha boa acción aquí e outra alá e todos cren que somos algo que realmente non somos.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:05:00 da tarde por kaka      4 comentarios

4 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Estaba desexando ler a publicación da parábola do venres...
Moi boa! (coma sempre) Bueno, adoitamos a ser "mellores persoas" ca xente de fora da casa que cos de dentro, non sei por qué. As confianzas din... Por outra banda, estamos cheos de defectos e virtudes, o que está claro é que ninguén é perfecto (quen sabe se a muller do "home honrado" no lugar de na casa sacando brillo á cornamenta non estaba facendo outras cousiñas...).

sexta jan. 20, 11:48:00 da tarde  
Blogger Jorge dixo...

juer...pos si q es jodida...no ntiendo como algien q le pone los cuernos a la mujer si tiene wevos pa eso no se keda con el dinero...x lo - izo 1wena obra...
pero weno como simple anecdota supongo q visteis lo de la sñora q vende cupones de la once y un tio le compraba siempre el mismo nº y el dia q toko ese nº no la vio pero la señora se lo abia reservado y se lo dio...joer! eso si q es ser wena tia...wen pos eso...
Deiká - Mich0

sábado jan. 21, 12:08:00 da manhã  
Blogger marykinha dixo...

Curiosos... lembraste o outro día que falamos de que as veces, non valoramos o que temos na casa e que somos moito máis considerados cos de fóra... pareceme incrible que agora publiques este post, xusto unha semana despois da nosa conversa, que se plantexou tan profunda!!
Bicos e Ánimo.
P.D. Noraboa pola victoria de hoxe!!

sábado jan. 21, 01:46:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Los alumnos de economia de 1ºC declaramos que este post sobre el dinero nos tendria k kaer en el examen. Voi a poner los cuernos y kedarme con el dinero como pone el post jejejeje

terça jan. 31, 09:44:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA