Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

terça-feira, fevereiro 28, 2006

"¿Por qué non ser amigos?"


Hoxe deixovos aquí unha canción de Hombres G con Dani Martin que xa coñecía e que me gustaba, pero que a escoitei casualmente o outro día pola radio, e non sei, fíxome pensar sobre o que di, e bueno, poñoa aquí porque penso que merece a pena que vós tamén o fagades...

"¿Por qué no ser amigos?"

¿Qué es lo que pasa ¿estamos locos o que?
¿qué es esta farsa? ¡dime quien engaña a quien!
quien se ha creido que somos para tratarnos así
sólo se que así no se puede seguir.

Hay muchas formas para hacerse escuchar
Muchas personas que merecemos la paz
¿Por qué odiar al difente si no es como los demás?
cuando todos somos gente nada más.

¿Por qué no ser amigos,estar unidos,
vivir sin miedo y en libertad?
¿Por qué no dar la mano ser como hermanos?
¿Por qué no intentamos vivir en paz?
¿Por qué no ser amigos,y estar unidos,
contar conmigo en lo que yo os pueda ayudar?

Se puede hacer
Trabajando juntos se conseguirá...

Yo no comprendo esta mierda de sociedad,
Por qué estoy deacuerdo con los que quieren gobernar,
que se metan sus mentiras por donde les puedan caber,
pero nosotros tenemos aún mucho que hacer.

¿Por qué no ser amigos,estar unidos,
vivir sin miedo y en libertad?
¿Por qué no dar la mano ser como hermanos?
¿Por qué no intentamos vivir en paz?
¿Por qué no ser amigos,y estar unidos,
contar conmigo en lo que yo os pueda ayudar?

Se puede hacer con voluntad...
Empezando por amar,
y respertar a los demás...

¿Por qué no ser amigos,estar unidos,
vivir sin miedo y en libertad?
¿Por qué no dar la mano ser como hermanos?
¿Por qué no intentamos vivir en paz?
¿Por qué no ser amigos,y estar unidos,
contar conmigo en lo que yo os pueda ayudar?

¿Por qué no ser amigos?
¿Por qué no ser amigos?
¿Por qué no ser amigos?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:20:00 da tarde por kaka      2 comentarios

domingo, fevereiro 26, 2006

Magosto


Non sei se lembrades a Castaninho, a famosa mascota da selección galega que vos presentara no post do partido da selecçom galega. Pois resulta que unha pequena confusión nun magosto celebrado con motivo do antroido deixono así:

Sen máis...

PD: Imaxe dos amigos de aduaneiros sem fronteiras

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:59:00 da tarde por kaka      5 comentarios

sábado, fevereiro 25, 2006

Parábola do venres: Quérote así


Bueno, desculparme cos meus fies lectores polo retraso na publicación da miña parábola semanal, pero o aniversario de Cuesta obrigoume a desprazala ao sábado... e logo a miña estadía en Madride impediume cumprir correctamente.

Era unha mañá de venres e en home novo de negocios estaba decidido finalmente a pedir un aumento de soldo ao seu patrón.

Antes de saír para o traballo, contou á sua esposa o que estaba a piques de facer. Sentiuse nervioso e aprensivo o día enteiro. Finalmente, ao cabo da tarde, reuniu coraxe abondo e foi falar co patrón, e para a súa sorpresa e pracer, o xefe concedeulle o aumento.

O exultante marido chegou a casa e atopou unha bela mesa coa mellor louza chinesa iluminada por candeas. Sentindo o aroma dun xantar festivo, imaxinou que alguén da oficina chamara á súa esposa e lle contara todo. Entrou na cociña para relatarlle con todo luxo de detalhes a súa boa nova.

Abrazáronse e danzaron en torno do cuarto antes de sentar se para dar conta do maravilloso xantar que a súa esposa tiña preparado. Ao lado do seu prato atopou unha cartolina escrita con letras artísticas que dicía:

"¡Parabéns, querido! ¡Sabía que conseguirías o aumento! Este xantar é para mostrarche canto te amo".

Máis tarde, no camiño ata a cociña para axudar a súa esposa a servir o postre, observou que un segundo cartón caera do bolso dela. Apañouno do chan e puido ler:

"¡Non te preocupes por non conseguir o aumento! ¡Merecialo! Este xantar é para mostrarche o canto te amo".

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:30:00 da tarde por kaka      3 comentarios

sexta-feira, fevereiro 24, 2006

Aniversario de Cuesta


Aínda que o parecese, non esquecín que hoxe fose o aniversario de Cuesta, pero a excursión a Madride impediume publicalo no día, pero fágoo agora e así queda mellor.

Pois resulta que o aquí homenaxeado protagonizou a anécdota máis salientábel da convivencia e que a bo seguro máis se repetirá nesta semana. Estou falando do novo deporte que inventou e practicou, literalmente como o digo: lanzamento de cadeira á cabeza dos inchanarices de 3º da E.S.O.

Bueno, e agora que xa comentei a batalliña, quero facer efectiva a miña felicitación:



¡¡Parabéns campión!!

Que cumpras moitos máis, desexarche que pases un bo día e mellor ano, que che vaia ben a vida, que medres moito e todas esas historia que digo sempre.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:27:00 da tarde por kaka      4 comentarios

quinta-feira, fevereiro 23, 2006

Enxeñaría Industrial


Desta volta correspóndeme falar da chachara que nos botaron sobre a Enxeñeria Industrial, veu un tio que era coma Picola (tiña unha mirada enigmática) e improvisou. Pero así como o digo, veu cun papel, o guión que lle deu Antonio ou quen fose e foi falando diso.

Falou das distintas especialidades que había dentro da propia enxeñeria (química industrial, electrónica e non sei cales máis...) e un pouco tamén das demais enxeñerias.

Das saídas laborais, que non me acaban de convencer, que viñan sendo traballar facendo proxectos pola túa conta, adicarte á docencia ou nunha empresa, e vale só contemplo o último e tampouco me entusiasma...

Bueno e pouco máis nos dixo, a parte de tonterías... e o que lle preguntábamos moitas veces non o sabía contestar, proba evidente de que improvisaba, por exemplo, non sabía as notas de corte...

E iso, este tampouco me convenceu, e polo momento a miña prioridade seguen sendo as Matemáticas, pero tampouco o vexo moi claro, porque comezo a pensar que se me meteu na cabeza porque o tio que veu facer a presentación fixoa decentemente...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:33:00 da tarde por kaka      4 comentarios

quarta-feira, fevereiro 22, 2006

Información xeral sobre a Universidade


Hoxe tócame comentarvos o que veu dicir un tal Servella, Cervella ou como se chamara, sobre o que ven sendo a Universidade de Santiago así a grandes rasgos.


Explicou o dos anos, as titulacións e o da matrícula, e dixo que pola media non tiñamos que preocuparnos moito, porque se non nos chegaba podiamos ir un ano a outro sitio onde nos chegara e pedir o traslado ao rematar o primeiro curso.

Tamén falou das becas, e recomendou ir a estudar forra, porque ademais nos tratan moi ben e tal, e joba eu ía de cabeza, pero joba, quero ir a Portugal ou a italia e para iso debo comezar a estudar xa...

Falounos da residencia e dos demais servizos que ofrecía a USC: deporte, voluntariado, bibliotecas e máis cousas que non lembro...

E fixo publicidade da páxina web da Universidade, xa vos deixo aquí a URL, www.usc.es, por se vos dá por ir visitala.

Pero o que máis me chamou a atención foi que concedesen tantas bolsas para investigadores... seica é a quinta universidade española neste aspecto, e bueno, é posibilidade que pode ser interesante...

E básicamente iso, pero se alguén quere completar esta información ou expresar a súa opinión ao respecto que o faga mediante os comentarios.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:41:00 da tarde por kaka      1 comentarios

terça-feira, fevereiro 21, 2006

Enxeñaría Informática


Bueno, hoxe tócame contarvos que nos dixo o personaxe que veu falarnos da Enxeñería Informática.

Díxonos as diferentes titulacións que había, Enxeñeiro Técnico de Sistemas, Enxeñeiro Técnico de Redes (ambas de tres anos) e Enxeñeiro Superior (de cinco anos), e as diferenzas que había entre elas.

Comentounos que era o que se estudaba: linguaxes de programación e unha importante base de matemáticas.

Falou tamén das saídas laborais que se contemplaban para esta carreira, en Galiza seica eran un pouco limitadas, pero que en Madride e Barcelona non había problema para atopar traballo e que no estranxeiro, en lugares coma Alemaña e Polonia, eran moi demandados estes enxeñeiros e que se lles trataba moi ben, soldos altos, profesores particulares e iso...

Esta en lugar de convencerme coma a de onte desanimoume un pouco, porque pensaba que estaba máis enfocado ao control de programas e software a nivel de usuario, e non tanto a programar e xestionar redes, sistemas e cousas do estilo... Por este motivo perdín un pouco de interese, pero aínda non a descarto, porque dentro do que hai é do que máis me gusta...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:59:00 da tarde por kaka      1 comentarios

segunda-feira, fevereiro 20, 2006

Matemáticas


Agora paso a falarvos da chachara de Mates, que foi a que me tocou a min. Veu o decano da Facultade de Matemáticas e comentounos un pouco todo a grandes rasgos.

Falamounos do plan de estudos, das materias e tal, e neste sentido destacar que teñen docencia repetida nos dous cuadrimestres, e que a informática ten un papel importante, e mellor, porque tamén a tiña entre as miñas preferencias...

Logo falounos das saídas que tiña, o que me chamou bastante a atención, porque só lle vía a saída da docencia, pero seica están en todos os lados, que ata fan falla para as ortodoncias e cousas raras do estilo...

O lado negativo é que é unha licencitura de cóbados, sobre todo o primeiro ano, o que me viría ben, para levar o palo tan pronto comezar, o que me faría porme serio os catro anos seguintes. Pero bueno, partindo da base de que na Universidade hai que estudar, prefiro facelo con números e o ordenador que con letras.

E joba, máis alá de que o tío ven a vendernos a moto, a min pareceume bastante convincente... porque vale, antes xa me chamaba bastante a atención pero a tiña en segundo plano porque só lle vía a saída da docencia, pero, como acabo de dicir, seica ata fan falla matemáticos para medir a distancia á que prantar as sementes das leitugas para que aumente a produtividade... e logo esta o tema das Erasmus en Italia e Portugal que me interesa bastante (aínda que xa veremos despois que pasa...).

E iso, que onte non tiña claro que facer, pero a día de hoxe podo dicir que as Matemáticas son, se non a miña prioridade, si unha delas.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:09:00 da tarde por kaka      3 comentarios

domingo, fevereiro 19, 2006

Semana de Orientación


Bueno, comentar que está semana o colexio organiza o que lle chaman xornadas de orientación, que consisten en coloquios informativos (coidado comigo que agora escribo con cultismos...) de decanos, profesores e demais fauna universitaria... (con todos os meus respectos ás universitarias que me len, e aos/as que me leran) a falarnos dunha serie de carreiras.

Deixovos aquí un pequeno almanaque coas chacharas previstas, para a xente que non dispón del:
Día\Clase1ºA1ºB1ºC
luns 20Xornalismo e Comunicación AudiovisualMediciñaMatemáticas
martes 21

Administración e Dirección de empresas

FarmaciaEnxeñería Informática
mércores 22Información Xeral sobre a Universidade
xoves 23PsicoloxíaBioloxía, Veterinaria, Ciencias do MarEnxeñería Industrial
venres 24Física

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:19:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sábado, fevereiro 18, 2006

Peace & Love



Sognei di vedere un mondo di pace, un mondo d'amore e senza guerre.

Ninguém deve ser elogiado pela sua bondade quando não tem forças para ser mau. (La Rochefoucauld).

¡¡Fai o amor e non a guerra!!

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:21:00 da tarde por kaka      4 comentarios

sexta-feira, fevereiro 17, 2006

Parábola do venres: Os 5 macacos


Un grupo de científicos colocou cinco macacos nunha gaiola. No medio, unha escada e sobre ela unha morea de bananas.

Cando un macaco subía na escada para coller as bananas, os científicos botábanlle un balde de auga fría aos que estaban no chan.

Despois de certo tempo, cando un macaco ía subir a escada, os outros lle pegaban e o enchían de pancadas. Deste xeito, nalgún tempo, ningún macaco subía máis a escada, a pesar da tentación das bananas.

Entón, os científicos substituíron un dos macacos por un novo. A primeira cousa que fixo foi subir a escada, sendo retirado dela polos outros, que o zurraram. Despois dalgunhas vareadas, o novo integrante do grupo non suba máis a escada.

Un segundo macaco foi substituído e o mesmo ocorreu, tendo o primeiro substituto participado con entusiasmo na zurra ao novato.

Un terceiro foi trocado e o mesmo ocorreu. Un cuarto, e, ao final; o último dos veteranos foi substituído.

Os científicos entón quedaron cun grupo de cinco macacos que, sen ter tomado nunca un baño frío, continuaban batendo naquel que tentase chegar ás bananas.

Se fose posíbel preguntar a algún deles porque eles batían en quen tentase subir a escada, con certeza a resposta sería:
- "Non sei, mais aquí as cousas sempre foron así".

Así é na vida. Moitas veces facemos algunha cousa errada por pensar que iso é normal, ou porque outras persoas tamén o fan. Mais non sempre nos paramos a reflexionar sobre as consecuencias daquilo que facemos.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:45:00 da tarde por kaka      6 comentarios

quinta-feira, fevereiro 16, 2006

Contar en binario


Bueno, deixovos aquí unha imaxe bastante curiosa que atopei o outro día, o único defecto que ten é que está en inglés, pero eu creo que se entende ben... a ver se vos gusta:
A min persoalmente paréceme que está bastante chula, e joba, fíxome gracia o de cotar combinando os dedos.

Sen máis...


PD: pinchade na imaxe para poder ler o que pon, e bueno, unha vez que vos apareza a imaxe nunha fiestra nova, maximizádea e levade o punteiro á esquina inferior dereita da imaxe e vos aparecera un chismiño para vela a tamaño real e poder ler comadamente o que pon...
Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:53:00 da tarde por kaka      4 comentarios

domingo, fevereiro 12, 2006

Aniversario de Micho


Hoxe é o cumpreanos de Jorge, alias Micho para os máis achegados, e por este motivo lle adico este post. Para darlle as miñas felicitacións e que non sexa menos que ningún dos anteriores. E iso é o que vou facer:



¡¡Parabéns amigo!!

Que cumpras moitos máis, desexarche que pases un bo día, que este ano che vaia ben e a vida mellor, que medres moito e todas esas historia que digo sempre...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:13:00 da tarde por kaka      5 comentarios

sábado, fevereiro 11, 2006

Aniversario de Díaz


É posíbel que non o saibades, ou si, eu que sei... pero o caso é que hoxe é o cumpreanos de Díaz. E eu coma bo cristián vouno felicitar ao meu xeito, como sempre.


¡¡Parabéns machote!!

Que cumpras moitos máis, que medres moito, teñas un bo ano e todo iso que se adoita dicir nestes casos...

Veña, a ver que lle dicides aquí ao amigo...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:04:00 da tarde por kaka      5 comentarios

sexta-feira, fevereiro 10, 2006

Parábola do venres: Reforzo positivo


Hai algúns anos, traballei como cordinador nunha gran escola pública. Encontrei moitos aspectos agradábeis e positivos nas miñas tarefas, mais supervisar as tres comidas do día non estaba entre as miñas afeccións.

Garantir que os estudantes non abusasem nas bandexas, non xogasen tirandose o pure de patacas uns aos outros, que non tirasen cagotes ao teito ou aos seus compañeiros non era moi divertido.

Os días anteriores aos períodos das feiras eran, particularmente, días terríbeis no comedor. E foi nun destes días cando observei que un alumno derramara o seu leite. ¡Que desfeita! Derramárao sobre a mesa, o banco e o chan. Eu desviei rapidamente o meu ollar para outro lado, pero prestei atención co dos ollos.

Xa sabía que aquel neno tentaría escapar, deixando para outra persoa (coma min) a tarefa de limpar. Así que pisase fóra do comedor eu o alcanzaría e faría que limpase todo, para amosarlle o divertido que é.

Eu, prestaba atención, disimuladamente, cando comezou a súa escapada. Mais, para a miña sorpresa, aproximouse ao mostrador e colleu varias servilletas e voltou á escena do crime. Despois de limpar a mesa, limpou o banco e despois o chan. Ao saír, tirou todas as servilletas ao lixo.

En canto recuperei o meu control, seguín ao rapaz. Pregunteille o seu nome, agradecínlle á súa consideración e o eloxiei por ser tan educado. El respondeu:
- Tudo bem.
E seguiu o seu camiño.

Ocorréuseme falar coa súa família, e decidín facelo aquel mesmo día.

Pasava un pouco das 19:00 cando abrín a porta do coche para ir á casa. De súpeto lembrei que non chamara aos pais. O primeiro que pensei foi facelo mañá, mas entón recapacitei e voltei á miña sala. Verifiquei o número no registro, descolguei o teléfono e marquei as nove cifras. Despois duns toques, contestou unha señora:
- ¡Bo día! Fala Perico dos Palotes, da escola. - dixen, presentándome.
Ouvín un tusido do outro lado da liña e só entón percebín que as únicas veces que falaba cos pais era cando había problemas ou malas noticias. Entón, dixen rapidamente:
- O seu fillo fixo hoxe algo que demostrou realmente ter unha boa educación. - E contei toda a historia.
No inicio houbo silencio. Entón escoitei algúns "snifs", seguidos dalgúns suspiros. Logo de recuperar a calma, a nai dixo:
- Vostede non imaxina o que signigica para min a súa chamada. O meu marido deixounos hai algúns anos e tiven que educar a este mozo eu soíña, e é moi difícil. Eu sei como el se comporta na casa, mais sempre me preocupei polo seu comportamento fóra. Non sabe ben o feliz que me fixo a súa chamada telefónica.
En verdade, aquela chamada tamén me axudou a min. Foi unha experiencia que mudou a miña vida. Pregunteime...

- ¿Por que eloxiamos tan pouco?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:02:00 da manhã por kaka      3 comentarios

domingo, fevereiro 05, 2006

Aniversario de Ruba


Seguramente moitas xa o sabedes, pero para os que non, anunciovos que hoxe é o cumpreanos de Ruba, o case pichichi do CDM, e como é xa costume nestes casos, quero felicitalo dende aquí. E iso vou facer:


¡¡¡FELICIDADES CAMPIÓN!!!!

Parabéns, que cumpras moitos máis, deserxarche un bo ano, que pases un bo día e todo iso que se adoita dicir nestas datas...

A ver se vos portades e lle adicades unhas palabras ao rapaz...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:02:00 da tarde por kaka      4 comentarios

sábado, fevereiro 04, 2006

Moto


Hoxe quero ensinarvos a obra de arte que construín para Debuxo Técnico, unha especie de fusión do movemento pacifista (subraio isto para que non haxa confusión con outros temas...) coa vespino do carteiro que so mentes privilexiadas son capaces de imaxinar e reproducir deste xeito tan impresionante...
                                                            

Sinceramente... ¿a que merecía máis dun 7'5?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:01:00 da manhã por kaka      6 comentarios

sexta-feira, fevereiro 03, 2006

Parábola do venres: quen nunca copiou...


Paquiño, un rapaz perdido para os estudos, pensou que enganara a dona Érica. Fixera un exame de avaliación simplemente notábel e a boa profesora eloxiouno diante todos os alumnos:

- ¡Moi ben Paquiño! ¡A súa proba foi das mellores da clase!

O meniño púxose colorado.

- ¡Fíxena boa! - pensou - ... se dona Érica soubese que copiei no exame...

Aí, só aí, atinou que había feito algo errado.

- ¿E se Érica o descobrera? ¡Que vergoña!

Ollou o cadro de honra e o seu nome estaba no primeiro lugar ben destacado. Recibiu o boletín e alí estaba: 10 en aplicación, con esforzo e merecemento.

- ¡Moi ben, Paquiño! ¡Gosto de velo! Hoxe déchesme unha gran alegria. Dille o pai todo feliz.

- ¡Parabéns meu fillo! Deus che de a súa beizón; - engadiu a súa nai, dándolle un abrazo.

Á tarde, o seu pai, tróuxolle aquela linda caneta que Paquiño sempre desexara. Na escola, ao día seguinte, todos os seus colegas ollábano con admiración e respecto.

- E agora, - pensou Paquiño - ¿como vou saír desta? Día máis, día menos, todos acabaran decatándose do pouco que sei. ¿que vou facer? Papá, mamá, dona Érica e os meus colegas. Todos... todos sentirán vergoña de min. ¡Ah! ¡¿¡¿Por que o fixen?!?! Coitada da profesora. ¡Tan cariñosa! Fíxeno simplemente porque tiña "dor de ollos" e usaba uns lentes grandes e escuros, iguais aos do Silvano.

Paquiño estaba inconsolábel. Nunca pensou que cousa puidera chegar a este punto. Depois de moito pensar, non atopou ningunha solución, pero polo menos xa sabía que ía facer: pegarse os seus libros, os seus cadernos e porse a estudar.

¡Ficou asombrado, canta cousa había que aprender! Cantas cousas que dona Érica ensinara, e que el case non sabía nada. A partir daquel momento, non deixou de estudar; e colleu tanto gusto polos estudos que profundizaba cada vez máis neste mundo novo, cheo de felicidade.

Na seguinte avaliación foi facer o exame moi ben preparado.

¡E fíxoo sen ningún demérito, unha proba maravillosa! Con todo, faltáballe respostar a unha pregunta de historia e por máis que se esforzaba non conseguía lembrar o nome do segundo Gobernador Xeral do Brasil.

Só lle faltaba iso, e púxose a meditar:

- O primeiro foi Tomé de Souza. ¿Ou foi Maurício de Souza? Non. Maurício de Souza é o pai da Mónica e do Ceboliña, tío do Cascão!.

E si, foi Tomé de Souza mesmo. Mais non era ese o que el quería_

- O terceiro foi Mém de Sá , ¿e o segundo? ¡¿¡Será que non o vou lembrar...!?! Por un pésimo goberno. ¡Ah! ¿Quem foi...? ¿quem foi...?

Foi entón cando o director da escola chamou á profesora cunha ficha na man e ficaron comentando algunha cousa. Aquilo foi o suficiente para que xurdiran susurros en toda a sala. Mais Paquiño continuou impasíbel, como se dona Érica o vixiase. Pero alguém un pouco atrás da súa carteira, querendo axudar a un colega, di con toda nitidez:

- Duarte da Costa.

Cando dona Érica voltou a coidar da classe, el xa sabía a resposta. Era Duarte da Costa, mais ficaba triste... ¡quería lembrarse quen era por sí mesmo!

Pero agora, xa non tiña valor aquela pregunta e Paquiño entregou a súa proba sen respondela. Depois da corrección, dona Érica chamou ao menino e dille:

- Estou contenta contigo. Fixeches unha proba excelente, máis deixou sen respostar unha pergunta fácil. ¿Por que?

E Paquiño contoulle porque deixara de respondela. Sen conter os seus sentimentos, confesou:

- Sabe... eu... eu.. é que... o mês passado... cando saquei unha das mellores notas...

Dona Érica non deixou que continuase:

- Xa o sei, Paquiño. Vinche cando mirabas os teus cadernos. Ninguén engana a professora. Compadecinme de ti.

- E non me di nada... - balbuciu o neno, medio desconcertado e completamente sorprendido.

- ¿Para que Paquiño? ¿Non foi melhor así?

Paquiño asentiu acenando coa cabeza afirmativamente.

A boa professora sorriu meigamente e abrazou o meniño. Conquistara um alumno exemplar.


Quen nunca copiu, que tire a primeira pedra...

Sen máis...

PD: que cada quen tire a súa propia conclusión...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:26:00 da tarde por kaka      5 comentarios

quinta-feira, fevereiro 02, 2006

Aniversario de Marykinha


Quizais non o sabiades, ou quizais si. Pero sexa o sexa, dígovos que hoxe é o aniversario de Marykinha (protagonista da actualidade do meu blog por este post que estades lendo e polo que fixo onte en xusto premio á súa victoria no ranking de comentaristas do mes de Decembro) para que se note que eu si o sabía e que non me esquecín desta circunstancia. E así, deste xeito, quero aproveitar para felicitala, igual que fixen cos anteriores afortunados.

E neste sentido quero deserxarlle un bo ano, que pase un bo día, e no seu caso, que teña sorte cos exames. E dito isto, só quero reiterarme unha vez máis:

¡¡¡¡PARABÉNS!!!!

Espero que vós non sexades menos e fagades o mesmo cos vosos comentarios.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:02:00 da manhã por kaka      6 comentarios

quarta-feira, fevereiro 01, 2006

Marykinha's Post


Boeno... O fin adícome a redactar o meu premio... despois do susto de pensar que non sería eu a que gañase este ilustre premio, aquí me tendes...
Como non sabía moi ben de que falar, optei por buscar un monólogo do célebre programa "El Club de la Comedia" e atopei este de Santi Millán, ¡¡espero que vos guste!!

"A Canción dos Pallasos"

Resulta curioso, pero se Nostradamus di "Marte e a súa cólera graznarán" de primeiras non temos nin puta idea do que quere dicir, ¿non? Pero o cres e dis "¿por que?" Porque Nostradamus impón, é un tío con prestixio. En cambio hai moitos profetas que por non ter nome en Latín, non os coñece nin Cristo e pasan desapercibidos e eu creo que chegou o momento de anunciar quen son os grandes profetas do noso tempo... e, señores e señoras, os grandes profetas do noso tempo son Gabi, Fofó e Miliki [mode kaka-write on] que por certo, o outro día pasaron polo colexio[mode kaka-write off]. Non... eu sei que así de entrada custa, a ver, eu cando o descubrín tamén quedei acoxonada, digo "fostia, isto é forte, pero é asi".

Primeira proba: Foron os primeiros que preconizaron o orgullo "gay". Moito antes que Boris ¿eh? Boris apuntouse ao carro, faino doutro xeito, pero eles comezaron, e se non... Don Pepito e don José, Don Pepito e don José eran gays...
"Eran dos tipos requetefinos, eran dos tipos medio chiflaos, eran dos tipos casi divinos, eran dos tipos desbarataos..."
Imos, eran dúas tolas, clarísimo, clarísimo... Non, pero a canción segue
"y si se encuentran en una esquina..."
Boeno, aquí eu deixeino. Quen queira que o investigue pola súa conta. ¡¡Podes atopar calquera cousa!!

Despois, predixeron perfectamente cales serían as lacras da nosa sociedade
Cómo me pica la nariz! ¡Cómo me pica la nariz!"
tify">Boeno, ¿por que lle pica o nariz a este tipo? Eu non quero dicir nada, pero home, estes sabían que a máis dun neno de trinta anos metíase de bareta, vaia, está claro. Ademáis a canción continuaba
"ya no lo puedo resistir, cómo me pica la nariz!"
¡¡Cona, o tío tiña mono!! ¡¡Fostia! Enganchadísimo estaba o pavo.

Non, pero, é que, ¡¡que grandes, que grandes eran Gabi, Fofó e Miliki!!, ¿eh? Eles fai 20 anos predixeron perfectamente que os inmigrantes ían a ter problemas:
"Un barquito de cáscara de nuez".
¡Cona, iso era unha pateira! Descarado, pero é que aí non queda a cousa... Os tíos continuaban, explicabanna perfectamente o que lles ían dicir os cabróns das mafias aos inmigrantes para enganalos. Dicían:
"Navegar sin temor en el mar es lo mejor, no hay razón de ponerse a temblar"
¡Pois móntate ti, cabrón! E despois, continuaban
"Y si viene negra tempestad, a reír, a remar y a cantar"
Remar, vas remar ti pero cos cornos. Home, e que é verdade, eu dígovos unha cousa, se os políticos estiveran máis atentos ao que os pallasos dicían mentres comían a nocilla... ¡¡cona, que non farían a Lei de Extranxería!! ¡¡Está clarísimo!!

Ademais, os pallasos eran uns tíos que dixeron "Sabemos perfectamente cal vai a ser o estado de España", o actual. E comezaron a definir o Congreso:
"Había una vez un circo"
¡¡Imos!! Non hai mellor xeito de definir o Congreso, ¿eh?
"Un circo, pleno de alegría y de ilusión"
Vaia que só lles faltou cantar: "España va bien... jodida con las vacas locas, el Tireless..." E o houbesen bordado. Entón, o bordan. O que pasa que, os tíos eran moi lúcidos, din "no, mira, ¿sabes que? O das vacas tolas, imos a facer un tema aparte, isto terá importancia, terá peso... dedicámoslle unha canción, veña... por collóns" E os tíos, nin curtos nin perezosos, púxeronse a escribir:
"la gallina turuleca está loca de verdad"
Vale, equivocáronse co becho (ou non, pensade na Gripe Aviar...) pero por pouco, ¿eh?

Estaba Milikito aí, co cencerro "tolong tolong, tolong tolong..." O tío como disimulando, ¿sabes? Íalles dicindo, como querendo dicir... "¡¡que é unha vaca!! ¡¡que é unha vaca!!" O que pasa, que os outros nin puto caso. Claro, como o tío era novo...

Uns grandes xenios, Gabi, Fofó e Miliki... uns fenómenos. Tampouco eran infalibeis, porque de cando en cando a cagaban, coma todo o mundo, macho. Para iso somos humanos... Co da galiña turuleca non estiveron moi finos, é verdade, pero vaia...
"Yo conozco una vecina, que ha comprado una gallina que parece una sardina enlatá"
¡¡Fostia macho!! ¡¡Non hai nada que se pareza menos a unha galiña que unha sardiña enlatada!! De entrada, a non ser que os tíos foran moi avanzados e estiveran falando de clonación ou a galiña esa era toda unha cagada... "Nos ha salido mal y tal" Isto tamén explicaría a cantidade de ovos que poñía a galiña turuleca... porque estaredes dacordo comigo que non era normal, ¿eh? ¡¡Home, para ovos os da Turuleca, macho!!
"Ha puesto 7, ha puesto 8, ha puesto 9"
E que por riba saltaba un capullo e dicía:
"Déjala que ponga 10"
IMPRESIONANTE... Ti preguntábaste: Boeno, ¿isto que é, unha galiña ou a fábrica de ovos Kinder?

E que o das prediccións, cando xa o fixeches parece sinxeo, mais é moi complicado, ¿eh? Realmente hai cancións nas que te atopas que non sabes ben de que van... eu agora estou cunha que ¡foder, ostras... NON TEN CABEZA!
"Mi barba tiene tres pelos, tres pelos tiene mi barba, si no tuviera tres pelos, ya no sería una barba"
Cona, nin con tres pelos tampouco macho, iso.... unha verruga como moito.

Para barba, se ti queres barba, pois cona, o de Esquerda Unida, iso é unha barba ¡¡home!! Ninguén coñece como se chama, pero ti dis "o da barba de Esquerda Unida" e cona, non hai dúbida. Iso é unha barba e non o que tes ti con tres pelos, fodido.

Eu, eu... agora deixeino, deixei isto da investigación porque... Si, e que é moi duro ¿eh? Aquí con cachondeo, pero isto é moi duro... Agora tócame a canción da Susanita... E que claro, vai ti a saber o que queren dicir con iso de que
"Susanita tiene un ratón, un ratón chiquitín"
... Eu quedeime acoxonado e deixeino.

FIN


Boeno, isto é todo polo de agora... non sabía moi ben de que falar e para o tema que me gustaba precisaba máis tempo do que teño, así que terei que deixalo para outro mes ou para o meu blog.
Biquiños a todos!!


[mode kaka-write on]

PD: Anunciar que o campión do mes de xaneiro é.....

¡¡¡Cocojo!!!
Sen máis... [mode kaka-write off]
Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:00:00 da manhã por marykinha      5 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA