Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

terça-feira, fevereiro 21, 2006

Enxeñaría Informática


Bueno, hoxe tócame contarvos que nos dixo o personaxe que veu falarnos da Enxeñería Informática.

Díxonos as diferentes titulacións que había, Enxeñeiro Técnico de Sistemas, Enxeñeiro Técnico de Redes (ambas de tres anos) e Enxeñeiro Superior (de cinco anos), e as diferenzas que había entre elas.

Comentounos que era o que se estudaba: linguaxes de programación e unha importante base de matemáticas.

Falou tamén das saídas laborais que se contemplaban para esta carreira, en Galiza seica eran un pouco limitadas, pero que en Madride e Barcelona non había problema para atopar traballo e que no estranxeiro, en lugares coma Alemaña e Polonia, eran moi demandados estes enxeñeiros e que se lles trataba moi ben, soldos altos, profesores particulares e iso...

Esta en lugar de convencerme coma a de onte desanimoume un pouco, porque pensaba que estaba máis enfocado ao control de programas e software a nivel de usuario, e non tanto a programar e xestionar redes, sistemas e cousas do estilo... Por este motivo perdín un pouco de interese, pero aínda non a descarto, porque dentro do que hai é do que máis me gusta...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:59:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

bueno notase q os do bacharelato cientifico-tecnico postena moito eh xDD. dicir q esta é seguramente a carreira q faga se ao final non vou pra vigo a enxenheria industrial. kaka claro q non é informatica a nivel de usuario como ti pensabas... eu xa sabia q o primeiro curso de 15 materias q ai(aproximadamente e un supoñer) 10 son matematicas e 3 fisica... asi q...despois o de programar faime gracia.o terceiro ano podeste especializar en internet,multimedia ou o chisme de montar redes. asi q non esta tan mal...

terça fev. 28, 11:24:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA