Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

quarta-feira, fevereiro 22, 2006

Información xeral sobre a Universidade


Hoxe tócame comentarvos o que veu dicir un tal Servella, Cervella ou como se chamara, sobre o que ven sendo a Universidade de Santiago así a grandes rasgos.


Explicou o dos anos, as titulacións e o da matrícula, e dixo que pola media non tiñamos que preocuparnos moito, porque se non nos chegaba podiamos ir un ano a outro sitio onde nos chegara e pedir o traslado ao rematar o primeiro curso.

Tamén falou das becas, e recomendou ir a estudar forra, porque ademais nos tratan moi ben e tal, e joba eu ía de cabeza, pero joba, quero ir a Portugal ou a italia e para iso debo comezar a estudar xa...

Falounos da residencia e dos demais servizos que ofrecía a USC: deporte, voluntariado, bibliotecas e máis cousas que non lembro...

E fixo publicidade da páxina web da Universidade, xa vos deixo aquí a URL, www.usc.es, por se vos dá por ir visitala.

Pero o que máis me chamou a atención foi que concedesen tantas bolsas para investigadores... seica é a quinta universidade española neste aspecto, e bueno, é posibilidade que pode ser interesante...

E básicamente iso, pero se alguén quere completar esta información ou expresar a súa opinión ao respecto que o faga mediante os comentarios.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:41:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Eu keria facerche unha pregunta k non me enteri moi ben. O plan este novo q fai todas as carreiras de 4 anos pillanos a nos? e se nos pilla en medio da carreira... q temos k facela polo modo antiguo ou adaptarnos o novo de 4 anos...ou elixir... e q non me entero diso... graciñas

segunda fev. 27, 02:33:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA