Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

quarta-feira, fevereiro 01, 2006

Marykinha's Post


Boeno... O fin adícome a redactar o meu premio... despois do susto de pensar que non sería eu a que gañase este ilustre premio, aquí me tendes...
Como non sabía moi ben de que falar, optei por buscar un monólogo do célebre programa "El Club de la Comedia" e atopei este de Santi Millán, ¡¡espero que vos guste!!

"A Canción dos Pallasos"

Resulta curioso, pero se Nostradamus di "Marte e a súa cólera graznarán" de primeiras non temos nin puta idea do que quere dicir, ¿non? Pero o cres e dis "¿por que?" Porque Nostradamus impón, é un tío con prestixio. En cambio hai moitos profetas que por non ter nome en Latín, non os coñece nin Cristo e pasan desapercibidos e eu creo que chegou o momento de anunciar quen son os grandes profetas do noso tempo... e, señores e señoras, os grandes profetas do noso tempo son Gabi, Fofó e Miliki [mode kaka-write on] que por certo, o outro día pasaron polo colexio[mode kaka-write off]. Non... eu sei que así de entrada custa, a ver, eu cando o descubrín tamén quedei acoxonada, digo "fostia, isto é forte, pero é asi".

Primeira proba: Foron os primeiros que preconizaron o orgullo "gay". Moito antes que Boris ¿eh? Boris apuntouse ao carro, faino doutro xeito, pero eles comezaron, e se non... Don Pepito e don José, Don Pepito e don José eran gays...
"Eran dos tipos requetefinos, eran dos tipos medio chiflaos, eran dos tipos casi divinos, eran dos tipos desbarataos..."
Imos, eran dúas tolas, clarísimo, clarísimo... Non, pero a canción segue
"y si se encuentran en una esquina..."
Boeno, aquí eu deixeino. Quen queira que o investigue pola súa conta. ¡¡Podes atopar calquera cousa!!

Despois, predixeron perfectamente cales serían as lacras da nosa sociedade
Cómo me pica la nariz! ¡Cómo me pica la nariz!"
tify">Boeno, ¿por que lle pica o nariz a este tipo? Eu non quero dicir nada, pero home, estes sabían que a máis dun neno de trinta anos metíase de bareta, vaia, está claro. Ademáis a canción continuaba
"ya no lo puedo resistir, cómo me pica la nariz!"
¡¡Cona, o tío tiña mono!! ¡¡Fostia! Enganchadísimo estaba o pavo.

Non, pero, é que, ¡¡que grandes, que grandes eran Gabi, Fofó e Miliki!!, ¿eh? Eles fai 20 anos predixeron perfectamente que os inmigrantes ían a ter problemas:
"Un barquito de cáscara de nuez".
¡Cona, iso era unha pateira! Descarado, pero é que aí non queda a cousa... Os tíos continuaban, explicabanna perfectamente o que lles ían dicir os cabróns das mafias aos inmigrantes para enganalos. Dicían:
"Navegar sin temor en el mar es lo mejor, no hay razón de ponerse a temblar"
¡Pois móntate ti, cabrón! E despois, continuaban
"Y si viene negra tempestad, a reír, a remar y a cantar"
Remar, vas remar ti pero cos cornos. Home, e que é verdade, eu dígovos unha cousa, se os políticos estiveran máis atentos ao que os pallasos dicían mentres comían a nocilla... ¡¡cona, que non farían a Lei de Extranxería!! ¡¡Está clarísimo!!

Ademais, os pallasos eran uns tíos que dixeron "Sabemos perfectamente cal vai a ser o estado de España", o actual. E comezaron a definir o Congreso:
"Había una vez un circo"
¡¡Imos!! Non hai mellor xeito de definir o Congreso, ¿eh?
"Un circo, pleno de alegría y de ilusión"
Vaia que só lles faltou cantar: "España va bien... jodida con las vacas locas, el Tireless..." E o houbesen bordado. Entón, o bordan. O que pasa que, os tíos eran moi lúcidos, din "no, mira, ¿sabes que? O das vacas tolas, imos a facer un tema aparte, isto terá importancia, terá peso... dedicámoslle unha canción, veña... por collóns" E os tíos, nin curtos nin perezosos, púxeronse a escribir:
"la gallina turuleca está loca de verdad"
Vale, equivocáronse co becho (ou non, pensade na Gripe Aviar...) pero por pouco, ¿eh?

Estaba Milikito aí, co cencerro "tolong tolong, tolong tolong..." O tío como disimulando, ¿sabes? Íalles dicindo, como querendo dicir... "¡¡que é unha vaca!! ¡¡que é unha vaca!!" O que pasa, que os outros nin puto caso. Claro, como o tío era novo...

Uns grandes xenios, Gabi, Fofó e Miliki... uns fenómenos. Tampouco eran infalibeis, porque de cando en cando a cagaban, coma todo o mundo, macho. Para iso somos humanos... Co da galiña turuleca non estiveron moi finos, é verdade, pero vaia...
"Yo conozco una vecina, que ha comprado una gallina que parece una sardina enlatá"
¡¡Fostia macho!! ¡¡Non hai nada que se pareza menos a unha galiña que unha sardiña enlatada!! De entrada, a non ser que os tíos foran moi avanzados e estiveran falando de clonación ou a galiña esa era toda unha cagada... "Nos ha salido mal y tal" Isto tamén explicaría a cantidade de ovos que poñía a galiña turuleca... porque estaredes dacordo comigo que non era normal, ¿eh? ¡¡Home, para ovos os da Turuleca, macho!!
"Ha puesto 7, ha puesto 8, ha puesto 9"
E que por riba saltaba un capullo e dicía:
"Déjala que ponga 10"
IMPRESIONANTE... Ti preguntábaste: Boeno, ¿isto que é, unha galiña ou a fábrica de ovos Kinder?

E que o das prediccións, cando xa o fixeches parece sinxeo, mais é moi complicado, ¿eh? Realmente hai cancións nas que te atopas que non sabes ben de que van... eu agora estou cunha que ¡foder, ostras... NON TEN CABEZA!
"Mi barba tiene tres pelos, tres pelos tiene mi barba, si no tuviera tres pelos, ya no sería una barba"
Cona, nin con tres pelos tampouco macho, iso.... unha verruga como moito.

Para barba, se ti queres barba, pois cona, o de Esquerda Unida, iso é unha barba ¡¡home!! Ninguén coñece como se chama, pero ti dis "o da barba de Esquerda Unida" e cona, non hai dúbida. Iso é unha barba e non o que tes ti con tres pelos, fodido.

Eu, eu... agora deixeino, deixei isto da investigación porque... Si, e que é moi duro ¿eh? Aquí con cachondeo, pero isto é moi duro... Agora tócame a canción da Susanita... E que claro, vai ti a saber o que queren dicir con iso de que
"Susanita tiene un ratón, un ratón chiquitín"
... Eu quedeime acoxonado e deixeino.

FIN


Boeno, isto é todo polo de agora... non sabía moi ben de que falar e para o tema que me gustaba precisaba máis tempo do que teño, así que terei que deixalo para outro mes ou para o meu blog.
Biquiños a todos!!


[mode kaka-write on]

PD: Anunciar que o campión do mes de xaneiro é.....

¡¡¡Cocojo!!!
Sen máis... [mode kaka-write off]
Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:00:00 da manhã por marykinha      5 comentarios

5 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

Os meus parabéns para Cocojo!

quarta fev. 01, 09:08:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Como utilize a tecnica eu de postear 40 post o dia 30 xddddd cocojo noraboa

quinta fev. 02, 08:07:00 da tarde  
Blogger Jorge dixo...

felicidades cocojo, pero kaka quero comentar que é inxusto que os que miramos o blog sempre e estamos aquí posteando sempre, pois nom merecemos un título aos máis regulares??? e que como di anxo a técnica esa de postear a ostia de veces sen máis...non discuto q nom sexa o q mais posteou...pero sen moito sentido...pois iso,se podes solucionar, ou dar outras opcions...agradézocho.
Deiká - Mich0

quinta fev. 02, 09:40:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Eu estou completamente dacordo con Xurxo...Porque postear ao chou non ten mérito ningún! Hala, bicos!

terça fev. 07, 05:51:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

jajajajaja, kaka, creo que debes facer un post adicado as queixas e suxestións dos lectores, tipo buzón de suxerencias ou follas de reclamación, porque nunca chove ao gusto de todos e logo criticas ao pobre Cocojo polas súas "artes" para gañar o posto de comentarista, cousa que por certo, acontenceu o día de Ano Vello, que gañei polos pelos, xa que había un listillo que comentou en tódolos post habidos e por haber...
Boeno, deica

segunda fev. 20, 09:42:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA