Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

segunda-feira, fevereiro 20, 2006

Matemáticas


Agora paso a falarvos da chachara de Mates, que foi a que me tocou a min. Veu o decano da Facultade de Matemáticas e comentounos un pouco todo a grandes rasgos.

Falamounos do plan de estudos, das materias e tal, e neste sentido destacar que teñen docencia repetida nos dous cuadrimestres, e que a informática ten un papel importante, e mellor, porque tamén a tiña entre as miñas preferencias...

Logo falounos das saídas que tiña, o que me chamou bastante a atención, porque só lle vía a saída da docencia, pero seica están en todos os lados, que ata fan falla para as ortodoncias e cousas raras do estilo...

O lado negativo é que é unha licencitura de cóbados, sobre todo o primeiro ano, o que me viría ben, para levar o palo tan pronto comezar, o que me faría porme serio os catro anos seguintes. Pero bueno, partindo da base de que na Universidade hai que estudar, prefiro facelo con números e o ordenador que con letras.

E joba, máis alá de que o tío ven a vendernos a moto, a min pareceume bastante convincente... porque vale, antes xa me chamaba bastante a atención pero a tiña en segundo plano porque só lle vía a saída da docencia, pero, como acabo de dicir, seica ata fan falla matemáticos para medir a distancia á que prantar as sementes das leitugas para que aumente a produtividade... e logo esta o tema das Erasmus en Italia e Portugal que me interesa bastante (aínda que xa veremos despois que pasa...).

E iso, que onte non tiña claro que facer, pero a día de hoxe podo dicir que as Matemáticas son, se non a miña prioridade, si unha delas.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:09:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

Boeno... o colexio non cambia as carreiras!
A mellor charla foi a de Ciencias de Mar, xa que o que daba a charla era una mestre do colexio (que agora xa non está)
Bicos

terça fev. 21, 11:15:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

XA, a verdade é que para o meu gusto as charlas foron unha patochada... A min non me solucionaron nada, a única que mereceu a pena foi a de Farmacia, era a máis preparada e mellor explicada, mágoa que non queira facer eu iso... Bicos!

quinta fev. 23, 10:54:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

weno kaka copioche aki o resumo de mates k fixen, decir q non era unha carreira q estivera nos meus planes pero q o tio convenceume e aora esta ai en segundo plano.

Xornadas de orientación: Matemáticas

Con estas liñas quero contarvos o que foi unha explicación do que pode ser a selección da carreira universitaria de matemáticas resumindo a charla que nos deu o señor D. Juan Manuel Viaño. Para comezar o único emplazamento posible da facultade de matemáticas en Galicia é Santiago(no Campus Sur), xa que non a aí en ningún outro lugar.

Datos do alumnado: Este ano na facultade de matemáticas aí uns 500 alumnos matriculados e cada ano entran aproximadamente 60 novos. A nota media coa que aceden os alumnos a esta carreira está no 6.5 pero non aí problema pola nota porque non ten límite de prazas. É unha carreira de 5 anos(que pronto pasará a ser de 4) e na que se necesitan 300 créditos para facela.

Cualidades para ser un futuro estudiante de matemáticas:
 Gusto por resolver problemas.
 Habilidade para o cálculo.
 Visión geométrica.
 Capacidade analítica,lóxica.
 Rapidez e axilidade mental.
 Capacidade de abstracción.

O primeiro ano nesta carreira o alumno recibirá unha axuda especial para adaptarse e tera cursos de nivelación, titores personalizados, doble docencia no 1º e 2º cuadrimestre. Recomendase para levar ben a carreira unhas 50 horas de estudos semanal ou máis(clases incluídas).

Saídas despois de facer a carreira:

-Dedicación a docencia(insitutos,universidades,etc).
-Asesoría técnica informática.
-Análisis e programación de algoritmos.
-Centros de cálculo.
-Asesoría técnica en procesos industriais.
-Enxeñerías
-Astronomía
-Metereoloxía
-Estudos de mercado


Se queres pono no pos para k a xente o lea mellor. Eña un saudo

segunda fev. 27, 02:31:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA