Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, fevereiro 17, 2006

Parábola do venres: Os 5 macacos


Un grupo de científicos colocou cinco macacos nunha gaiola. No medio, unha escada e sobre ela unha morea de bananas.

Cando un macaco subía na escada para coller as bananas, os científicos botábanlle un balde de auga fría aos que estaban no chan.

Despois de certo tempo, cando un macaco ía subir a escada, os outros lle pegaban e o enchían de pancadas. Deste xeito, nalgún tempo, ningún macaco subía máis a escada, a pesar da tentación das bananas.

Entón, os científicos substituíron un dos macacos por un novo. A primeira cousa que fixo foi subir a escada, sendo retirado dela polos outros, que o zurraram. Despois dalgunhas vareadas, o novo integrante do grupo non suba máis a escada.

Un segundo macaco foi substituído e o mesmo ocorreu, tendo o primeiro substituto participado con entusiasmo na zurra ao novato.

Un terceiro foi trocado e o mesmo ocorreu. Un cuarto, e, ao final; o último dos veteranos foi substituído.

Os científicos entón quedaron cun grupo de cinco macacos que, sen ter tomado nunca un baño frío, continuaban batendo naquel que tentase chegar ás bananas.

Se fose posíbel preguntar a algún deles porque eles batían en quen tentase subir a escada, con certeza a resposta sería:
- "Non sei, mais aquí as cousas sempre foron así".

Así é na vida. Moitas veces facemos algunha cousa errada por pensar que iso é normal, ou porque outras persoas tamén o fan. Mais non sempre nos paramos a reflexionar sobre as consecuencias daquilo que facemos.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:45:00 da tarde por kaka      6 comentarios

6 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Pois sí que é ben triste... Eu sempre estiven dacordo en que se hai que ir contracorrente, pois se vai ainda que nos apunten co dedo: debemos ser críticos con tódalas situacións coas que nos atopemos na vida, e razoalas, porque, como dis, o feito de que a maioría faga algo non quere dicir que esté ben feito (en realidade xeralmente é todo o contrario: así está o mundo como está). Se chegamos a conclusións, temos que resistir ós nosos ideais; de non ser así, sempre seremos infelices...

sábado fev. 18, 01:09:00 da manhã  
Blogger cariciasdemediopelo dixo...

ey
experimento
haciendo click y click
en el boton de la barra
superior de blogger ....
una forma de conocer el mundo!
bye!

sábado fev. 18, 01:38:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

Una parabola muy simple i corta pero con mucho mensaje. Tiene razon muchas veces acemos cosas sin darnos cuenta de q las consecuencias pueden acer daño a los demas, simplemente xq las cosas siempren fueron asi. Abria k madurar i pensar algo mas en los demas i en q las cosas no siempre fueron asi i q tienen unas consecuencias.

sábado fev. 18, 02:01:00 da manhã  
Blogger marykinha dixo...

Ola!!
Eu isa historia xa a coñecía, non sei se me chegou via mail ou se un mestre dixoa na clase, o caso é que moitas veces, é bom investigar aínda que tropeces para poder experimentar e crer o que che poidan dicir ou comentar. A mellor forma de aprender e a través dos teus propios erros e non dos erros dos demáis, xa que a maioría nom sempre ten razóm.
Ah, aproveito para darte unha boa nova, ao final aprobei a asignatura de marras cun 8 e supoño que téñocho que agradecer pola túa axuda neses momentos de desesperación. Moitas grazas!!
Bicos

sábado fev. 18, 11:30:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

Oliñas!! Pois é verdade... O bonito que é ir contacorrente... Sobre todo por unha rúa... vale... POis a verdade é que debemos deixar de ser coma becerros e pensar por nós mesmos, co bonito que é ser inconformista e buscar algo mellor, non si?? Biquiños a todos!

sábado fev. 18, 07:44:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

esta parabola valía bien pa filosofía, es como lo d las culturas, kada una ve normal lo q ace, incluso matar a gente...

sábado fev. 18, 11:14:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA