Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, fevereiro 03, 2006

Parábola do venres: quen nunca copiou...


Paquiño, un rapaz perdido para os estudos, pensou que enganara a dona Érica. Fixera un exame de avaliación simplemente notábel e a boa profesora eloxiouno diante todos os alumnos:

- ¡Moi ben Paquiño! ¡A súa proba foi das mellores da clase!

O meniño púxose colorado.

- ¡Fíxena boa! - pensou - ... se dona Érica soubese que copiei no exame...

Aí, só aí, atinou que había feito algo errado.

- ¿E se Érica o descobrera? ¡Que vergoña!

Ollou o cadro de honra e o seu nome estaba no primeiro lugar ben destacado. Recibiu o boletín e alí estaba: 10 en aplicación, con esforzo e merecemento.

- ¡Moi ben, Paquiño! ¡Gosto de velo! Hoxe déchesme unha gran alegria. Dille o pai todo feliz.

- ¡Parabéns meu fillo! Deus che de a súa beizón; - engadiu a súa nai, dándolle un abrazo.

Á tarde, o seu pai, tróuxolle aquela linda caneta que Paquiño sempre desexara. Na escola, ao día seguinte, todos os seus colegas ollábano con admiración e respecto.

- E agora, - pensou Paquiño - ¿como vou saír desta? Día máis, día menos, todos acabaran decatándose do pouco que sei. ¿que vou facer? Papá, mamá, dona Érica e os meus colegas. Todos... todos sentirán vergoña de min. ¡Ah! ¡¿¡¿Por que o fixen?!?! Coitada da profesora. ¡Tan cariñosa! Fíxeno simplemente porque tiña "dor de ollos" e usaba uns lentes grandes e escuros, iguais aos do Silvano.

Paquiño estaba inconsolábel. Nunca pensou que cousa puidera chegar a este punto. Depois de moito pensar, non atopou ningunha solución, pero polo menos xa sabía que ía facer: pegarse os seus libros, os seus cadernos e porse a estudar.

¡Ficou asombrado, canta cousa había que aprender! Cantas cousas que dona Érica ensinara, e que el case non sabía nada. A partir daquel momento, non deixou de estudar; e colleu tanto gusto polos estudos que profundizaba cada vez máis neste mundo novo, cheo de felicidade.

Na seguinte avaliación foi facer o exame moi ben preparado.

¡E fíxoo sen ningún demérito, unha proba maravillosa! Con todo, faltáballe respostar a unha pregunta de historia e por máis que se esforzaba non conseguía lembrar o nome do segundo Gobernador Xeral do Brasil.

Só lle faltaba iso, e púxose a meditar:

- O primeiro foi Tomé de Souza. ¿Ou foi Maurício de Souza? Non. Maurício de Souza é o pai da Mónica e do Ceboliña, tío do Cascão!.

E si, foi Tomé de Souza mesmo. Mais non era ese o que el quería_

- O terceiro foi Mém de Sá , ¿e o segundo? ¡¿¡Será que non o vou lembrar...!?! Por un pésimo goberno. ¡Ah! ¿Quem foi...? ¿quem foi...?

Foi entón cando o director da escola chamou á profesora cunha ficha na man e ficaron comentando algunha cousa. Aquilo foi o suficiente para que xurdiran susurros en toda a sala. Mais Paquiño continuou impasíbel, como se dona Érica o vixiase. Pero alguém un pouco atrás da súa carteira, querendo axudar a un colega, di con toda nitidez:

- Duarte da Costa.

Cando dona Érica voltou a coidar da classe, el xa sabía a resposta. Era Duarte da Costa, mais ficaba triste... ¡quería lembrarse quen era por sí mesmo!

Pero agora, xa non tiña valor aquela pregunta e Paquiño entregou a súa proba sen respondela. Depois da corrección, dona Érica chamou ao menino e dille:

- Estou contenta contigo. Fixeches unha proba excelente, máis deixou sen respostar unha pergunta fácil. ¿Por que?

E Paquiño contoulle porque deixara de respondela. Sen conter os seus sentimentos, confesou:

- Sabe... eu... eu.. é que... o mês passado... cando saquei unha das mellores notas...

Dona Érica non deixou que continuase:

- Xa o sei, Paquiño. Vinche cando mirabas os teus cadernos. Ninguén engana a professora. Compadecinme de ti.

- E non me di nada... - balbuciu o neno, medio desconcertado e completamente sorprendido.

- ¿Para que Paquiño? ¿Non foi melhor así?

Paquiño asentiu acenando coa cabeza afirmativamente.

A boa professora sorriu meigamente e abrazou o meniño. Conquistara um alumno exemplar.


Quen nunca copiu, que tire a primeira pedra...

Sen máis...

PD: que cada quen tire a súa propia conclusión...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:26:00 da tarde por kaka      5 comentarios

5 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Jo! Como me gustou esta parábola! Pois sí, non coñezo a ninguén que non copiara na súa vida... Tamén penso que no copiar ás veces se desenvolven certas destrezas que non se acadan doutro xeito: e hai que facelo ben, porque a maioría dos profesores non son como dona Érica.

sábado fev. 04, 09:57:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

jus, yo ya ace muxo q no copio. creo q este año ninguna vez... sera x eso q aora suspendo mas, asi q tendre q kambiar

sábado fev. 04, 07:07:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

mira q safe examenes de fisica y esta evaluacion uno de dibujo con un par de chuletas aun asi.. es chungo usarlas si no mira yago q le cacho ricardo xd

sábado fev. 04, 11:18:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Eu nunca fixen chuletas! Podo tirar a pedra, non si?... Jejeje, pero chivatazos sí, así que non sei eu se valerá!! Bicos!

terça fev. 07, 05:45:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

Ultimamente non copio, e aínda que teño levado chuletas, como non sei mentir, nunca as saquei... cando mito ou fago algo mal, a miña cara parece un letreiro luminoso de neón que pon: minte, está copiando!!
Así que mellor deixalo para profesionais... iso sí, estiven en exames que parecían concentracións de chuleteiros!!
bicos

terça fev. 07, 09:22:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA