Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, fevereiro 25, 2006

Parábola do venres: Quérote así


Bueno, desculparme cos meus fies lectores polo retraso na publicación da miña parábola semanal, pero o aniversario de Cuesta obrigoume a desprazala ao sábado... e logo a miña estadía en Madride impediume cumprir correctamente.

Era unha mañá de venres e en home novo de negocios estaba decidido finalmente a pedir un aumento de soldo ao seu patrón.

Antes de saír para o traballo, contou á sua esposa o que estaba a piques de facer. Sentiuse nervioso e aprensivo o día enteiro. Finalmente, ao cabo da tarde, reuniu coraxe abondo e foi falar co patrón, e para a súa sorpresa e pracer, o xefe concedeulle o aumento.

O exultante marido chegou a casa e atopou unha bela mesa coa mellor louza chinesa iluminada por candeas. Sentindo o aroma dun xantar festivo, imaxinou que alguén da oficina chamara á súa esposa e lle contara todo. Entrou na cociña para relatarlle con todo luxo de detalhes a súa boa nova.

Abrazáronse e danzaron en torno do cuarto antes de sentar se para dar conta do maravilloso xantar que a súa esposa tiña preparado. Ao lado do seu prato atopou unha cartolina escrita con letras artísticas que dicía:

"¡Parabéns, querido! ¡Sabía que conseguirías o aumento! Este xantar é para mostrarche canto te amo".

Máis tarde, no camiño ata a cociña para axudar a súa esposa a servir o postre, observou que un segundo cartón caera do bolso dela. Apañouno do chan e puido ler:

"¡Non te preocupes por non conseguir o aumento! ¡Merecialo! Este xantar é para mostrarche o canto te amo".

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:30:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Bueno, cada venres que pasa a parábola gústame máis... O importante é querer e mostrar ese cariño a quenes temos preto (e non tan preto) de nós, non importan as circunstancias...
Un bico.

segunda fev. 27, 11:14:00 da tarde  
Blogger marykinha dixo...

Que cousas... en tódolos momentos precisamos notar que nos queren e nos aprecian, o motivo é o de menos!!
Seguro que a súa muller o quería!
Bicos

terça fev. 28, 09:54:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

simplemente cito unha frase k me gusta

"quiereme cuando menos los merezca xq sera cuando mas lo necesite"

terça fev. 28, 11:29:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA