Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, fevereiro 10, 2006

Parábola do venres: Reforzo positivo


Hai algúns anos, traballei como cordinador nunha gran escola pública. Encontrei moitos aspectos agradábeis e positivos nas miñas tarefas, mais supervisar as tres comidas do día non estaba entre as miñas afeccións.

Garantir que os estudantes non abusasem nas bandexas, non xogasen tirandose o pure de patacas uns aos outros, que non tirasen cagotes ao teito ou aos seus compañeiros non era moi divertido.

Os días anteriores aos períodos das feiras eran, particularmente, días terríbeis no comedor. E foi nun destes días cando observei que un alumno derramara o seu leite. ¡Que desfeita! Derramárao sobre a mesa, o banco e o chan. Eu desviei rapidamente o meu ollar para outro lado, pero prestei atención co dos ollos.

Xa sabía que aquel neno tentaría escapar, deixando para outra persoa (coma min) a tarefa de limpar. Así que pisase fóra do comedor eu o alcanzaría e faría que limpase todo, para amosarlle o divertido que é.

Eu, prestaba atención, disimuladamente, cando comezou a súa escapada. Mais, para a miña sorpresa, aproximouse ao mostrador e colleu varias servilletas e voltou á escena do crime. Despois de limpar a mesa, limpou o banco e despois o chan. Ao saír, tirou todas as servilletas ao lixo.

En canto recuperei o meu control, seguín ao rapaz. Pregunteille o seu nome, agradecínlle á súa consideración e o eloxiei por ser tan educado. El respondeu:
- Tudo bem.
E seguiu o seu camiño.

Ocorréuseme falar coa súa família, e decidín facelo aquel mesmo día.

Pasava un pouco das 19:00 cando abrín a porta do coche para ir á casa. De súpeto lembrei que non chamara aos pais. O primeiro que pensei foi facelo mañá, mas entón recapacitei e voltei á miña sala. Verifiquei o número no registro, descolguei o teléfono e marquei as nove cifras. Despois duns toques, contestou unha señora:
- ¡Bo día! Fala Perico dos Palotes, da escola. - dixen, presentándome.
Ouvín un tusido do outro lado da liña e só entón percebín que as únicas veces que falaba cos pais era cando había problemas ou malas noticias. Entón, dixen rapidamente:
- O seu fillo fixo hoxe algo que demostrou realmente ter unha boa educación. - E contei toda a historia.
No inicio houbo silencio. Entón escoitei algúns "snifs", seguidos dalgúns suspiros. Logo de recuperar a calma, a nai dixo:
- Vostede non imaxina o que signigica para min a súa chamada. O meu marido deixounos hai algúns anos e tiven que educar a este mozo eu soíña, e é moi difícil. Eu sei como el se comporta na casa, mais sempre me preocupei polo seu comportamento fóra. Non sabe ben o feliz que me fixo a súa chamada telefónica.
En verdade, aquela chamada tamén me axudou a min. Foi unha experiencia que mudou a miña vida. Pregunteime...

- ¿Por que eloxiamos tan pouco?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:02:00 da manhã por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Unha parábola moi chula unha vez máis. Pois eu penso que moita xente non eloxia porque entende que esas "boas accións" son as esperables na xente, ou o que se debería facer; nembargantes, eu penso que precisamente os menos agradecidos son aqueles que xeralmente tampouco fan o "esperable". Canto menos cívico é un, menos eloxia ós demáis (penso que nin sequera alcanza a entender o porqué de ter que dar grazas).

sábado fev. 11, 09:18:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

Que aprábola máis bonita!! Jos, é que é precioso que che den ánimos cando fas algo ben, devólveche as ganas de seguir facéndoo. Ánimo! Jejeje, un biquiño a todos!

sábado fev. 11, 08:11:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

moitas veces non animamos ou alabamos a algunha persona xq elas nunka nos deron ningunha cousa a cambio. E o de sempre dar sen recibir costa...

sábado fev. 18, 02:03:00 da manhã  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA