Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, março 31, 2006

Parábola do venres: Vaquiña


Un Mestre de Sabedoria paseaba por unha fraga co seu fiel discípulo cando albiscou ao lonxe un sitio de aparencia pobre e resolveu facer unha breve visita...

Durante o camiño faloulle ao aprendiz sobre a importancia das visitas e as oportunidades de aprender que temos, tamén coas persoas que non coñecemos.

Chegando ao sitio constatou a pobreza do lugar, sen calzada, casa de madeira, os moradores, un home e tres fillos, vestidos con roupas rasgadas e sucias... entón aproximouse ao señor, aparentemente o pai daquela familia, e preguntou:

- Neste lugar non hai sinais de puntos de comercio e de trabalho; ¿como sobrevive vostede e a súa familia aquí?
E o señor calmadamente respondeu:

- Meu amigo, nós temos unha vaquiña que nos dá varios litros de leite todos os días. Unha parte dese produto vendemolo ou trocamolo na cidade veciña por outros xéneros de alimentos e a outra parte empregamola para producir queixo, callada, etc... para o noso consumo e así imos sobrevivindo.
O sabio agradeceu a información, contemplou o lugar por uns momentos, despedironse e foronse. No medio do camiño, voltou ao seu fiel discípulo e ordenou:

- Aprendiz, colle a vaquinha, lévaa ao precipicio alí en fronte e empúrrea alá en baixo.
O mozo abriu os ollos espantado e cuestionou ao mestre sobre o feito de que a vaquiña é o único medio de supervivencia daquela familia, mais, como percebeu o silencio absoluto do seu mestre, foi cumprir a orde.

Así empurrou a vaquiña monte abaixo e vnaiu morrer. Aquela escena ficou marcada na memoria daquel rapaz durante algúns anos e un belo día resolveu botar todo o que aprendera e voltar a aquel mesmo lugar e contar todo a aquela familia, pedir perdón e axudalos.

Así fixo, e cando se aproximaba ao lugar avistou un sitio moi bonito, con árbores floridas, todo murado, cun coche no garaxe e nenos brincando no xardín. Ficou triste e desesperado imaxinando que aquela humilde familia tivera que vender o lugar para sobrevivir, apertou o paso e cando chegou foi recibido por un caseiro moi simpático e preguntou sobre a familia que alí moraba hai uns catro anos e o caseiro respondeu:

- Continuan morando aquí.
Espantado, entrou correndo na casa; e viu que era a mesma família que visitara antes co mestre. Eloxiou o local e preguntou ao señor (o dono da vaquiña):

- ¿Como mellorou tanto o lugar e está tan ben de vida?
E o señor entusiasmado, respondeu:

- Nós tiñamos unha vaquiña que caeu polo precipicio e morreu, daí en diante tivemos que facer outras cousas e desenvolver habilidades que non sabíamos que tiñamos, así alcanzamos o éxito que os seus ollos ven agora ...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:28:00 da tarde por kaka      2 comentarios

domingo, março 26, 2006

Goleo VI


Compráceme presentarvos á mascota do mundial que se celebrará este ano en Alemaña, o león chámase Goleo VI e a pelota Pille.

Goleo VI é un leon que vive, fala e pensa, que quere converter o mundial nunha festa inolvidábel. E seica o amigo Goleo xa está comezando a saír por television, radios e demais mass media (coma o meu blog), incluso ten pensado sacar o seu propio disco.

A mascota do mundial Goleo VI vai sempre acompañado da súa inseparábel amigo Pille, un balón parlanchín sen pelosna lingua e moi atrevido, que, segundo teño entendido, é un figura como Maldini, que sabe ata a humidade do cespede nos cuartos de finais do mundial do 64...

Veña, deixovos aquí unhas fotos para que vaiades intimando...



Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:14:00 da tarde por kaka      4 comentarios

sábado, março 25, 2006

The Simpson


Bueno, deixovos aquí un video que imita bastante ben ao comezo dos Simpson. Espero que vos guste:




Sen máis...

PD: como non quero colgarme medallas alleas, recoñezo que este video chegou a min grazas a Lydia.

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:20:00 da tarde por kaka      6 comentarios

sexta-feira, março 24, 2006

Parábola do venres: ¿Como che vai amigo?


15 de Xaneiro:
¿Que tal o Nadal e o Aninovo? Chameite para preguntarcho, mais non te encontrei, unha mágoa. Quería contarche o ben que o pasera e todos os propósitos que espero cumprir este ano. Imaxino que comezara as clases dentro de pouco e voltara ao traballo. A todos nos acontece o mesmo. Espero que poidamos falar logo. Teño que contarche moitas cousas.

27 de Marzo:
Aínda non sei nada de ti. E mesmo te mando mpitos e-mails, pero nunca respondes. Debe ser que tes moitas cousas que facer. ¡¡¡Xa sei!!! O máis probábel é colleras as merecidas vacacións das que me falaches uns 5 meses atrás. Ese hotel do que me falaches debe ser maravilloso. Ogallá as estes aproveitando.

8 de Maio:
Onte aconteceume unha cousa horríbel....e non teño ninguén a quen contarllo. Chameite, mais só escoitei a súa voz no contestador. Deixei unha pequena mensaxe, a ver se non se borra. Gostaríame moito contarte o gran problema que teño, mesmo sabendo que é imposíbel encontrarte en casa a esta hora. Mais como sempre me dixeches, sempre fago unha tempestade dunha gota de auga. Tal vez os meus problemas non sexan tan graves coma os teus... teño que ser máis forte.

27 de Xullo:
¡¡¡Feliz Aniversario!!! Xa te chamei dúas veces. Túa nai e os seus irmáns dixeronme que aínda non chegou da facultade e que pola tarde ten traballo e.... de noite espero poder falar contigo. Só quería desexarte o mellor e que me gostaría continuar a formar parte da túa vida por moitos anos.

17 de Setembro:
Recebín o seu e-mail. A piada era engraçada. Non sei se o sabes, mais estiven ingresada uns días no hospital. Nada grave, apenas un dor de cabeza. O médico quere facer uns análises para estar certo que esta todo funcionando ben. E falei con el que "vaso ruín non creba". Mais no fondo sinto un pouco de tristeza.

12 de Outubro:
Onte foi o meu aniversario. Entendo que te esqueceras, fai tempo que non nos falamos e bueno... tes moitas cousas que facer. Estaba agardadndo que me chamases para dicirme "estaste facendo vella", pero por máis que o teléfono soase, non eras ti. Sabes, dende os días que pasei no hospital, síntome débil, tal vez sexa que non me alimento ben. Acabo de lembrar que está en época de exames. Debes estar loitando contra as Matemáticas e por iso non me chamaches... sempre fuches ruín nas Matemáticas.

20 de Outubro:
Algunha cousa non me funciona ben na miña cabeza. O médico di que preciso facer quimioterapia antes de que o meu problema se agravie. Espero saír desta, confio en Deus, mais meus pais están moi preocupados. Quería que tiveras tempo de chamarme... ti sempre sabes dicir as palabras exactas cando a depresión embarga a miña alma.

30 de Novembro:
Quimioterapia..... é o peor. O meu cabelo comezou a caer, teño náuseas e case non me ergo da cama. As miñas unllas caen a trozos. ¡¡¡¡As miñas unllas!!!! Se me viñeses ver agora, creo que non me recoñecerías. Envellecín e perdín case a metade dos meus cabelos. Sei que onte foi o seu primeiro día no traballo. Non me dixo nada, entereime por outra persoa que falou contigo.

11 de Xaneiro:
En fin, estou descansando por completo (finou). Recuperei a miña cabeleira e as miñas unllas voltaron. Sen náuseas ou dores. Aquí hai moita paz e tranqüilidade aínda que as veces me doe saber que meus pais continuan chorando por min. Daquí podo ver o que estás facendo. Sei que aínda non sabes que me aconteceu. Hoxe coñeceu unha persoa que ten o mesmo nome que tiña eu..... ¿curioso, non é? Lembro que sempre dicías que o meu nome era estrano e pensaches: "¿Canto tempo hai que non falo con ela?"

4 de Marzo:
Hai un mes que sabe o que me aconteceu. ¿Tráxico, non? E hoxe visitou o meu túmulo e me levou tulipas, as miñas flores favoritas. Ficaste conversando coa placa que leva meu nome encanto lembrabas as nosas aventuras, e vinte chorar. Quería poder estar aí para darte unha aperta, consolarte e limpar as túas bágoas, mais xá non estou. Pero o importante é que estou feliz, só me entristece saber que ti non o está. E non é certo o que ti dis....... ¡¡¡sempre fuches un bo amigo!!!

7 de Abril:
Non se culpe por iso. As veces estamos tan atarefados que nos esquecemos ata de respirar. É certo o que dis namentrwa apertas a nosa foto de cando íamos xuntos á escola. Cantas cousas vivimos xuntos e cantas me querías contar. Perdesches a oportunidade, é certo..... desperdiciaste o tempo con cousas que tal vez non eran tan importantes como pensabas.
Eu non te culpo... aínda que aprezo o tempo en que fomos amigos e se tivese a oportunidade de repetir todo, non o pensaría dúas veces, porque sabería que no final todo aconteceu para que o meu amigo dirixira e vivira a súa vida, sen se preocupar de cousas sen importância. Para min, ti sempre serás o meu amigo... o meu mellor amigo...


Os amigos son anxos que nos axudan a erguernos cando as nosas ás esquecen como voar

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:46:00 da tarde por kaka      5 comentarios

terça-feira, março 21, 2006

Imagine


Son as 00:59 da madrugada do día 20, (aínda que está publicado como día 21 porque a entrada de onte tiña dono) e agora mesmo están poñendo a nit da crema na tve2, e van queimar unha falla chamada "Imagine", que seica é un homenaxe a John Lennon, e lembrei a mítica canción... e vouna poñer (coa correspondente tradución) porque joba, transmite unha mensaxe interesante. Ala, aí vos queda:

"Imagine"

Imagine there's no heaven
It's easy if you try
No hell below us
Above us only sky
Imagine all the people
Living for today...
Imagine there's no countries
It isn't hard to do
Nothing to kill or die for
And no religion too
Imagine all the people
Living life in peace...
You may say I'm a dreamer
But I'm not the only one
I hope someday you'll join us
And the world will be as one
Imagine no possessions
I wonder if you can
No need for greed or hunger
A brotherhood of man
Imagine all the people
Sharing all the world...
You may say I'm a dreamer
But I'm not the only one
I hope someday you'll join us
And the world will live as one



"Imaxina"

Imaxina que nox existe o Ceo,
é fácil se o intentas,
sen o Inferno debaixo nosa,
arriba nos, só o ceo.
Imaxina a toda a xente
vivindo o hoxe...
Imaxina que non hai países,
non é difícil de facer,
ninguén por quen matar ou morrer,
nin tampoco relixión,
imaxina a toda a xente,
vivindo a vida en paz...
Imaxina que non hai posesións,
quixera saber se podes,
sen necesidade de gula ou fame,
unha irmandade de homes,
imaxínate a toda a xente
compartindo o mundo
Podes dicir que son un soñador,
pero non son o único,
espero que algún día te unas a nós
e o mundo vivirá coma un.


Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:59:00 da manhã por kaka      5 comentarios

segunda-feira, março 20, 2006

Aniversario de Yeyu


Bueno, ao que lle toca hoxe celebrar o aniversario hoxe, e polo tanto recibir as miñas felicitacións, é o meu sufrido compañeiro de pupitre, polo que hai que facer mención á súa paciencia por aturarme 6 horas ao día, que non é pouco... E dito isto, vou xa co tema que me ocupa, recibe deste xeito os meus mellores desexos:



¡¡Parabéns rapaz!!

Que cumpras moitos máis, que teñas un bo ano e mellor día (ou ao revés ou como mellor che pareza a ti), que medres moito... e xa non che digo que aprobes todo porque é unha utopía... si bueno, xa lle molaban a moitos as túas notas (incluome), e tal e cal...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:00:00 da tarde por kaka      4 comentarios

domingo, março 19, 2006

Parábola do domingo: Filosofía de vida


Bueno, resulta que polos aniversarios de María o venres e de Gendra o sábado, a parábola desta semana viuse desprazada ao domingo, pero non por iso deixo de facela, que vos preste:

Había un neno que tiña moi mal xenio. Seu pai deulle un saco cheo de cravos e díxolle que cada vez que perdese a paciencia que cravase un na cerca do fondos da casa.

O primeiro día o rapaz había cravado 37 cravos na cerca. Mais, gradualmente, o número foi decendendo. Descobreu que era máis fácil controlar o seu xenio que cravar nada na cerca.

Finalmente chegou o día no cal non perdeu o control sobre o seu xenio. Contoulle isto ao seu pai, que lle suxeriu que quitase un cravo da cerca por cada día que fose capaz de controlar o seu xenio.

Os días foron pasando ata que finalmente o neno puido dicirlle ao seu pai que non lle quedaban máis cravos que retirar. O pai colleu ao rapaz pola man e o levou ata a cerca. E dille:

- Fixeches ben, mais bótalle unha ollada á cerca, nunca máis será a mesma. Cando vos di cousas enfadado, estas deixan unha cicatriz como esta - di, sinalando para un dos buracos que deixaron os cravos -. Ti podes ofender a unha persoa e retirar en seguida a ofensa, mais non importa cantas veces digas que o sintes moito, a ferida continuará alí. Unha ferida verbal é tan mala ou peor como unha física.

Os amigos son unha alfaia realmente rara.
Eles fante sorrir e o encorajam a ter sucesso.
Eles sempre te ouven, teñen unha palabra de apoio e sempre queren abrir o seu corazón para vós.

¡Manteña isto en mente antes de enfadarse contra alguén!

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:52:00 da tarde por kaka      6 comentarios

sábado, março 18, 2006

Aniversario de Gendra


Bueno, esta entrada correspondelle a Pablo Gendra polo seu aniversario, que aínda que sexa do Celta tamén é persoa, para felicitalo e transmitirlle os meus mellores desexos para este día, así que tal:



¡¡Parabéns amigo!!

Que cumpras moitos máis, que teñas un bo día (hai que superar a amargura da derrota do CDM, que aínda quedan moitos partidos e títulos que gañar...) e mellor ano, que medres moito e todo iso que se di nestas datas... E que marques moitos máis goles, e nos estaremos agradecidos...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 6:35:00 da tarde por kaka      5 comentarios

sexta-feira, março 17, 2006

Aniversario de María


Bueno, aínda que desta vez a afortunada homenaxeada é castelá e posibelmente non entenda o galego eu non vou cambiar o meu idioma, que xa lle ían sendo horas de aprendelo... que va, simplemente confío na súa intelixencia e don de linguas para conseguir entendelo e se non xa sabe que ten que facer... E iso, o que dicía:



¡¡Parabéns boa moza!!

Que cumpras moitos máis, que teñas un bo día e mellor ano, que medres moito e agora que chega a época que teñas sorte e aprobes todo, e senón estuda moito, e tal e cal...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 6:53:00 da tarde por kaka      2 comentarios

domingo, março 12, 2006

Mr. Bean


Bueno, déixovos aquí unha foto do meu boneco de Mr. Bean, que, de todos os que teño (que aínda son uns 30 sen esaxerar), é o meu favorito...

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:41:00 da manhã por kaka      2 comentarios

sexta-feira, março 10, 2006

Parábola do venres: ¿Vidro ou diamante?


Un home esperaba para cruzar unha avenida cando un brillo na rúa que pisaba chamou a súa atención.

Botoulle unha ollada sen se anicar e pensou:

- ¡Debe ser un anaco de vidro! E, sen máis, foise.
Máis tarde outro home na mesma situación percibiu o brillo, abaixouse, pegou a pedra medio sucia e viu que estaba tallada coma un lindo diamante. Parecía mesmo un diamante enviando raios luminosos coas cores do arcoiris cando se colocaba ao sol.

O home pensou:

- ¿E será un diamante? ¿Deste tamaño? ¿Perdido aquí? ¿Como chegou parar aquí? Tal vez debía levalo a un alfaiate para ver ser é verdadeiro.

Ollaba e ollaba e de repente dise a si mesmo:

- ¡Que idiota son!, imaxinar que iso é un diamante... só pode ser un vidro tallado en forma de diamante que caeu dalgún anel de bisuteria. ¿Por que alguén coma min iría achar un diamante?

E se o levo a un alfaiate aínda vou ter que aturar a súa burla por pensar que podía ser un diamante... como ía achar eu un diamante así... perdido na rúa...

E, pensando así, deixou de novo a pedra na rúa e atravesou a avenida medio triste pola súa pouca sorte.

No día seguinte outro home pasando polo mesmo lugar viu a pedra, atraído polo seu brillo.

- ¡Que beleza de pedra! - pensou -. Parece un diamante, tal vez ata sexa un diamante, mais tamén pode ser apenas un pedazo de vidro imitando um diamante... o mellor que teño que facer é levala a un alfaiate e pedir unha avaliación.

E colocou a pedra no peto.

Cando a levou para avaliación descubriu que era un verdadeiro diamante, de moitos quilates e cunha lapidación especial.

¡Era unha pedra moi valiosa! Realmente especial e o home ficou moi feliz coa súa boa sorte.

Na nosa vida as veces atopamos persoas que son coma ese diamante... ¡valiosas!

Mágoa que non sempre nos damos o tempo preciso para avalialas, confiando na nosa primeira, e moitas veces errónea, impresión. Ou simplemente pensando que nunca tivemos sorte. Entón... ¿por que aquela persoa apareceu xustamente para nós?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:37:00 da manhã por kaka      4 comentarios

quarta-feira, março 08, 2006

Día internacional da muller


Hoxe, día 8 de Marzo, é o día internacional da muller, e nesta data quería romper unha lanza en favor da igualdade, criticando a violencia de xénero, unha realidade que atenta contra a dignidade da muller como tantas outras...

O número de mulleres asasinadas en España a mans dos seus maridos, ex cónxugues ou compañeiros sentimentais, de Xaneiro a Outubro do 2005, foi de 52 (¡os funcionarios do goberno mostraron o seu "optimismo" dicindo que baixara un 13.3% respecto ao mesmo período de 2004!)

Segundo os datos do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, do Consejo Xeral do Poder Xudicial (CXPX), no primeiro semestre do ano se solicitaron 20.271 ordes de protección, das que os xuíces acordaron conceder 15.330, o 76% do total.

A orde de protección permite aos xuíces de garda acordar, en función da gravidade dos feitos, medidas cautelares de carácter penal, que van dende a prisión provisional, a prohibición de aproximación, de residencia ou de comunicación á retirada de armas.


A pesar da chamada "liberación feminina", aínda hai homes que consideran á esposa e aos fillos como obxectos da súa propiedade. Por iso se cren co dereito a descargar sobre eles a súa frustración ou malhumor maltratándoos ao seu antollo. E como os fillos imitan aos pais, dáse con frecuencia que quen na nenez foron testemuñas de abusos físicos entre os seus pais, repiten a mesma conduta cando chegan ao estado adulto. Aprenderon que os problemas e conflitos se afrontan coa forza bruta. Este aprendizaxe negativo está tan arraigado que moitas veces chega a transmitirse de xeración en xeración.

Se a isto se lle engade a "glorificación" da violencia nos medios de comunicación, podemos entender o por que moitos seres humanos recurren á violencia, a veces cunha frialdade que asusta máis que o mesmo acto violento. Hai moitos recursos á súa disposición.

A experiencia ensina que moitos dos abusadores familiares parece "que nunca crebaron un prato"; pasan por persoas educadas e sensíbeis, pero no fondo son individuos celosos cunha pobre imaxe de sí mesmos e que viven nun mundo irreal. Se a esas persoas lles dá por tomarse uns tragos de máis, cousa frecuente, a explosión violenta será moito maior.

E a resolver este problema tampouco axuda que exista xente (como o paisano que saia hoxe en El Correo Gallego, ou o sacerdote valenciano que saira hai algún tempo no telexornal...) que opine que as "mulleres malas" merecen ser maltratadas por ir provocando, que por culpa súa agora hai homesexuais e non sei que máis historias... vendo isto, eu persoalmente me pregunto para que serven todas as campañas de sensibilización e demais. É que non sei, se todos somos bechos da creación, non entendo estas posturas...

¡¡¡Reaccionemos antes de que sexa demasiado tarde!!!

Sen máis...


PD: se alguén quere ler algo máis completo sobre o tema, recoméndolle as dúas entradas que Marykinha lle adicou ao tema no seu blog, unha sobre o Día da Muller e unha crítica ás opinións misóxinas

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 12:47:00 da manhã por kaka      2 comentarios

terça-feira, março 07, 2006

Big botellón


Quedádevos con esta imaxe... fixadevos sobre todo no tío de verde que campión, que vai baleirar a cunquiña de penalti, cando fagades algo así avísade que ese día teño que estar presente.

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:40:00 da tarde por kaka      5 comentarios

domingo, março 05, 2006

Chistes sobre Vin Diesel


Resulta que hoxe estiven rindo cos chistes de Chuck Norris (moi recomendados) que puxo San7inho no seu space, e por iso deume a arroutada de buscar no google e atopei uns semellantes pero sobre Vin Diesel, deixóvolos aquí:

  • Cando Vin Diesel fai unha prancha, non se está levantando, está empurrando a Terra cara abaixo.


  • Os compás non apuntan cara o norte; apuntan cara Vin Diesel.


  • Vin Diesel inventou o negro. De feito, inventou todo o espectro de luz visíbel. Excepto o rosa, que foi inventado por Tom Cruise.


  • No seu aniversario, Vin Diesel escolle a un neno ao azar para tiralo cara o Sol.


  • Se encerraras a Vin Diesel cunha guitarra nunha habitación durante un ano, ao saír habría creado o mellor disco de todos os tempos, un disco que barrería nos premios Grammy. Ao preguntarlle por que non o facía, Vin Diesel dixo que "Os grammies son para maricas". Tras isto comería un coitelo para mostrar que falaba en serio.


  • Vin Diesel xogou á ruleta rusa cuhna pistola completamente cargada e gañou.


  • Vin Diesel pode queimar formigas cunha lupa. Pola noite.


  • Vin Diesel é a razón pola que Wally se esconde.


  • Na última páxina do libro Guinness dos récords pódese ler en letra pequena que todos os récords do mundo tenos actualmente Vin Diesel, e que a xente citada no libro é a que máis se achegou.


  • Unha vez, Vin Diesel pasou o Super Mario Bros 3 sen tocar o mando. Só lle berrou ao televisor mentres se comía un bocata de nenos, e o xogo pasouse a si mesmo por medo.


  • Vin Diesel pode dividir entre cero.


  • Cando Vin Diesel exacula, do charco de seme resultante crece unha petunia.


  • Vin Diesel ten dúas velocidades: camiñar e matar.


  • Cando Vin Diesel naceu, a enfermera dixo "¡Carafio! ¡¡É Vin Diesel!!". Despois fixo o amor con el. Nese momento era a tercera muller coa que se acostaba.


  • Nun salón estandar hai 1242 obxectos que Vin Diesel pode empregar para matarte, incluíndo a propia habitación.


  • Vin Diesel paseou un día pola rúa cunha erección masiva. Non houbo supervivintes.


  • As bágoas de Vin Diesel curan o cancro. Por desgraza, Vin Diesel xamais chora.


  • Se podes ver a Vin Diesel, el pode verte a ti. Se non podes velo, estás a só uns segundos da túa morte.


  • Os aparcamentos para minusválidos en realidade son aparcamentos para Vin Diesel. O símbolo significa que Vin Diesel te deixará minusválido se te atreves a aparcar aí.


  • Un día Vin Diesel comeu unha tarta xigante enteira antes de que os seus amigos lle puidesen dicir que había unha stripper dentro.


  • A teoría da evolución non é certa. Só existe unha lista de animais aos que Vin Diesel lles permite vivir.


  • Vin Diesel usa o á de maternidade do hospital como buffet de almorzo.


  • Vin Diesel non o considera violación se sobrevives...


  • Vin Diesel é a quinta tartaruga ninja.


  • Vin Diesel creou todos os efectos de sonido da película A Guerra das Galaxias usando só as mans e os sobacos.


  • Vin Diesel pode derretir M&M's coas mans.


  • Vin Diesel matou ao Mar Morto.


  • Vin Diesel é capaz de debuxar un mapa completo do metro de Londres mexando na neve.

    Sen máis...

    Califica esta entrada:

     Esbardallado ás 10:27:00 da tarde por kaka      5 comentarios

    sábado, março 04, 2006

    Turismo rural


    Deixovos aquí está imaxe, famosa polas típicas camisetas, que me gusta moito. Veña aí queda:

    Sen máis...

    Califica esta entrada:

     Esbardallado ás 11:48:00 da tarde por kaka      7 comentarios

    sexta-feira, março 03, 2006

    Parábola do venres: Se me queres, dígao


    Richi estaba no seu primeiro ano co carne de conducir, o que deixaba a Pepe, o seu pai, bastante preocupado. O medo dun accidente só aumentaba á súa ansiedade.

    Un día, Richard dille ao seu pai que sairía dar un paseo.

    -¡Conduce con tino! - avisouno Pepe.
    Richi virouse para o seu pai cunha mirada desgstoso e preguntou:
    - ¿Por que sempre dis o mesmo?

    - ¿O que?

    - Vai con coidado. É coma se non confiases en min ao volante.

    - Non é iso fillo, - explicou Pepe - é o meu xeito de dicirche: quérote.

    - ¡Ben, pai, se queres dicir que me amas, dígao! - respondeu Richi.

    - Mais... - instou Pepe - ¿que pensaran os seus amigos disto? Se eu digo que che quero, podes quedar avergonzado.

    - Nese caso, pai, cando estes dicindo adeus, abonda con que poña a súa man preto do seu corazón e eu farei o mesmo - propuxo Richi.

    - Dacordo - di Pepe, terminando a conversa.
    Algúns días máis tarde, Richi estaba a piques de saír outra vez, nesta ocasión cun amigo.

    - ¿Podo coller as chaves do coche, pai? - preguntou.

    - Si. ¿Onde vas?

    - Á cidade.
    Pepe lanzoulle as chaves.

    - Richi, divírtase. - Di colocando a súa man preto do corazón. Richi fai o mesmo.

    - Grazas, pai.
    Pepe, entón, chiscoulle un ollo.

    Richi voltou ata o seu pai e susurroulle:

    - As chiscadas non entraban no acordo.
    Pepe quedou lixeiramente embarazado. Richi dirixiuse para a porta.

    - Aprovado, pai, deica logo. - Di e, antes de pechar a porta, ollou para atrás e chiscou o ollo.

    Sen máis...

    Etiquetas:

    Califica esta entrada:

     Esbardallado ás 11:40:00 da tarde por kaka      2 comentarios

    quinta-feira, março 02, 2006

    Aniversario de Moncho


    Pois como adoito facer nestas ocasións, hoxe non vai ser menos, por iso vou felicitar aquí ao Moncho, alias Bisbal ou Puyol do CDM, polo seu aniversario. Así que iso é o que hai:



    ¡¡Parabéns amigo!!

    Que cumpras moitos máis, desexarche teñas un bo ano, que pases un mellor día, que medres moito e todas esas gaitas que digo sempre... E que rindas no CDM ao nivel que se espera dun xogador da túa categoría.

    Sen máis...

    Etiquetas:

    Califica esta entrada:

     Esbardallado ás 12:00:00 da manhã por kaka      4 comentarios

    CiberIrmandade

    UNA VIÑETA CADA DÍA