Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, março 19, 2006

Parábola do domingo: Filosofía de vida


Bueno, resulta que polos aniversarios de María o venres e de Gendra o sábado, a parábola desta semana viuse desprazada ao domingo, pero non por iso deixo de facela, que vos preste:

Había un neno que tiña moi mal xenio. Seu pai deulle un saco cheo de cravos e díxolle que cada vez que perdese a paciencia que cravase un na cerca do fondos da casa.

O primeiro día o rapaz había cravado 37 cravos na cerca. Mais, gradualmente, o número foi decendendo. Descobreu que era máis fácil controlar o seu xenio que cravar nada na cerca.

Finalmente chegou o día no cal non perdeu o control sobre o seu xenio. Contoulle isto ao seu pai, que lle suxeriu que quitase un cravo da cerca por cada día que fose capaz de controlar o seu xenio.

Os días foron pasando ata que finalmente o neno puido dicirlle ao seu pai que non lle quedaban máis cravos que retirar. O pai colleu ao rapaz pola man e o levou ata a cerca. E dille:

- Fixeches ben, mais bótalle unha ollada á cerca, nunca máis será a mesma. Cando vos di cousas enfadado, estas deixan unha cicatriz como esta - di, sinalando para un dos buracos que deixaron os cravos -. Ti podes ofender a unha persoa e retirar en seguida a ofensa, mais non importa cantas veces digas que o sintes moito, a ferida continuará alí. Unha ferida verbal é tan mala ou peor como unha física.

Os amigos son unha alfaia realmente rara.
Eles fante sorrir e o encorajam a ter sucesso.
Eles sempre te ouven, teñen unha palabra de apoio e sempre queren abrir o seu corazón para vós.

¡Manteña isto en mente antes de enfadarse contra alguén!

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:52:00 da tarde por kaka      6 comentarios

6 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Moitas gracias polo consello... Intentarei telo en conta, porque si algo me sobra é o mal xenio (ainda que moita xente ainda non coñeza esa parte de min...) e sei que moitas veces podo facer dano cos meus comentarios. Pararse a pensar antes de falar supoño que é algo que debemos facer todos: evitaremos moitos arrepentimentos posteriores que non serven de nada.

sábado mar. 18, 03:50:00 da manhã  
Blogger marykinha dixo...

As veces as palabras fan feridas máis profundas que un mal xesto... O xusto seria que todos empezasemos a controlarnos sen ferir a xente que nos rodea.
Moitas grazas polos túas parábolas!!

sábado mar. 18, 03:08:00 da tarde  
Blogger Jorge dixo...

dou fe de q ai q pensar antes de enfadarse con algén..
Deiká - Mich0

domingo mar. 19, 06:25:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

A min estas cousas danme que pensar... E verdade que existen feridas que nunca cicatrizan... e moitas veces non somos conscientes do dano que facemos ao falar, e é peor cando ferimos a un amigo, porque como e lóxico, os amigos fácemoslle mais dano ca o resto da xente. Pero opino que tamén e bó enfadarse cos amigos, porque iso tamén demostra que clase de amigos somos... se cedemos... se esperamos a que sexa o outro o que se disculpe... en definitiva, demostramos o que nos importa a nosa amizade coa outra persoa. E hai que ter en conta que a maioria das veces enfandámonos coa xente que mais queremos...
Pero só e a miña opinión... agora non nos vaiamos enfadar todos xD
Bikos
SalU2

segunda mar. 20, 10:30:00 da tarde  
Blogger Sinuh3 dixo...

mira que estas obsesionada con nos facer pensar e? o malo e que o consigues...

terça mar. 21, 03:58:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Debo admitir que enfadarse cos amigos non é nada bonito... A min persoalmente non me gusta, pero tampouco me gusta que se enfaden comigo xa que fanme sentir moi mal... Aínda que hai xente tan rencorosa que nin sequera se dá conta diso...

sábado mar. 25, 02:57:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA