Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, março 24, 2006

Parábola do venres: ¿Como che vai amigo?


15 de Xaneiro:
¿Que tal o Nadal e o Aninovo? Chameite para preguntarcho, mais non te encontrei, unha mágoa. Quería contarche o ben que o pasera e todos os propósitos que espero cumprir este ano. Imaxino que comezara as clases dentro de pouco e voltara ao traballo. A todos nos acontece o mesmo. Espero que poidamos falar logo. Teño que contarche moitas cousas.

27 de Marzo:
Aínda non sei nada de ti. E mesmo te mando mpitos e-mails, pero nunca respondes. Debe ser que tes moitas cousas que facer. ¡¡¡Xa sei!!! O máis probábel é colleras as merecidas vacacións das que me falaches uns 5 meses atrás. Ese hotel do que me falaches debe ser maravilloso. Ogallá as estes aproveitando.

8 de Maio:
Onte aconteceume unha cousa horríbel....e non teño ninguén a quen contarllo. Chameite, mais só escoitei a súa voz no contestador. Deixei unha pequena mensaxe, a ver se non se borra. Gostaríame moito contarte o gran problema que teño, mesmo sabendo que é imposíbel encontrarte en casa a esta hora. Mais como sempre me dixeches, sempre fago unha tempestade dunha gota de auga. Tal vez os meus problemas non sexan tan graves coma os teus... teño que ser máis forte.

27 de Xullo:
¡¡¡Feliz Aniversario!!! Xa te chamei dúas veces. Túa nai e os seus irmáns dixeronme que aínda non chegou da facultade e que pola tarde ten traballo e.... de noite espero poder falar contigo. Só quería desexarte o mellor e que me gostaría continuar a formar parte da túa vida por moitos anos.

17 de Setembro:
Recebín o seu e-mail. A piada era engraçada. Non sei se o sabes, mais estiven ingresada uns días no hospital. Nada grave, apenas un dor de cabeza. O médico quere facer uns análises para estar certo que esta todo funcionando ben. E falei con el que "vaso ruín non creba". Mais no fondo sinto un pouco de tristeza.

12 de Outubro:
Onte foi o meu aniversario. Entendo que te esqueceras, fai tempo que non nos falamos e bueno... tes moitas cousas que facer. Estaba agardadndo que me chamases para dicirme "estaste facendo vella", pero por máis que o teléfono soase, non eras ti. Sabes, dende os días que pasei no hospital, síntome débil, tal vez sexa que non me alimento ben. Acabo de lembrar que está en época de exames. Debes estar loitando contra as Matemáticas e por iso non me chamaches... sempre fuches ruín nas Matemáticas.

20 de Outubro:
Algunha cousa non me funciona ben na miña cabeza. O médico di que preciso facer quimioterapia antes de que o meu problema se agravie. Espero saír desta, confio en Deus, mais meus pais están moi preocupados. Quería que tiveras tempo de chamarme... ti sempre sabes dicir as palabras exactas cando a depresión embarga a miña alma.

30 de Novembro:
Quimioterapia..... é o peor. O meu cabelo comezou a caer, teño náuseas e case non me ergo da cama. As miñas unllas caen a trozos. ¡¡¡¡As miñas unllas!!!! Se me viñeses ver agora, creo que non me recoñecerías. Envellecín e perdín case a metade dos meus cabelos. Sei que onte foi o seu primeiro día no traballo. Non me dixo nada, entereime por outra persoa que falou contigo.

11 de Xaneiro:
En fin, estou descansando por completo (finou). Recuperei a miña cabeleira e as miñas unllas voltaron. Sen náuseas ou dores. Aquí hai moita paz e tranqüilidade aínda que as veces me doe saber que meus pais continuan chorando por min. Daquí podo ver o que estás facendo. Sei que aínda non sabes que me aconteceu. Hoxe coñeceu unha persoa que ten o mesmo nome que tiña eu..... ¿curioso, non é? Lembro que sempre dicías que o meu nome era estrano e pensaches: "¿Canto tempo hai que non falo con ela?"

4 de Marzo:
Hai un mes que sabe o que me aconteceu. ¿Tráxico, non? E hoxe visitou o meu túmulo e me levou tulipas, as miñas flores favoritas. Ficaste conversando coa placa que leva meu nome encanto lembrabas as nosas aventuras, e vinte chorar. Quería poder estar aí para darte unha aperta, consolarte e limpar as túas bágoas, mais xá non estou. Pero o importante é que estou feliz, só me entristece saber que ti non o está. E non é certo o que ti dis....... ¡¡¡sempre fuches un bo amigo!!!

7 de Abril:
Non se culpe por iso. As veces estamos tan atarefados que nos esquecemos ata de respirar. É certo o que dis namentrwa apertas a nosa foto de cando íamos xuntos á escola. Cantas cousas vivimos xuntos e cantas me querías contar. Perdesches a oportunidade, é certo..... desperdiciaste o tempo con cousas que tal vez non eran tan importantes como pensabas.
Eu non te culpo... aínda que aprezo o tempo en que fomos amigos e se tivese a oportunidade de repetir todo, non o pensaría dúas veces, porque sabería que no final todo aconteceu para que o meu amigo dirixira e vivira a súa vida, sen se preocupar de cousas sen importância. Para min, ti sempre serás o meu amigo... o meu mellor amigo...


Os amigos son anxos que nos axudan a erguernos cando as nosas ás esquecen como voar

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:46:00 da tarde por kaka      5 comentarios

5 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

Ola!!
Sempre me chamou moito a atención esa historia... realmente podemos chegar a ser crueis e esquencernos dos nosos amigos, asi, cando os buscamos, descubrimos que non están!
Beijos

sábado mar 25, 12:47:00 da tarde  
Anonymous Alvinha dixo...

Bueno, debo admitir que é unha historia un chisco triste e esaxerada, pero moitas veces estamos tan obcecados no noso que esquecemos aos que máis queremos... Moitas veces me pasa que non son capaz de ver os problemas dos outros e non sei como axudalos...Por iso debemos aproveitar cada momento cos amigos e persoas queridas, nunca se sabe cando vai ser o último...

sábado mar 25, 02:54:00 da tarde  
Anonymous mariña dixo...

Kaká, conseguiches poñerme os pelos de punta... É unha historia, como di Alvinha, triste, pero fermosa ó mesmo tempo. Eu son das que podo desaparecer durante moito tempo e sen case decatarme: algo que tentarei cambiar... Grazas unha vez máis!

sábado mar 25, 03:42:00 da tarde  
Blogger Sinuh3 dixo...

jajja oura vez me fixeches pensar kaka, e non é doado iso e¿ faime cavilar sobre moitas cousas que fixen ou mais ben que non fixen, e tamen me axudou a plantexarme outras que vou facer... creo xDD veña deikaa

sábado mar 25, 11:49:00 da tarde  
Anonymous alex dixo...

sep, ya abia visto esta istoria n una cadena destas. anke esagerada, refleja la realida n muxos kasos

domingo mar 26, 09:13:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA