Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, março 31, 2006

Parábola do venres: Vaquiña


Un Mestre de Sabedoria paseaba por unha fraga co seu fiel discípulo cando albiscou ao lonxe un sitio de aparencia pobre e resolveu facer unha breve visita...

Durante o camiño faloulle ao aprendiz sobre a importancia das visitas e as oportunidades de aprender que temos, tamén coas persoas que non coñecemos.

Chegando ao sitio constatou a pobreza do lugar, sen calzada, casa de madeira, os moradores, un home e tres fillos, vestidos con roupas rasgadas e sucias... entón aproximouse ao señor, aparentemente o pai daquela familia, e preguntou:

- Neste lugar non hai sinais de puntos de comercio e de trabalho; ¿como sobrevive vostede e a súa familia aquí?
E o señor calmadamente respondeu:

- Meu amigo, nós temos unha vaquiña que nos dá varios litros de leite todos os días. Unha parte dese produto vendemolo ou trocamolo na cidade veciña por outros xéneros de alimentos e a outra parte empregamola para producir queixo, callada, etc... para o noso consumo e así imos sobrevivindo.
O sabio agradeceu a información, contemplou o lugar por uns momentos, despedironse e foronse. No medio do camiño, voltou ao seu fiel discípulo e ordenou:

- Aprendiz, colle a vaquinha, lévaa ao precipicio alí en fronte e empúrrea alá en baixo.
O mozo abriu os ollos espantado e cuestionou ao mestre sobre o feito de que a vaquiña é o único medio de supervivencia daquela familia, mais, como percebeu o silencio absoluto do seu mestre, foi cumprir a orde.

Así empurrou a vaquiña monte abaixo e vnaiu morrer. Aquela escena ficou marcada na memoria daquel rapaz durante algúns anos e un belo día resolveu botar todo o que aprendera e voltar a aquel mesmo lugar e contar todo a aquela familia, pedir perdón e axudalos.

Así fixo, e cando se aproximaba ao lugar avistou un sitio moi bonito, con árbores floridas, todo murado, cun coche no garaxe e nenos brincando no xardín. Ficou triste e desesperado imaxinando que aquela humilde familia tivera que vender o lugar para sobrevivir, apertou o paso e cando chegou foi recibido por un caseiro moi simpático e preguntou sobre a familia que alí moraba hai uns catro anos e o caseiro respondeu:

- Continuan morando aquí.
Espantado, entrou correndo na casa; e viu que era a mesma família que visitara antes co mestre. Eloxiou o local e preguntou ao señor (o dono da vaquiña):

- ¿Como mellorou tanto o lugar e está tan ben de vida?
E o señor entusiasmado, respondeu:

- Nós tiñamos unha vaquiña que caeu polo precipicio e morreu, daí en diante tivemos que facer outras cousas e desenvolver habilidades que non sabíamos que tiñamos, así alcanzamos o éxito que os seus ollos ven agora ...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 3:28:00 da tarde por kaka      2 comentarios

2 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

Todo un exemplo de superación... ata certo modo, e coma dicia a parabola que puxeches xa fai uns cantos meses dos monos, as veces acomodámonos a postura tradicional, aquela que coñecemos dende sempre e temos medo de ir máis aló e o que precisamos é un empurrón para espabilar un pouquechiño!
Moitas grazas polas túas parábolas!!
Bicos

sábado abr. 01, 08:26:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

Moi boa esta tamén: non hai aprendizaxe sen obstáculos, non hai avance sen situacións que, como di Marykinha, che empurren a conseguir un obxectivo (neste caso o obxectivo primario da supervivencia). Tamén me lembra esta parábola á mensaxe que publiquei onte na miña blog e que ti xa comentaches: "o imposible é o que non se intenta..." Un bico.

domingo abr. 09, 12:06:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA