Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, março 10, 2006

Parábola do venres: ¿Vidro ou diamante?


Un home esperaba para cruzar unha avenida cando un brillo na rúa que pisaba chamou a súa atención.

Botoulle unha ollada sen se anicar e pensou:

- ¡Debe ser un anaco de vidro! E, sen máis, foise.
Máis tarde outro home na mesma situación percibiu o brillo, abaixouse, pegou a pedra medio sucia e viu que estaba tallada coma un lindo diamante. Parecía mesmo un diamante enviando raios luminosos coas cores do arcoiris cando se colocaba ao sol.

O home pensou:

- ¿E será un diamante? ¿Deste tamaño? ¿Perdido aquí? ¿Como chegou parar aquí? Tal vez debía levalo a un alfaiate para ver ser é verdadeiro.

Ollaba e ollaba e de repente dise a si mesmo:

- ¡Que idiota son!, imaxinar que iso é un diamante... só pode ser un vidro tallado en forma de diamante que caeu dalgún anel de bisuteria. ¿Por que alguén coma min iría achar un diamante?

E se o levo a un alfaiate aínda vou ter que aturar a súa burla por pensar que podía ser un diamante... como ía achar eu un diamante así... perdido na rúa...

E, pensando así, deixou de novo a pedra na rúa e atravesou a avenida medio triste pola súa pouca sorte.

No día seguinte outro home pasando polo mesmo lugar viu a pedra, atraído polo seu brillo.

- ¡Que beleza de pedra! - pensou -. Parece un diamante, tal vez ata sexa un diamante, mais tamén pode ser apenas un pedazo de vidro imitando um diamante... o mellor que teño que facer é levala a un alfaiate e pedir unha avaliación.

E colocou a pedra no peto.

Cando a levou para avaliación descubriu que era un verdadeiro diamante, de moitos quilates e cunha lapidación especial.

¡Era unha pedra moi valiosa! Realmente especial e o home ficou moi feliz coa súa boa sorte.

Na nosa vida as veces atopamos persoas que son coma ese diamante... ¡valiosas!

Mágoa que non sempre nos damos o tempo preciso para avalialas, confiando na nosa primeira, e moitas veces errónea, impresión. Ou simplemente pensando que nunca tivemos sorte. Entón... ¿por que aquela persoa apareceu xustamente para nós?

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:37:00 da manhã por kaka      4 comentarios

4 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

Oliñas!!
Tes moita razón... as veces creemos que temos ao noso carón a unha especial pero non sabemos valorala como é debido e deixamola de lado porque non sabemos apreciar o seu valor.
Todos no noso interior somos pezas únicas, coma o diamante da parábola, a cousa e saber arrimarnos a xente que sepa apreciarno tal e como somos.
Beijaos!

sábado mar. 11, 09:25:00 da tarde  
Anonymous Anónimo dixo...

juba, de las mejores parabolas q pusiste yo creo. ai q saber valorar lo weno, q no nos damos cuenta muxas veces

domingo mar. 12, 12:07:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

Boas! Coincido coas opinións dos outros comentaristas, e por iso supoño que somentes depende de nós que vexamos detrás de cada persoa o diamante que ten. Cada un de nós é algo especial, e eu penso que todos somos diamantes: é importante que haxa xente que saiba apreciar a nosa singularidade, pero primeiro debemos ser nós mesmos os que nos gustemos tal e como somos; ahí está o noso verdadeiro valor...

sábado mar. 18, 03:43:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

A min un día vasme traumatizar con isto das parábolas... impresionante, e ademáis é unha verdade coma un templo! Cantas veces perdemos a oportunidade de coñecer a alguen especial sólo polas apariencias ou os prexuizos k temos... enfin... que lle imos facer!
Un bikiño enorme!
SalU2!
P.D: Eu alédome de atoparte no meu camiño, porque tamén resultaches ser un diamante! ;)

quarta mar. 22, 07:44:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA