Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, abril 30, 2006

Mar adentro e Tojeiro mix


Bueno, aquí vos deixo un video que é un pouco unha mestura entre o Sampedro de Mar Adentro e o mítico José Tojeiro. Espero que vos guste.

Sen máis...

PD: achado no blog dos compañeiros dA Aranheira.

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:07:00 da tarde por kaka      2 comentarios

sábado, abril 29, 2006

Jose Tojeiro Díaz


Vouvos deixar aquí o mítico video de José Tojeiro Díaz (como non, veciño de Angrhois), supoño que xa o coñecedes todos, pero non sei, fíxome chiste poñelo. Aquí volo deixo:



"¡¡¡Y era cuando ella tenía ese interes en ir a cama porque una quedaba libre así, en "COMPLÓ", pa revolver!!!

Mecharon DROJA en el ColaCao... que yo note que dormía muchas horas.. Imposible que yo dumiera muy pocas
horas...."
¡Que grande, que grande é este home!

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 9:28:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sexta-feira, abril 28, 2006

Parábola do venres: Unha razón para vivir


¿Por que naciches? ¿Pénsachelo algunha vez? Se xa o fixeches e aióda non atopaches resposta, presta atención á historia que vou contar.

Trátase dunha velliña que perdera toda a súa familia na guerra. Vendeu a gran casa que posuía e moraba agora nunha pequena casiña a carón da súa antiga propriedade.

Un día soubo que un mozo de 17 anos tentara suicidarse botándose ao mar.

O rapaz era metade negro, metade chion, e fora salvado pola policia contra a súa vontade. Estaba cheo de odio e total desespero.

A velliña foi á policia e pediu permiso para ver ao mozo. Tendo en conta a persoa que era, os policias deixáronlle falar con el.

- Meniño, di ela. O rapaz voltoulle a cara mais permaneceu sentado, feito pedra, indiferente a todo e a todos.
A velliña faloulle de novo, suave e lentamente, e con moito cariño:
- Meniño, entón non sabes que viñeches ao mundo para algo maravilloso, que só ti podes facer?
Despois de ter repetido iso varias veces, Xurxo voltouse subitamente para ela e preguntou con ironía:
- ¿Un negro? ¿Un fillo que non ten pais?

Calmamente a velliña insistiu:
- Porque es negro e porque non tes pais podes facer algo maravilloso.
O rapaz riu e considerou:
- Si, claro. ¿E queres que mo crea?
Mais a señora non se perturbou e faloulle novamente:
- Ven comigo e eu demostrareicho.
O rapaz, un tanto desconfiado, resolveu acompañala, ao final non tiña para onde ir...

Ela levouno para a súa pequena casiña e pediulle que coidase do xardín. Era unha vida simple, mais aquela muller o trataba con moito amor.

Pouco a pouco o odio e o desespero comezaron a ceder. A velliña deulle sementes de rabano e pediulle que sementase. El atendeu.

En dez días as plantiñas brotaran. Poucos días despois os rabanos apareceron e con eles a velliña fixo conservas deliciosas que deu ao seu novo amigo.

Un día, cun pedazo de bambu, Xurxo fixo unha frauta. Pasou a tocar e aledar a súa propia vida e dar gran felicidade á velliña...

Pouco tempo despois, a súa avoa adoptiva matriculouno na escola. Durante os dous anos do bacharelato, continuou a plantar vexetais, e axudaba tamén facendo artigos de couro.

En canto frecuentaba a universidade á noite, Xurxo axudaba nas obras do metro. Formouse e foi traballar nunha escola para cegos.

Os seus alumnos tocaban coas mans os ombros fortes e novos de Xurxo e dicían:
- ¡Oh, ti es tan grande e tan forte! ¿O teu peito é largo para ter aire para tocar a frauta, non si? Cando tocas, consigo entender a forma e as cores de moitas cousas.
Despois de ouvir aquelas palabras aos seus alumnos cegos, Xurxo finalmente chegou a casa e díxolle á velliña:
- Agora realmente creo que hai algo maravilloso que só eu podo facer.
E aquela señora, de cabelos albos respondeu:
- Si, meu fillo, todos nós temos unha razón para vivir. Todos nacemos para unha tarefa moi especial que só nós podemos executar.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 11:30:00 da manhã por kaka      3 comentarios

domingo, abril 23, 2006

Día da rosa e do libro


Hoxe, día de San Xurxo (Jordi para os cataláns e Jorge para os españois), celébrase o día do libro e da rosa (e en Catalunya San Jordi é o patrón da comunidade, aínda que van a traballar igual...).

Pero isto ten unha explicación: en primeiro lugar hoxe é o día internacional do libro e dos dereitos de autor porque tal día coma hoxe, 23 de Abril, é o aniversario da morte de Cervantes e de Shakespeare.

E por outra banda celébrase tamén hoxe o día da rosa, pero para explicalo cómpre coñecer a lenda de San Xurxo, polo menos a grandes rasgos, e para iso vos puxen aquí unha pequena síntese:

"Érase un dragón que vivía nunha lágoa e que tiña atemorizada a toda unha poboación situada en Libia. Dito animal esixía dous cordeiros diarios para alimentarse a fin de non achegarse á cidade, xa que desprendía un fedor moi forte e contaminaba todo o que estaba vivo. Ao final ocurriu que os gandeiros se quedaron case sen ovellas e decidiron que se lle entregara cada día unha persona viva, que sería escollida baixo un sorteo. Un bo día, tocoulle a "sorte" á filla do rei, pero, cando o monstruo ía a comela, San Xurxo matou ao dragón e a salvou."
Como dícia, celebramos hoxe o día da rosa, de orixe intrinsecamente galega (por moito que digan outros), porque segundo conta a lenda de San Xurxo onde se derramou o sangue do dragón creceu un rosal como símbolo de amor e amizade (e por isto tamén é o día dos namorados en Catalunya).

En principio, o home lle regala unha rosa á muller e ésta lle obsequia cun libro, pero en realidade se regalan rosas e libros aos seres queridos, indistintamente de se é home ou muller.

A min persoalmente, paréceme un día moi bonito, porque joba está ben ter este tipo de detalles (aínda que sería triste precisar un día destes para telos...), e sobre todo, non exclue a ninguén, a diferenza do tradicional San Valentín, que se es dos afortunados homenaxeados tes a sensación de que só podes querer a unha persoa e tampouco é así, digo eu vamos... e, ao meu ver, amarga a quen non lle quere ninguén e non ten que celebrar...

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 6:16:00 da tarde por kaka      2 comentarios

sábado, abril 22, 2006

Parábola do sábado: O sapo e a cóbrega


Érase unha vez un sapiño que atopou um becho fino, brillante e colorido deitado no camiño.

- ¡Ola! ¿Que fai estirada na estrada?

- Estoume quentando aquí ao sol. Son unha cobreguiña, ¿e ti?

- Un sapo. ¿Imos xogar?
E brincaron a mañá toda no mato.

- Vouche ensinar a saltar.
E saltaron a tarde toda pola estrada.

- Vouche ensinar a gabear pola árbore enroscándose e deslizándose polo tronco.
E rubiron. Entroulles a fame e foron para cadansúa casa, prometendo atoparse ao día seguinte.

- Grazas por ensinarme a saltar.

- Grazas por ensinarme a gabear pola árbore.
En casa, o sapiño ensinoulle á súa nai que sabía gabear.
- ¿Quen che ensinou iso?

- A miña amiga a cóbrega.

- ¿Ti non sabes que a familia Cóbrega non é boa xente? Teñen veleno. Tes prohibido brincar con cóbregas. E tamén gabear por aí. Non queda ben.

En casa, a cobreguiña mostrou á súa nai que sabía saltar.

- ¿Quen che ensinou iso?

- O meu amigo o sapo.

- ¡Que besteira! ¿Ti non sabes que a xente nunca estivo a ben coa familia Sapo? A próxima vez, agarre o sapo e... ¡que che preste! E para de saltar. Nós as cóbregas non facemos iso
.
Ao día seguinte, cada un quedou na súa.

- Acho que non podo xogar contigo hoxe.
A cobreguiña ollou, lembrou o consello da nai e pensou: "Se se achega eu salto e o como." Mais lembrouse da ledicia da véspera e dos saltos que aprendeu co sapiño. Suspirou e deslizouse para o mato.

Daquel día en diante, o sapiño e a cobreguiña non xogaron máis xuntos. Mais ficaban sempre ao sol, pensando no único día en que, sen considerar os prexuízos, foran amigos.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:42:00 da tarde por kaka      3 comentarios

sexta-feira, abril 21, 2006

Aniversario de Sinuh3


É posíbel que non o lembredes, como desgraciadamente me pasou a min (e agora excusome, como ultimamente non me conectei pois non reparaba no almanaque do blog...), pero o caso é que hoxe é o aniversario de Carlos, alias Sinuh3 ou Charls. E eu felicitareino ao meu xeito:


¡¡Parabéns campión!!

Que cumpras moitos máis, que medres moito, teñas un bo ano que che vaia mellor e todo iso que se adoita dicir nestes casos...

Veña, a ver que lle dicides aquí ao amigo...

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 5:05:00 da tarde por kaka      3 comentarios

domingo, abril 16, 2006

"El bufón"


Deixovos aquí unha canción de La sonrisa de Julia que xa me gustaba de antes, e que, por casualidade, escoitei repetidamente sen descanso no longo traxecto que separa Santiago de Bujedo e Bujedo de Santiago (ida e volta) que fixen/fixemos en autobus para celebrar a Pascua e outras cousas que agora non veñen a conto... e que bueno, me emocionou bastante pola situación persoal, por un conxuntode lembranzas que me traia ao maxín, que a súa vez me facían pensar nunha serie cousas e demais... E por iso quero compartila con vós:

"El Bufón"


Aquí estoy otra vez
vestido de bufón
escondo una mentira
que me haga sonreír
que se lleve el dolor
y vuelva la poesía,aquí

Aquí estoy otra vez
vestido de payaso
buscando un artificio
que oculte mí fracaso
que aquí estoy otra vez

Me vestí de bufón
solo para intentar,disfrazar
con mis atuendos,a las lágrimas
que se me quedan dentro

Me vestí de bufón
solo para llamar la atención
con mí silencio
por que nadie me escuchó
gritar por dentro

¿Por qué quiero llevar
la cabeza tan alta?
¿a quién quiero engañar?
si no puedo escuchar
a nadie sin oirme
a nadie sin mirar
mi soledad,que aquí estoy otra vez

Me vestí de bufón
solo para intentar,disfrazar
con mis atuendos,a las lágrimas
que se me quedan dentro

Me vestí de bufón
solo para llamar la atención
con mi silencio
por que nadie me escuchó
gritar por dentro

No es que no quiera ver
nunca intete

Me vestí de bufón
solo para intentar,disfrazar
con mis atuendos,a las lágrimas
que se me quedan dentro

Me vestí de bufón
sólo para llamar la atención
con mi silencio
por que nadie me escuchó
gritar por dentro

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:35:00 da tarde por kaka      3 comentarios

sábado, abril 15, 2006

Henry - Honor


Estaba eu mirando os novos videos de JOGA TV de nike e, bueno dicir que estaban todos bastante ben (ide velos, porque merece a pena), pero de Henry foi o que máis me gustou e por iso volo poño aquí...



Lembrade que todo o que fai no video ensineillo eu...

Sen máis...

Etiquetas: ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:14:00 da tarde por kaka      0 comentarios

sexta-feira, abril 14, 2006

Parábola do venres: O mal cheiro do mundo


Os sábios e filósofos ao longo da historia discordaran en moitas cousas, mais están dacordo nun punto: Convertemonos naquilo que pensamos.

Ralph Waldo Emerson dixo, "Un home é o que pensa todo o día". O emperador romano Marco Aurelio cavilara deste xeito: "A vida dun home é o que seus pensamentos fan dela".

Unha tarde de domingo, un avó visitara á súa familia. Máis tarde, un pouco cansado, foi botar unha soneca, e o seu neto resolveu ter un pouco de diversión pegándolle un anaco de queixo de forte cheiro no bigote.

Cando o avó despertou saiu do cuarto maldicindo polo mal que cheiraba aquel cuarto. Mais, percorreu toda a casa e por onde foi pasando, sempre achaba que o mesmo cheiro.

Desesperadamente saiu da casa e convenceuse de que o mundo enteiro cheiraban mal.

Así é como acontece cando enchemos as nosas mentes de pesimismo. Todo o que experimentamos e encontramos ten o cheiro que contén a nosa mente.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:54:00 da tarde por kaka      1 comentarios

domingo, abril 09, 2006

"No dudaría"


Veña, aquí queda está canción tan fermosa de Antonio Flores:

"No dudaría"

Si pudiera olvidar
Todo aquello que fui
Si pudiera borrar
Todo lo que yo vi
No dudaría
No dudaría en volver a reír

Si pudiera explicar
Las vidas que quite
Si pudiera quemar
Las armas que use
No dudaría
No dudaría en volver a reír

Prometo ver la alegría
Escarmentar de la experiencia
Pero nunca, nunca mas
Usar la violencia

Si pudiera sembrar
Los campos que arrasé
Si pudiera devolver
La paz que quité
No dudaría
No dudaría en volver a reír

Si pudiera olvidar
Aquel llanto que oí
Si pudiera lograr
Apartarlo de mí
No dudaría
No dudaría en volver a reír

Prometo ver la alegría
Escarmentar de la experiencia
Pero nunca, nunca mas
Usar la violencia


Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 1:31:00 da tarde por kaka      1 comentarios

sábado, abril 08, 2006

Parábola do sábado: O sapo orgulloso


Érase unha vez un sapo falador que quería fuxir do inverno.

Entón, algúnns gansos suxerironlle que se xuntase a eles e migrase, que fose canda eles para un lugar máis quente. Mas aí xurdiu un problema: o sapo non sabe voar, ¿como podería facer o viaxe? Mais o sapo sabio dixo logo:

-Deixádeme a min, teño um cerebro brillante e vou achar unha solución.
Pensou un pouco e entón pediulle a dous gansos que o axudasen collendo unha corda polos extremos, e podería prenderse á corda pola boca e seguir cos gansos. En pouco tempo os gansos e o sapo iniciaran o camiño.

Así, cando pasaron por unha pequena aldea os paisanos saíron para ver aquela escena estraña e orixinal.

Quen podería ter tido unha idea tan brillante, preguntaron algúns moradores. E iso conseguiu que o sapo se inchase tanto de orgulho que, sentíndose importante berrou:

-¡Fun eu!¡Fun eu!
E o orgullo foi a súa ruína.

Así que abriu a boca o sapo se soltou da corda e comezou a caer, espetándose no chão.

Ninguém xamais morreu por ser humilde e non alardear dos seus feitos.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:34:00 da tarde por kaka      0 comentarios

domingo, abril 02, 2006

Snoopy cariñoso


Jo, poñovos hoxe aquí unha foto de Snoopy que, a min persoalmente, me gusta moitísimo... é que jo, a parte de que o personaxe é de por si simpático, nesta imaxe amosalle o seu cariño a Marquitos, e jo ¿que hai máis bonito que iso, unha mostra de afecto? Espero que vos guste...

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 10:48:00 da tarde por kaka      5 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA