Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

domingo, abril 23, 2006

Día da rosa e do libro


Hoxe, día de San Xurxo (Jordi para os cataláns e Jorge para os españois), celébrase o día do libro e da rosa (e en Catalunya San Jordi é o patrón da comunidade, aínda que van a traballar igual...).

Pero isto ten unha explicación: en primeiro lugar hoxe é o día internacional do libro e dos dereitos de autor porque tal día coma hoxe, 23 de Abril, é o aniversario da morte de Cervantes e de Shakespeare.

E por outra banda celébrase tamén hoxe o día da rosa, pero para explicalo cómpre coñecer a lenda de San Xurxo, polo menos a grandes rasgos, e para iso vos puxen aquí unha pequena síntese:

"Érase un dragón que vivía nunha lágoa e que tiña atemorizada a toda unha poboación situada en Libia. Dito animal esixía dous cordeiros diarios para alimentarse a fin de non achegarse á cidade, xa que desprendía un fedor moi forte e contaminaba todo o que estaba vivo. Ao final ocurriu que os gandeiros se quedaron case sen ovellas e decidiron que se lle entregara cada día unha persona viva, que sería escollida baixo un sorteo. Un bo día, tocoulle a "sorte" á filla do rei, pero, cando o monstruo ía a comela, San Xurxo matou ao dragón e a salvou."
Como dícia, celebramos hoxe o día da rosa, de orixe intrinsecamente galega (por moito que digan outros), porque segundo conta a lenda de San Xurxo onde se derramou o sangue do dragón creceu un rosal como símbolo de amor e amizade (e por isto tamén é o día dos namorados en Catalunya).

En principio, o home lle regala unha rosa á muller e ésta lle obsequia cun libro, pero en realidade se regalan rosas e libros aos seres queridos, indistintamente de se é home ou muller.

A min persoalmente, paréceme un día moi bonito, porque joba está ben ter este tipo de detalles (aínda que sería triste precisar un día destes para telos...), e sobre todo, non exclue a ninguén, a diferenza do tradicional San Valentín, que se es dos afortunados homenaxeados tes a sensación de que só podes querer a unha persoa e tampouco é así, digo eu vamos... e, ao meu ver, amarga a quen non lle quere ninguén e non ten que celebrar...

Sen máis...

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 6:16:00 da tarde por kaka      2 comentarios

2 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

Xa sei que é algo tarde, pero lembrame que che debo unha rosa porque o mereces!!
Bicos

sábado abr. 29, 11:15:00 da tarde  
Blogger GUAGUAU dixo...

LA VERDAD ES UNA COSTUMBRE MUY BACANA LA DE LA ROSA ES ALGO PARA CELEBRAR CERVANTES O SHAKESSPEARE...
LO BUENO ES QUE SE CREA LA CULTURA DE LEER DE COMPRAR UN LIBRO DE REGALAR UNA ROSA

terça mai. 02, 06:14:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA