Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, abril 22, 2006

Parábola do sábado: O sapo e a cóbrega


Érase unha vez un sapiño que atopou um becho fino, brillante e colorido deitado no camiño.

- ¡Ola! ¿Que fai estirada na estrada?

- Estoume quentando aquí ao sol. Son unha cobreguiña, ¿e ti?

- Un sapo. ¿Imos xogar?
E brincaron a mañá toda no mato.

- Vouche ensinar a saltar.
E saltaron a tarde toda pola estrada.

- Vouche ensinar a gabear pola árbore enroscándose e deslizándose polo tronco.
E rubiron. Entroulles a fame e foron para cadansúa casa, prometendo atoparse ao día seguinte.

- Grazas por ensinarme a saltar.

- Grazas por ensinarme a gabear pola árbore.
En casa, o sapiño ensinoulle á súa nai que sabía gabear.
- ¿Quen che ensinou iso?

- A miña amiga a cóbrega.

- ¿Ti non sabes que a familia Cóbrega non é boa xente? Teñen veleno. Tes prohibido brincar con cóbregas. E tamén gabear por aí. Non queda ben.

En casa, a cobreguiña mostrou á súa nai que sabía saltar.

- ¿Quen che ensinou iso?

- O meu amigo o sapo.

- ¡Que besteira! ¿Ti non sabes que a xente nunca estivo a ben coa familia Sapo? A próxima vez, agarre o sapo e... ¡que che preste! E para de saltar. Nós as cóbregas non facemos iso
.
Ao día seguinte, cada un quedou na súa.

- Acho que non podo xogar contigo hoxe.
A cobreguiña ollou, lembrou o consello da nai e pensou: "Se se achega eu salto e o como." Mais lembrouse da ledicia da véspera e dos saltos que aprendeu co sapiño. Suspirou e deslizouse para o mato.

Daquel día en diante, o sapiño e a cobreguiña non xogaron máis xuntos. Mais ficaban sempre ao sol, pensando no único día en que, sen considerar os prexuízos, foran amigos.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 8:42:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

Moitas veces as nais deberan deixar que os nenos escollan as amistades que queren para si e non as que elas prefiren!!
Boeno, sen contar os roces tipicos das aldeas...
Bicos

sexta abr. 21, 09:22:00 da tarde  
Blogger GUAGUAU dixo...

QUE BACANA Q BUENA MORALEJA

domingo abr. 23, 12:16:00 da manhã  
Anonymous Anónimo dixo...

Fermosa parábola. Cantas cousas se perde un polo que dirán os demáis...

domingo mai. 14, 05:42:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA