Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, abril 08, 2006

Parábola do sábado: O sapo orgulloso


Érase unha vez un sapo falador que quería fuxir do inverno.

Entón, algúnns gansos suxerironlle que se xuntase a eles e migrase, que fose canda eles para un lugar máis quente. Mas aí xurdiu un problema: o sapo non sabe voar, ¿como podería facer o viaxe? Mais o sapo sabio dixo logo:

-Deixádeme a min, teño um cerebro brillante e vou achar unha solución.
Pensou un pouco e entón pediulle a dous gansos que o axudasen collendo unha corda polos extremos, e podería prenderse á corda pola boca e seguir cos gansos. En pouco tempo os gansos e o sapo iniciaran o camiño.

Así, cando pasaron por unha pequena aldea os paisanos saíron para ver aquela escena estraña e orixinal.

Quen podería ter tido unha idea tan brillante, preguntaron algúns moradores. E iso conseguiu que o sapo se inchase tanto de orgulho que, sentíndose importante berrou:

-¡Fun eu!¡Fun eu!
E o orgullo foi a súa ruína.

Así que abriu a boca o sapo se soltou da corda e comezou a caer, espetándose no chão.

Ninguém xamais morreu por ser humilde e non alardear dos seus feitos.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:34:00 da tarde por kaka      0 comentarios

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA