Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sexta-feira, abril 14, 2006

Parábola do venres: O mal cheiro do mundo


Os sábios e filósofos ao longo da historia discordaran en moitas cousas, mais están dacordo nun punto: Convertemonos naquilo que pensamos.

Ralph Waldo Emerson dixo, "Un home é o que pensa todo o día". O emperador romano Marco Aurelio cavilara deste xeito: "A vida dun home é o que seus pensamentos fan dela".

Unha tarde de domingo, un avó visitara á súa familia. Máis tarde, un pouco cansado, foi botar unha soneca, e o seu neto resolveu ter un pouco de diversión pegándolle un anaco de queixo de forte cheiro no bigote.

Cando o avó despertou saiu do cuarto maldicindo polo mal que cheiraba aquel cuarto. Mais, percorreu toda a casa e por onde foi pasando, sempre achaba que o mesmo cheiro.

Desesperadamente saiu da casa e convenceuse de que o mundo enteiro cheiraban mal.

Así é como acontece cando enchemos as nosas mentes de pesimismo. Todo o que experimentamos e encontramos ten o cheiro que contén a nosa mente.

Sen máis...

Etiquetas:

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:54:00 da tarde por kaka      1 comentarios

1 Comentarios:

Blogger marykinha dixo...

Viva o optimismo!! Pero ten coidado co que pensas e co que desexas...
bicos

domingo abr. 23, 10:17:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA