Neko




Inicio Autor Arquivos Etiquetas Ranking Campañas Resumos      

-¡Podeis colaborar con la página pinchando en los anuncios!

sábado, maio 20, 2006

Barça campión


Quero felicitar ao Barça por realizar unha tempada memorábel. Campión de Liga por segunda vez consecutiva, dende o mércores tamén Campión de Europa, que non é pouco. Demostrou sobradamente ser, senón o mellor, si dos mellores equipos do mundo.

Parabéns para os afeccionados do Barça e do fútbol en xeral. Alédome de que gañase o Barça (aínda que recoñezo que se perdera o ía pasar moi ben ríndome dos afectados...). Pero aínda me custa imaxinar a un paisano pagan un millón de pesetas (o que hoxe son 6000 €) por unha entrada na revenda. Pero isto é só un exemplo do que pasa sempre nestos casos...

Síntome raro cando lle adican unha barbaridade de programas especiais nos medios de comunicacións, máis de 30 minutos no telexornal, as portadas dos xornais... xunto con noticias sobre a fame, as pateras e as guerras de medio mundo que pasan desapercibidas cando non son directamente ignoradas.

E así vai o mundo, a peña atura 30 horas de autobus para ver un partido, ou que se xunten medio millón de persoas para celebrar a victoria... cando non é parar beber ata o auga dos floreiros nun macro-mega-ultra-super-hiper-botellón. E penso na cantidade de cousas que son, sen ningún tipo de dúbida, moito máis importantes polas que merece a pena loitar e todas esas que é necesario cambiar e non se fai nada ao respecto.

Por non falar dos salarios. Ronaldinho cobra practicamente 50 € por minuto. E as botas que usa fainas un rapaz por menos de 1 € ao día. Sacade as vosas propias conclusións.

O Barça consiguiu moi merecidamente á súa segunda Copa de Europa, e mentres o mundo vai de mal en peor.


Perdoade que fastidiara o post en plan augafestas, pero era inevitábel.

Sen máis...

Etiquetas: , ,

Califica esta entrada:

 Esbardallado ás 7:09:00 da tarde por kaka      3 comentarios

3 Comentarios:

Anonymous Anónimo dixo...

Ainda que son das que apenas se despegou da televisión o mércores de 8:45 a 1:00 (reportaxe sobre Ronaldinho en Canal + incluido), considero a túa observación moi acertada, necesaria e lonxe de ser fastidiosa: grazas por facernos espertar.

sexta mai. 19, 09:36:00 da tarde  
Blogger Jorge dixo...

certo é kaka...penso q as noticias do barça son demasiadas...vale q o poñan pq non todolos dias nin anos...se gaña a champions...pero con poñelo 1dia dspois do partido e outro para a contar o das celebracions e tal é suficiente...dáselle moita bola, ten moita pero non tanta...qizais o q dis ti das gerras xa non o poñen pq á xente xa nos parece tan normal q non son noticias...pq as noticias son eso, cousas novas q pasan..pero iso x dsgraza vai sendo normal...
Enha un saúdo
Deiká - Mich0

sábado mai. 20, 12:05:00 da manhã  
Blogger GUAGUAU dixo...

QUE SUFRIDO QUE FUE ESE PARTIDO PARA EL BARCA...
LA VERDAD YO CREO QUE QUERIA QUE GANARA EL ARSENAL ......
UN ABRAZO VIRTUAL

domingo mai. 21, 02:32:00 da tarde  

Enviar um comentário

<< Inicio

CiberIrmandade

UNA VIÑETA CADA DÍA